Bóveda, Bóveda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Martiño de Bóveda é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 372 habitantes (188 homes e 184 mulleres), concentrados na única entidade do mesmo nome, Bóveda, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.
Festas na honra a San Xil, o 1 de setembro.
[editar] Patrimonio artístico
- Igrexa Parroquial. A igrexa parroquial de Bóveda, completamente moderna, construída no segundo tercio do século XX. Ten planta rectangular con tellado de pizarra a dúas augas. A igrexa orixinal atopábase o pé do cemiterio, a carón do Pazo de Bóveda, pero derrubouse e os seus materiais aproveitáronse para ampliar o mesmo, reutilizándose para a igrexa actual a espadana e outros elementos graníticos.
- Pazo de Bóveda. Edificio de planta rectangular do ano 1769, e a Casa de Fernández, que conserva na súa fachada un escudo de granito pertencente a un antigo Pazo dos Marqueses de Villaverde de Limia.
- Muíño de Xil.
Lugares da parroquia de Bóveda no concello de Bóveda (provincia de Lugo) | |
---|---|
Bóveda |
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda | |
---|---|
Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu) |