See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Deus - Wikipedia

Deus

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Creación do Sol e da Terra de Michelangelo
Creación do Sol e da Terra de Michelangelo

Por Deus desígnase a un Ser superior ó home con distintas características segundo as diferentes relixións.

Os teólogos asígnanlle diversos atributos segundo a concepción especifica de deus que se estea a falar, sendo a maior diferencia se falamos dun Deus monoteísta ou dun dos deuses dunha relixión politeísta.

Índice

[editar] Deuses no politeísmo

Nas relixións politeístas é unha divindade de personificación masculina, superior aos homes, que se atribúe unha influencia especial, benéfica ou maléfica, nos destinos do Universo.

[editar] Deus no monoteísmo

Nun contexto monoteísta, a Deus atribúeselle a omniscencia, a omnipotencia, a omnipresenza, a bondade perfecta, a divina simplicidade e a existencia necesaria e eterna. Concíbese ademais como acorpóreo , a fonte de toda obriga moral. Estes atributos danse en diversos graos no Deus xudeu, no cristián e no musulmán.

Moitos filósofos medievais desenvolveron argumentos en favor da existencia de Deus, intentando explicar as (aparentes) contradicións que están implícitas ao cumprirse todas os atributos listados anteriormente. Por exemplo, afírmase que se Deus é o creador omnipotente, omnisciente e o único xuíz, entón ao crear á humanidade, incluídos ateos e pagáns, sabe cal será o seu comportamento futuro e que terá que envialos ao inferno. Este Deus non pode, xa que logo, ser bo desde o punto de vista de todos os humanos, do mesmo xeito que algúns afirmarán que non todos os humanos son bos desde o punto de vista de Deus. Este, o problema da existencia do mal, é un dos obstáculos expostos polos escépticos para aceptar ese concepto de Deus. Os crentes adoitan alegar o «libre albedrío» dos seres humanos para explicar o mal no mundo, aínda que ese argumento non serve para explicar o mal na Natureza; e por outra banda, os críticos non consideran compatibles a omnipotencia e a omnisciencia de Deus co libre albedrío, alegando que se Deus é todopoderoso, intervir implicaría obstaculizar a liberdade do ser humano; ou que ao sabelo todo implicaría tamén que non hai nada dentro da liberdade do ser humano que non estea previamente fixado e devandito. Respecto diso da omnipotencia, contraponse a característica omnibenevolencia de Deus, que ao podelo todo non necesariamente o fai, senón que deixa ao ser humano actuar de acordo coa característica libre con que o creou nun comezo e non interfere, xa sexa por apatía ou pracer (o que de novo contradiría a benevolencia de Deus), ou por respecto (nacido da súa benevolencia) á natureza con que foi creado o home.

[editar] Existencia de Deus

Porcentaxe de xente en Europa que no ano 2005 afirmaban crer en Deus
Porcentaxe de xente en Europa que no ano 2005 afirmaban crer en Deus

Moitos filósofos e teólogos teñen proposto e rexeitado moitos argumentos a favor e en contra da existenza de Deus. Na terminoloxía filosófica, tales argumentos estan asociados a escolas de pensamento sobre a epistemoloxía da ontoloxía de Deus.

Hai moitos temas filosóficos asociados coa existenza de Deus. Algunhas definicións de Deus son tan pouco específicas que é certo que "algo" existe que concorda con tal definición laxa. Outras definicións son aparentemente auto-contraditorias. Os argumentos en favor da súa existencia inclúen normalmente elementos metafísicos, empíricos, indutivos e subxectivos. Os argumentos en contra inclúen normalmente elementos empíricos, dedutivos e indutivos. As conclusións poden posicionarse de formas variadas:

  • "Deus existe e pode probarse" (teísmo)
  • "Deus existe pero non se pode demostrar nin a súa existencia nin o contrario"(teísmo)
  • "Deus non existe" (ateísmo puro)
  • "Moi seguramente Deus non existe" (ateísmo de facto)
  • "Ninguén sabe se Deus existe" (agnosticismo).

Existen numerosas variantes de tales posicións.

[editar] Agnosticismo

O agnosticismo (do grego a =non e gnosis= coñecemento) é unha postura relixiosa ou filosófica sobre a relixión de acordo á cal a existencia ou non dun deus ou unha mitoloxía de deidades, é descoñecida. Nalgunhas versións (agnosticismo débil) esta falta de certeza ou coñecementos é unha postura persoal relacionada co escepticismo. Noutras versións (agnosticismo forte) afírmase que o coñecemento sobre a existencia ou non de seres superiores non só non é coñecida senón que non é cognoscible. Finalmente hai versións (apateísmo) nas cales afírmase que a existencia ou non de seres superiores non só non é coñecida senón que é irrelevante ou superflua.

En xeral os agnósticos consideran que as relixións, aínda que non son unha parte esencial da condición humana, si o son da cultura e da historia humana. Quen profesan agnosticismo non son necesariamente antirrelixiosos, sendo respectuosos con todas as crenzas que proceden dunha reflexión individual e honesta.

[editar] Deísmo

O deísmo é a postura que se basea na crenza filosófica nun deus, ser supremo, ou principio establecida pola razón e a evidencia, sen aceptar a información adicional supostamente revelada, tanto a contida en determinados libros, como a Biblia ou o Corán, como a recibida a través de determinadas persoas. O deísta adoita crer nun ser creador ou que estableceu o universo e os seus procesos, pero que non se comunica co ser humano e ao que non se poden elevar pregarias.

[editar] Ateísmo

O termo ateísmo pódese referir a dúas actitudes distintas: a indiferenza pola existencia das divindades ou os seus preceptos, e a non crenza na posibilidade ou na realidade da súa existencia.

O ateísmo non se usa para designar a quen non cre nun deus particular pero si nalgunha forza sobrenatural ou principio xerador.

O ateísmo escéptico (en contraposición ao ateísmo crente) é unha variedade de ateísmo na que se afirma que a existencia dun ou máis deuses é dubidosa, improbable ou insuficientemente demostrada. Esa vertente corresponde á ausencia de crenza na existencia de divindades e pode ser mellor comprendida cando lla compara co ateísmo forte. Tamén lla coñece como ateísmo débil (en contraposición ao forte) ou ateísmo negativo (en contraposición ao ateísmo positivo) ou ateísmo implícito (en contraposición ao explícito). Chámase ateísmo escéptico no sentido de que sen probas non pode dar crédito nin sequera ao ateísmo forte. Algúns sosteñen que o non crer nun Deus implica a aceptación deste, situando ao ateísmo como unha postura de rexeitamento á crenza dun Deus máis que a unha convicción en si mesma.

[editar] Outras crenzas

Hai varios sistemas relixiosos nos cales non se menciona nin se estuda a existencia de Deus (budismo, Advaita, discordianismo).

O panteísmo sostén que o universo enteiro é Deus mesmo. Identificáronse elementos de panteísmo nalgúns cultos primitivos de adoración á natureza.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -