See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Columna - Wikipedia

Columna

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Columna de influencia islámica  en España.
Columna de influencia islámica en España.

Unha columna é un elemento arquitetónico destinado a recibir as cargas verticais dunha obra de arquitectura (arco, arquitrabe, bóveda) transmitíndoas aos alicerces. Aínda que teña a mesma función dun piar, este é xeralmente máis robusto e de sección cadrada, (o que podería corresponder xenericamente ao fuste da columna). A columna adoita caracterizarse por ter unha estrutura máis esbelta e afiada (tradicionalmente de sección cilíndrica podendo tamén ser poligonal) e posúe un signifcado histórico, decorativo e simbólico máis acentuado co piar. Os materiais de construción da columna poden variar, os máis comúns son a pedra, o mármore, a madeira, o metal ou mesmo o ladrillo.

Índice

[editar] Compoñentes

A pesares de que non todas as columnas están formadas polos mesmos compoñentes, pódese facer unha subdivisión xeral en tres compoñentes ou áreas diferentes:

[editar] Base

Esquema dos compoñentes dunha columna
Esquema dos compoñentes dunha columna

A base (d no esquema), do latín base (planta do ), é o punto de ligazón do fuste co pedestal ou o pavimento do edificio. A base xurdiu inicialmente como unha simple placa de pedra que tentaba evitar que a humidade do chan danase ás primeiras columnas feitas de madeira.

En xeral posúe un tratamento estético de seu (no caso da antigüidade clásica, seguindo os principios da orde empregada). Na antigüidade clásica a base comeza cunha praca cadrada chamada plinthe (k no esquema) podendo ser seguida doutros discos de perfil cóncavo ou convexo (l no esquema) e que ten por obxectivo dar maior plasticidade visual á base.

Nas ordes clásicas a base aséntase nunha construción en chanzos chamada krepis ou estereóbato (a no esquema) cuxo derradeiro nivel é o estilóbato (E no esquema). Enriba do chanzo xurde un elemento chamado scamillus (j no esquema), xurdido entre o estilóbato e a base da columna. O columna grega presenta unha lixeira curvatura na base e no arquitrabe en dirección ao centro, case imperceptible, mais o suficiente para transmitir unha imaxe total de harmonía. O scamillus defínese entón como un pequeno elemento (en cuña) de axuste ou nivelamento que permite que a base da columna asente nunha superficie horizontal.

Pódense atopar bases decoradas con elementos xeométricos, vexetais ou animais fantásticos.

[editar] Fuste

O fuste (e no esquema), do latín fuste (pao de madeira), é, dunha certa forma, a propia columna (elemento vertical de apoio), constituíndo a súa parte maior e central ligando á súa vez a base co capitel. O fuste pode estar composto por un só bloque (monolítico) ou segmentado pola sobreposición de diversos bloques ou pezas (tamén chamados tambores). No caso de que a columna só presente fuste, o extremo inferior deste chamáse imoscapo e o superior sumoscapo.

Nalgúns casos pode existir unha lixeira curvatura no fuste (engrosamento) chamada éntase (D no esquema), na que o diámetro medra nun terzo a súa altura para tentar reducir a distorsión óptica, un tipo de desproporción ofrecida polo nivel baixo do punto de vista do observador. Outras deformacións son tamén posibles, como a redución do diámetro nunha das extremidades do fuste (afunillamento).

Na antigüidade clásica as acanaladuras (finas estrías ou sucos lonxitudinais) empregáronse como a decoración do fuste por excelencia. Outros estilos presentan un fuste totalmente carente de decoración e revestíndoo outros dunha extrema cantidade de relevos, descricións de escenas, e decoracións vexetais ou xeométricas.

  • Tipoloxías de acordo coas variacións do fuste:
Columna anelada (con aneis que dividen o fuste en varias faixas);
Columna canelada (con acanaladuras verticais);
Columna cóclida (é a de maiores dimensións, con escaleira en caracol no seu interior);
Columna corolítica (decoración con espiral en forma de guirnalda de flores e follas;
Columna de tambores (composta por bloques sobrepostos);
Columna entrelazada (nela entrelázanse 2 ou 3 fustes);
Columna estriada (con estrías verticais);
Columna fasciculada (composta por un grupo de fustes delgados adosados entre si, é oposta á columna monocilíndrica);
Columna galbada (con convexidade, entase);
Columna monocilíndrica ou monolítica (composta por un único bloque, é oposta á fasciculada);
Columna monofasciculada (fuste liso composto por varios elementos agrupados na vertical)
Columna prismática (de sección poligonal);
Columna rostrada (con decoración náutica: arietes no fuste, elementos da proa dunha galera etc.)
Columna rusticada (elementos cilíndricos alternánse con elementos paralelepipédicos)
Columna salomónica (en espiral, helicoidal ou torsa)

[editar] Capitel

O capitel (f no esquema), do latín capitellum diminutivo de caput (cabeza, extremidade), leva a cabo a unión entre o elemento vertical (fuste) e o horizontal (arquitrabe ou arco) de características estáticas diferentes. Así, o capitel non só soluciona problemas técnicos, senon que asume un papel estético sendo normalmente a parte máis traballada da columna, a máis característica dunha data, orde ou estilo.

Segundo o momento histórico (principalmente nas ordes clásicas) o capitel pode subdividirse nos seguintes elementos:

Astrágalo (do grego astrágalos): moldura de perfil convexo ou en semicírculo. Facilita a instalación do capitel enriba do fuste.
Equino (do grego echînos, ourizo): presente no capitel da orde dórica é un elemento en forma de almofada sobre o ábaco.
Ábaco (n no esquema) (do grego abax, cadro, mesa): placa cadrada e espesa que remata o capitel.

[editar] Posicionamento

Columna de Traxano, columna conmemorativa de fuste espiralado dividido por aneis con relevos
Columna de Traxano, columna conmemorativa de fuste espiralado dividido por aneis con relevos

A súa situación ou posicionamento relativo ao espazo envolvente pode diferir segundo a necesidade ou obxetivo. Así, a columna pode ser:

  • Independente ou exenta, no caso, por exemplo, das columnas conmemorativas.
  • Illada, columna na que os únicos puntos de contacto coa construción son as extremidades.
  • Xeminada, agrupadas a dúas, como se pode observar no caso dos claustros medievais.
  • Acaroada, na que o fuste entra en contacto con outra superficie, como no caso dos piares compostos con varias columnas acaroadas nos cantos.
  • Embebida, na que só unha determinada parte da columna é visible, como estando ¨engulida¨ verticalmente noutro elemento.

[editar] Outros termos e aplicacións

  • Columnelo ou columneta: trátase dunha columna xeralmente de diámetro inferior, máis delgada, que pode estar adosada a outros elementos, como unha parede, piar, ou xamba dun portal, etc.
  • Columna conmemorativa ou triunfal: columna erguida como monumento en memoria dun acontecemento histórico.
  • Columnata: trátase dunha serie de columnas en liña recta ou curva.
  • Arcada: Serie de arcos apoiados en columnas (presente, p. ex. nos claustros).

[editar] Desenvolvemento histórico

[editar] Antigüidade


[editar] Antigüidade clásica


Vexa artigo principal: Ordes arquitectónicas

O deseño das columnas foi, en varias culturas, unha actividade bastante importante. Entre todas, porén, a arquitectura clásica (desenvolvida polos gregos e romanos) foi a que máis se adicou ao asunto, dando ao tratamento das columnas un lugar especial na categorización das súas ordes arquitectónicas.

Columna de fuste humano: trátase dunha columna onde o fuste é substituído pola representación escultórica dunha figura feminina (cariátide, kanephoren ou koren) ou masculina (atlante, cos brazos levantados para soportar o peso da arquitrabe, ou kouroi, da arte arcaica grega do mar Exeo, cos brazos ao longo do corpo).

Columna das bestas: trátase dunha columna independente que xorde na época do Imperio romano, máis especificamente en Francia e Italia. Esta columna presenta un fuste totalmente cuberto por relevos escultóricos representando leóns e animais fantásticos no acto da loita.


Templo grego
Áreas: Períbolo | Pronaos | Naos | Aditon | Opistódomo | Peristilo
Ordes: Dórica | Corintia | Xónica
Elementos: Propileus | Estereóbato | Estilóbato | Columna | Fuste | Entase | Canelura | Atlante | Cariátide | Capitel | Equino | Ábaco | Entaboamento | Arquitrabe | Friso | Métopa | Tríglifo | Mútula | Cornixa | Frontón | Tímpano | Acroterio | Antefixo
editar

[editar] Idade Media


[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Fontes bibliográficas

  • CALADO, Margarida, PAIS DA SILVA, Jorge Henrique, Dicionário de Termos da Arte e Arquitectura, Editorial Presença, Lisboa, 2005, ISBN 20130007
  • JANSON, H. W., História da Arte, Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa, 1992, ISBN 972-31-0498-9
  • KOEPF, Hans; BINDING, Günther (Überarbeitung), Bildwörterbuch der Architektur, Alfred Kröner Verlag, Stuttgart, 1999, ISBN 3-520-19403-1
  • MÜLLER, Werner, VOGEL, Gunther, dtv-Atlas Baukunst; Band 1 - Allgemeiner Teil. Baugeschichte von Mesopotamien bis Byzanz, Deutscher Taschenbuch Verlag, München, 2002, ISBN 3-423-03020-8
  • MÜLLER, Werner, VOGEL, Gunther, dtv-Atlas Baukunst; Band 2 - Baugeschichte von der Romanik bis zur Gegenwart, Deutscher Taschenbuch Verlag, München, 2002, ISBN 3-423-03021-6


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -