Guntín, Bóveda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Cristobo de Guntín é unha parroquia do concello de Bóveda na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 91 habitantes (48 homes e 43 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación: Aquelcabo, O Arroxo, Lama Redonda, Pardiñas, As Pedreiras e Vilar, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 116 habitantes.
No ano 1668 D. Juan Rodríguez de Ver fundou a capelanía de San Lázaro na igrexa parroquial.
[editar] Patrimonio artístico
- Igrexa do s.XVIII. Antecede ó edificio un pórtico con teito a tres augas. Trátase dunha construcción con nave de planta rectangular e muros de mampostería enlucidos, con cuberta de madeira e pizarra a dúas augas.
- Capela do Rosario. No Campo da Mamoela atópase a Capela do Rosario, construída no ano 1832 e que posue un cruceiro no exterior.
- Capela do Pedregal. No lugar de Vilar sitúase a Capela da Casa de Pedregal, posiblemente do s.XIX, con planta rectangular e cuberta a dúas augas.
- Pazo de Guntín. No lugar de Aquelcabo destaca o Pazo de Guntín; edificio de planta en U, con muros de mampostería de pizarra. A súa porta principal, en arco de medio punto, conserva un escudete con representación de barras e peixes, cunha cabeza de león sobre eles. Conserva outros escudos con motivos similares na porta interior e na torre oeste.
Lugares da parroquia de Guntín no concello de Bóveda (provincia de Lugo) | |
---|---|
Aquelcabo | O Arroxo | Lama Redonda | Pardiñas | As Pedreiras | Vilar |
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda | |
---|---|
Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu) |