Vilalpape, Bóveda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Bartolomeu de Vilalpape é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 50 habitantes (29 mulleres e 21 homes), distribuídos nas entidades da Agüela, As Folguedas, Marzán, Val de Miotos e Vilar, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 64 habitantes.
No ano 1221, o realengo de Vilalpape foi cedido, por Alfonso IX, ó mosteiro de Castro de Rei de Lemos. En 1522, os habitantes de Vilalpape, presentan vasalaxe o abade de Montederramo.
A igrexa parroquial, do s.XVII, ten planta rectangular, con muros de mampostería de pizarra e cuberta a dúas augas feita en madeira e pizarra. No seu alzado norte levantouse a sancristía. Atopamos cruceiros en Vilalpape e Marzán.
Lugares da parroquia de Vilalpape no concello de Bóveda (provincia de Lugo) | |
---|---|
Agüela | As Folguedas | Marzán | Val de Miotos | Vilalpape |