Arte africana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A arte africana é un conxunto de manifestacións artísticas producidas polos pobos da África negra ao longo da historia.
O continente africano acolle unha gran variedade de culturas, caracterizadas cada unha delas por un idioma propio, unhas tradicións e unhas formas artísticas características. Aínda que a gran extensión do deserto do Sahara actúa como barreira divisoria natural entre o norte de África e o resto do continente, hai considerables evidencias que confirman toda unha serie de influencias entrámbalas dúas zonas a través das rutas comerciais que atravesaron África dende tempos remotos.
Hoxe, por exemplo, aparecen entre as culturas do sur do Sahara moitas mostras de arte islámica, así como tamén formas arquitectónicas de inspiración norteafricana. Ademais, as investigacións apuntan a unha influencia recíproca entre estas zonas do sur coas tradicións artísticas e culturais daquelas rexións do norte de África máis cercanas ao Mediterráneo. A arte de Exipto, unha das máis brillantes de África, ten importantes conexións artísticas e culturais coas civilizacións africanas ao sur do Sahara.
Os colares africanos son fermosos, están cheos dun conxunto de cores combinadas. Cada colar ten un significado e o mesmo ocorre coas máscaras.
As artes africanas son fiel reflexo das ricas historias, filosofías, relixións e sociedades dos habitantes deste vasto continente. A arte africana, ademais da súa importancia inherente ás xentes que a produciron, inspirou tamén a algúns dos máis importantes artistas e movementos da arte contemporánea tanto de Europa como de América. Os artistas occidentais do século XX admiraron a importancia que se lle concede á abstracción na arte africana, estimulando con isto a súa falta de preocupación polo naturalismo.
A historia da arte africana remóntase aos tempos prehistóricos. Entre as formas artísticas máis antigas están as pinturas e grabados en pedra de Tassili e Ennedi, no Sahara no (6000 adC e século I d.C.).
Outros exemplos de arte primitiva témolos nas esculturas modeladas en arxila dos artistas da cultura Nok, ao norte de Nixeria, datadas entre o 500 adC e o 200 dC.; tamén nos decorativos traballos en bronce de Igbo-Ukwu (séculos IX e X d.C.), e nas magníficas esculturas en bronce e terracota de Ifé (do século XII ao XV d.C.). Estas últimas amosan tal habilidade técnica e están representadas de forma tan naturalista que nun principio, aínda que erroneamente, considerouse que estaban inspiradas na Grecia clásica.
As ricas tradicións artísticas africanas continúan hoxe en día, tanto na súa liña máis tradicional como a través de novos e renovadores xeitos de expresión.
[editar] Véxase tamén
- Arte contemporánea africana