Bóveda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Para lugares homónimos véxase Bóveda (homónimos).
Bóveda | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Bovedense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Lugo |
Comarca: | Terra de Lemos |
Área: | 91,1 km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | Bóveda |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2007) | |
Poboación: | 1.737 hab. |
Densidade: | 19,07 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | 98,17 % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | 81,72 % |
Ás veces: | 15,74 % |
Nunca: | 2,54 % |
Política (2007) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 5 (692 votos - 49,22 %) BNG 1 (164 votos - 11,66 %) PSdeG-PSOE 3 (537 votos - 38,19 %) Outros: - (- %) |
Alcalde: | José Manuel Arias López (PP) |
Eleccións municipais en: Bóveda {{{eleccións}}} |
|
Censo electoral (2007) | |
Total electores: | 1.980 - 100 % |
Votantes: | 1.415 - 72,12 % |
Abstencións: | 547 - 27,88 % |
Votos en branco: | 9 - 0,64 % |
Votos nulos: | 9 - 0,64 % |
Orzamentos (2000) | |
Enderezos | |
Enderezo físico: | Avda, de Alfonso XIII, 85 |
Teléfono: | 982 42 60 06 |
Fax: | 982 42 63 02 |
Código postal: | 27.340 |
Correo electrónico: | correo-boveda@fegamp.es |
http://www.concellodeboveda.com | |
|
|
Notas: |
Bóveda é un concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence á Comarca da Terra de Lemos e ao partido xudicial de Monforte de Lemos.
Linda co concello do Incio e Paradela ó norte, co concello de Monforte de Lemos ó sur, cos concellos da Pobra do Brollón e O Incio ó leste, e co concello do Saviñao ó oeste.
Poboación no 2007: 1.737 habitantes segundo o INE (1.767 no 2006, 1.824 no 2005, 1.866 no 2004, 1.900 no 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Bovedense
Evolución da poboación de: Bóveda - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
4.398 | 4.629 | 4.143 | 3.258 | 1.866 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Índice |
[editar] Medio Natural
[editar] Xeografía
Bóveda, cunha superficie de 91 km2, enclavada na zona de transición entre a depresión de Lemos e a montaña, pertence á comarca da Terra de Lemos. A súa particular ubicación xeográfica, ao sur da provincia de Lugo, e a súa dicotomía morfolóxica fan de todo-lo concello un lugar particular tanto polas súas características naturais como polas humanas. Morfolóxicamente, presenta un releve montañoso, chegando na zona occidental a alcanzar unha altitude entre 600 e 800 metros. O resto do concello posee unha altitude media de 450 metros. O pico máis alto é o Couso con 689 m. O clima é oceánico.
Destacan os montes:
- Couso (689 m.)
- Tralomoredo (449 m.)
- Costa.
[editar] Hidrografía
A rede fluvial pertence á conca hidrográfica Miño-Sil, sendo o río Mao, afluente do Cabe, o seu principal colector.
Os principais ríos son:
- Mao, afluente do Cabe.
- Teilán, afluente do Mao.
- Noceda, afluente do Mao.
- Eimer, afluente do río Noceda.
- Teixugo, afluente do Cabe.
[editar] Vexetación e fauna
En toda-la comarca se detecta a presenza de gran variedade de especies vegetais de tipo mediterráneo como a encina ou o madroño, ao lado de especies caducifolias nas tierras máis altas. Esta variedade floral conleva unha gran riqueza faunística: falcós, aguiachos, azores, andoriñas, birrios, coruxas, oropéndoas, lobos, zorros, xabarís, corzos, garzas e cegoña.
[editar] Demografia
Dende o punto de vista demográfico, o concello presenta unha densidade de pobación baixa de 25 habitantes/Km2, moi próxima á media provincial. Obsérvase unha pequena elevación dos índices natalicios, recobrándose parte da pérdida de efectivos poboacionais acontecida nas décadas dos anos corenta e cincuenta ( en 1930 o censo era de 4.629 hab. e en 1940 de 4.752). A poboación de 1981 era de 3.244 habitantes, a de 1991 de 2.320 e continúa baixando nas seguintes décadas.
- Censo: 2.320 hab.
- Densidade: 25 hab/Km2.
[editar] Etnografia
Hai constancia de ditos populares, lendas e máis tradicións orais que ó transmitírense só oralmente pouco a pouco van desaparecendo. Asemade, as tradicións, ritos e supersticións da Galicia rural van sendo substituídas por outras actitudes de acordo cos novos modus vivendi.
[editar] Historia
O nome de Bóveda vai asociado a unha linaxe establecida no mesmo lugar e do que foron antecesores os Somoza. Foi un fillo de Don Arias López Somoza e Goyanes o fundador da casa solariega e o primeiro en utilizar este apelido. Aos marqueses de Bóveda pertence o pazo do mesmo nome, datado no século XVIII. Situado na parroquia de San Martiño, foi construido sobre un pazo anterior do século XVI. O actual foi reconstruido por Don Francisco Suárez de Deza e Oca, X Marqués de Viance e canónigo maxistral da Catedral de Santiago, influenciado das súas viaxes a Italia. Algunhas das parroquias de Bóveda pertenceron á antiga xurisdición de Somoza Maior de Lamas cuxo señorío exercía o Conde de Lemos e outros. A xurisdición de Ver nomeaba xuíz ordinario. A principios do século XX houbo unhas maniobras militares presididas polo rei Alfonso XIII.
Vestixos arqueolóxicos de interese:
- Castro de Freituxe
- Castro de Bustelo (Martín)
- Medela do Gruñedo
- Cova dos Mouros
- Castro de Agroi (San Fiz)
- Castro de Vilalpape
- Medorra de Camporredondo en Mosteiro.
[editar] Patrimonio artístico
Bóveda conserva numerosos restos da cultura castreña e interesantes igrexas como a de San Fiz de Rubián orixinal do s.XVI con varias reformas posteriores, ou a capela do Ecce Homo de Rubián. San Cristovo de Martín é un templo do século XVII que conserva no interior unhas pilas (bautismal e outra de auga bendita) antigas. Na capela de San Xurxo halláronse sepulcros en ruinas (Tuimil). Con respecto á arquitectura civil destaca o Pazo dos Marqueses de Bóveda tamén chamado Pazo de San Martiño de Bóveda; foi construido sobre outro anterior do s.XVI en 1769 por Don Xoán Francisco Suárez de Deza e Oca, o estilo arquitectónico é italiano e está rodeado de xardins, no interior existen diversos obxetos e cuadros valiosos. Tamén se conserva a Casa Señorial de Ver.
Igrexas:
- Santiago de Freituxe (s. XVII)
- San Cristovo de Guntín (s. XVII)
- San Cristovo de Martín (s. XVII)
- San Pelaxio de Mosteiro (s. XVII)
- Santiago de Ribas Pequenas (s. XVII)
- San Pedro Fiz de Rubián (s. XVI)
- Santiago de Rubián (s. XVIII)
- Santa Baia de Teilán (s. XVII)
- Santa María de Tuimil (s. XVII)
- San Bartolomeu de Vilalpape (s. XVII).
Capelas:
- Concepción
- Rosario
- San Sidro
- San Martiño
- Raíña
- Couso (Martín)
- Portaxe (Remesar)
- Probeiros
- Ecce Homo (s. XVIII) (Rubián)
- Xullán (Tuimil)
Pazos e casas:
- Casa Señorial de Ver
- Pazo dos marqueses de Bóveda
- Pazo dos Vilaverde de Limia
- Casa-priorato de Freituxe
- Casa de Balboa-Pazo de Guntín
- Casa do Pacio (Martín)
- Casas do Pacio e Somoza (Remesar)
- Casa-torre de Eimer e Ribeira (Teilán)
- Casa de Meruz (Tuimil)
- Casa de Montenegro (Vilalpape).
[editar] Socioeconomía
A base económica do municipio é a gandería, seguida da agricultura. A importancia do sector primario ponse de manifesto tanto na superficie cultivada (20% da superficie total) como no número de poboación activa dedicada ao mesmo (60%). Á beira das terras de cultivo temos unha gran de prados e pasteiros, base alimenticia, dunha abundante cabana gandeira bovina, dedicada fundamentalmente á produción leiteira. Esta cabana complétase coa cría de porcino e ovino, menos numerosa, e dedicada principalmente ao autoconsumo e pequeno trueque. O sector secundario aliméntase do sector primario e da explotación dos recursos naturais, fundamentalmente os forestais. As fábricas de cerámica (Rubián e Bóveda), a transformación da produción láctea (Bóveda), e a fabricación de mobles (Rubián) son xunto á construción os alicerces do sector. Polo que se refire ao sector terciario, ocupa á cuarta parte da poboación activa. Este sector desenvolveuse nos últimos anos grazas ao subsector turístico, que non só aproveita a beleza natural, senón tamén a riqueza monumental e artística do municipio.
- Industrias: Lácteas, cerámicas e mobles.
- Feiras: Rubián (o 14 e o 29 de cada mes).
[editar] Turismo e Lecer
Ademais dos monumentos histórico-artísticos como o ben conservado pazo dos Marqueses de Bóveda, este concello posúe lugares paisaxísticos de gran interese como o Burato da Moura, recunchos para a práctica de deportes como o sendeirismo, a caza ou a pesca, o voo en parapente, etc. En Penacova hai unha casa de turismo rural preto dunha *herrería antiga, un muíño e unha fonte de augas ferruxinosas. Dentro do apartado gastronómico, toda a comarca de Lemos, é prolixa en conta a receitas e ofertas para o visitante: O porco e os seus derivados son os protagonistas de pratos tan suxestivos como o cocido, o caldo, as filloas con sangue, a empanada ou os saborosos embutidos. Da artesanía local podemos destacar as colchas tecidas a man.
[editar] Rutas e excursións
Visita aos xacementos arqueolóxicos cun percorrido polos castros e medorras de Bóveda poderase apreciar o seu pasado prehistórico. Ruta de pazos e casas señoriaiss; aínda que non poidan ser visitados podemos deleitarnos coa observación destas espléndidas edificacións; ruta de sendeirismo dende o Viveiro dos Trollos a Penacova cun percorrido de 17 quilómetros.
[editar] Festividades
- Festas do San Pedro, en Tuimil, o 29 de xuño.
- Festas de San Salvador, en Teilán, o 6 de agosto.
- Festas de San Bartolomeu, en Vilalpape, o 24 de agosto.
- Festas do San Xil, en Bóveda, o 1 de setembro.
- Festas dos Remedios, en Ribas Pequenas, o 7 de setembro.
- Festas do Ecce Homo, en Rubián, o 15 de setembro.
[editar] Lugares de Bóveda
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bóveda vexa: Lugares de Bóveda.
[editar] Parroquias
[editar] Véxase tamén
Concellos da Comarca da Terra de Lemos | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Bóveda |
Monforte de Lemos |
Pantón |
A Pobra do Brollón |
O Saviñao |
Sober |
Referencias relacionadas con Galicia |
||