See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Modernismo - Wikipedia

Modernismo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Historia da arte
{{{arte_seccion}}}
Arte prehistórica
Arte antiga
Arte medieval
Arte occidental
Arte contemporánea
Arte etnográfica
Arte americana
Arte africana
Arte asiática
Arte islámica

Modernismo é o termo co que se designa a unha corrente de renovación artística e literaria desenvolvida a finais do século XIX e principios do XX. Segundo os distintos países, recibiu diversas denominacións: Art Nouveau (En Bélxica e Francia), Sezession (en Austria), Jugendstil (Alemaña), Liberty (Inglaterra) e Floreale (en Italia). En catalán, modernisme ou Estilo modernista.

As características máis importantes de dita corrente literaria son o preciosismo, exotismo, a alusión ós nobres, mundos desaparecidos (a idade media cabaleiresca, as cortes dos Luíses en Francia, as monarquías chinesas e xaponesas). Mención dos obxectos preciosos. Símbolo: cisne.

O modernismo opón o latino ó anglosaxón. O modernismo é unha reacción que vai en contra do positivismo, e interésase pola teosofía. Na narrativa oponse ó realismo, optando pola novela histórica ou a crónica de experiencias da alucinación e a loucura; a descrición de ambientes de refinada bohemia. Introduce o personaxe da muller fatal, que leva ós homes ó pracer e a morte

De acordo con Francisco Rico, a palabra modernismo, foi un calco dunha tendencia heterodoxa con respecto ó catolicismo tradicional, condenada como modernismo por Pío X e León XII, e que foi debatido nas dúas últimas décadas. Posteriormente foi un calco despectivo do moderno. Ata que os modernistas a adaptaron como signo de identidade. (Rico, Francisco "O Modernismo como actitude" p.46).

Casa Batlló de Antoni Gaudí
Casa Batlló de Antoni Gaudí

Índice

[editar] Unha arte nova

Todas estas denominacións fan referencia á intención de crear unha arte nova, levando a cabo unha ruptura cos estilos dominantes na época, tales como o historicismo ou o eclecticismo. Tratase de crear unha estética nova, en que predominen a inspiración na natureza á vez que se incorporen novidades derivadas da revolución industrial. E así en arquitectura é frecuente o emprego do ferro e o cristal. Así a todo, é igualmente unha reacción á pobre estética da arquitectura en ferro, tan en voga por eses anos.

En gran medida as súas aspiracións baséanse nas ideas de John Ruskin e William Morris, que podemos resumir en democratizar a beleza no sentido de que ata os obxectos máis cotiáns teñan valor estético e sexan accesibles a toda a poboación (socialización da arte), grazas ás técnicas de produción masiva facilitadas pola revolución industrial. Por iso o modernismo non só se dá nas artes maiores, senón tamén no deseño de mobiliario e todo tipo de obxectos útiles na vida cotiá. A miúdo os artistas modernistas son artistas "integrais", pois non só deseñan edificios, senón os mobles e outros aparellos de uso diario. Así pois moitos arquitectos modernistas son tamén deseñadores, pois as súas creacións non se limitan ó edificio en si, dado que tamén elaboran a súa decoración e os utensilios que ha de conter.

Consecuentemente, deuse en arquitectura, pintura, escultura e nas artes decorativas e menores (mobles, lámpadas, xoias, carteis, etc. ).

Unha das súas características é o uso da liña curva e a disimetría, tanto na plantas e o alzado dos edificios como na decoración. Nesta última é moi frecuente o uso da chamada "liña látego". Unha derivación deste estilo na década de 1920 é o denominado Art decó.

[editar] Artistas máis destacados

[editar] Algunhas obras importantes

  • Azul (de Darío, en Chile)
  • Casa Batlló (de Gaudí, en Barcelona)
  • Bocas do Metro (de Guimard, en París)
  • Casa Tassel (de Horta, en Bruxelas)
  • Friso Beethoven (de Klimt, en Viena)
  • Escola de Arte (de Mackintosh, en Glasgow)
  • Edificio Sezession (de Olbrich, en Viena)
  • Edificio da Caixa Postal (de Wagner, en Viena)

[editar] Referencia Bibliográfica

  • Henríquez Ureña, Mac. Breve historia do modernismo. México: Fondo de cultura Económica, 1978.
  • Rico, Francisco. Historia y crítica de la Literatura española: Modernismo y 98. Barcelona: Editorial Crítica, 1980.
  • Schmutzler, Robert. El modernismo. Madrid: Alianza Forma, 1985.
  • Ward, Thomas. "Los posibles caminos de Nietzsche en el modernismo". Nueva Revista de Filología Hispánica 50.2 (2002): 489-515

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -