Baruch de Spinoza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benedictus de Spinoza (24 de novembro de 1632 en Ámsterdam - 21 de febreiro de 1677 en A Haia), coñecido como Baruch de Espinoza (o seu nome hebraico ברוך (בנדיקטוס) שפינוזה ), Bento de Espinoza ou Bento d'Espiñoza, foi un dos grandes racionalistas da filosofía moderna, xuntamente con René Descartes e Gottfried Wilhelm Leibniz. Considerado o fundador da crítica bíblica moderna.
Índice |
[editar] Biografía
Nacido en Ámsterdam no seo dunha familia xudaica portuguesa, coñecido polas súas posicións panteístas e o seu monismo neutro, e por escribir a súa Ethica baixo a forma de postulados e definicións, como se fose un tratado de xeometría. No verán de 1656, a comunidade xudía excomungouno polas súas afirmacións de que Deus é o mecanismo da natureza e do universo, que carece de personalidade, e a Biblia é un traballo metafórico e alegórico que se usou para ensinar a natureza de Deus, dúas proposicións baseadas nunha argumentación cartesiana. Despois da súa excomuñón adoptou o primeiro nome Benedictus (o equivalente en latín ao seu nome orixinal, Baruch). Logo da edición do seu Tractatus Theologico-Politicus deixou de publicar ao non recibir críticas favorables ao seu tipo de cartesianismo. A Ethica publicouse despois da súa morte, na Ópera póstuma editada polos seus amigos.
[editar] Filosofía
Spinoza defendeu que Deus e Natureza eran dous nomes para a mesma realidade, a única substancia da que consiste o universo e do cal todas as entidades menores constituen modalidades ou modificacións. El afirmou que ese "Deus sive Natura" ("Deus ou Natureza") era un ser de infinitos atributos, entre os cales a extensión e o pensamento eran dous. A súa visión da natureza da realidade, entón, parece tratar os mundos físicos e mentais como dous diferentes, submundos paralelos; que nin se sobrepoñen nen interactúan. Esta formulación é unha solución panpsíquica historicamente significativa ao problema do corpo espírito coñecido como o monismo neutro.
Spinoza cría profundamente no determinismo, que propuña que absolutamente todo o que acontece ocorre a través da operación da necesidade. Para el, mesmo o comportamento humano está totalmente determinado, a liberdade é a nosa capacidade para saber que somos determinados e comprender porque actuamos como actuamos. Deste xeito, liberdade non é a posibilidade de dicir "non" a aquilo que nos acontece, mais si a posibilidade de dicir "si" e comprender completamente porque as cousas deberán acontecer dese xeito.
A filosofía de Spinoza ten moito en común co estoicismo, mais el difere moito dos estoicos nun aspecto importante: el rexeitou fortemente a afirmación de que a razón pode dominar a emoción. Polo contrario, el defendeu que unha emoción pode ser sobrepasada soamente por unha emoción maior. Para el, a distinción crucial era entre as emocións activas e pasivas, sendo as primeiras aquelas que son comprendidas racionalmente e as outras as que non o son.
[editar] Obras
- Tratado de gramática hebrea
- Curto tratado de Deus, do home e mais da beatitude (1660)
- Tratado da reforma do entendimento, 1661, publicado no 1677.
- Tratado teolóxico-político (1670) ;
- Principios da filosofía de Descartes (1663) ;
- Pensamentos metafísicos (1663) ;
- A Ética (1677) ;
- Tratado político (1677);
- Tratado do Arco-no-ceo ;
- Cálculo das Oportunidades;
[editar] Varios
Albert Einstein cando en 1921 lle perguntou o rabino H. Goldstein, de Nova York, se cría en Deus, respondeu: “Creo no Deus de Spinoza, que se revela por si mesmo na harmonía de todo o que existe, e non no Deus que se interesa pola sorte e polas accións dos homes”
O retrato de Espinoza estaba impreso nos antigos billetes de 1000 florins, a moeda oficial dos Países Baixos ata á introdución do euro no 2002.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Turnes García, Javier (2006), Baruch Spinoza, A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96526-34-1.
[editar] Outros artigos
- Beth Haín