See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Michelangelo - Wikipedia

Michelangelo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Personalidades en progreso: Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen outros artigos con biografías que tamén cómpre ampliar.
Retrato de Miguel Ángel
Retrato de Miguel Ángel

Michelangelo di Lodovico Buonarroti Simoni (6 de marzo de 1475 - 18 de febreiro de 1564) foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta do Renacemento italiano.


É famoso principalmente pola creación dos frescos do teito da Capela Sistina, un dos traballos máis extraordinarios de toda a arte occidental, e tamén do Xulgamento Final sobre o altar e do "Martirio de San Pedro" e da "Conversión de San Paulo" na Capela Paolina do Vaticano. Entre as súas moitas esculturas, cóntanse a Pietà e o David, tamén elas sublimes obras-primas, ben como a Virxe, o Baco, o Moisés, a Raquel, a Lea e membros da familia Medici. Foi tamén el quen concebiu a cúpula da Basílica de San Pedro en Roma.

O David orixinal, considerada a obra-prima de Michelangelo, nunha praza florentina
O David orixinal, considerada a obra-prima de Michelangelo, nunha praza florentina

[editar] Biografía

Michelangelo di Lodovico Buonarroti Simoni naceu en 6 de marzo de 1475, en Caprese, no estado de Toscana na Italia. O seu pai, Lodovico, era residente en maxistratura en Caprese, mentres tanto, Michelangelo creceu en Florencia e máis tarde viviu cun escultor e a súa esposa na cidade de Settignano, onde o seu pai tiña unha mina de mármore e unha pequena facenda.

Contra a vontade do seu pai, Michelangelo escolleu ser aprendiz de Domenico Ghirlandaio por tres anos comezando en 1488. Impresionado, Domenico recomendouno para Florencia para estudar con Lorenzo de Médici. De 1490 a 1492, Michelangelo frecuentou a escola de Lorenzo e durante a súa estada, Michelangelo sería influenciado por moitas persoas proeminentes que modificarían e expandirían as súas ideas na arte e aínda os seus sentimentos sobre sexualidade. Foi durante este período que Michelangelo creou dous relevos: Batalla de Centauros e Madonna das pegadas.

Despois da morte de Lorenzo en 1492, Piero de Médici (fillo máis vello de Lorenzo e novo xefe da familia Médici) rechazou soportar o traballo artístico de Michelangelo. Tamén nesa época, as ideas de Savonarola se tornaron populares en Florencia. Baixo esas presións, Michelangelo decide saír de Florenza e vai para Boloña por tres anos. Logo despois, o Cardeal San Giorgio comprou a obra de Michelangelo en mármore Cupido e decidiu chamalo a Roma en 1496. Influenciado pola antigüidade de Roma, el produciu Baco e Pietà. Catro anos máis tarde, Michelanxelo retornou a Florencia, onde produciu o seu máis famoso traballo: David. El tamén pintou a Sagrada Familia da Tribuna.

Michelangelo foi convocado novamente a Roma en 1503 polo recén designado Papa Xulio II e foi comisionado para construir a tumba papal. Mentres tanto, durante a patronaxe de Xulius II, Michelangelo tiña constantemente que interromper o seu traballo para facer outras numerosas tarefas. A máis famosa é a pintura monumental do teito da Capela Sistina no Vaticano, que levou catro anos para ser feita (1508 – 1512). Por esa e outras interrupcións, Michelangelo traballaría na tumba por 40 anos sen nunca a terminar. En 1513 o Papa Xulio II morreu e o seu sucesor Papa León X, un Médici, comisionou a Michelangelo para reconstruir o interior da Igrexa e San Lorenzo, en Florencia, e adornala con esculturas. Michelangelo aceptou, mais foi incapaz de terminar a tarefa (o exterior da igrexa aínda non está adornado até hoxe).

En 1526, os cidadáns de Florencia, encoraxados polo saque de Roma, expulsaron os Médici e restauraron a república. Michelangelo voltou para a súa amada Florencia para axudar a construir as fortificacións da cidade de 1528 a 1529. A cidade caiu en 1530 e os Médicis voltaron ao poder.

A pintura d´O Último Xulgamento, na xanela do Altar da capela Sistina, foi encargada polo Papa Paulo III, e Michelangelo traballou nela de 1534 a 1541. Entón, en 1547, Michelangelo foi apuntado como arquiteto da Basílica de San Pedro no Vaticano. Anos máis tarde, o 18 de febreiro de 1564, Michelangelo morre en Roma aos 89 anos de idade.


[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -