Zeus
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») é o líder dos deuses e o deus do ceo e mais do trono.
Deus supremo da relixión grega, Zeus, Xúpiter para os romanos, é fillo de Cronos e de Rea, pai dos deuses e dos homes. Cronos tiña o costume de devorar a tódolos seus fillos que lle daba a súa muller, quen ao estar embarazada de Zeus ideou, para salvalo, fuxiu a Creta, onde tivo o seu fillo e retornou ao Olimpo, simulando alí un segundo parto.
[editar] Prehistoria
Tanto a palabra grega Zeus como a latina Iúpiter (Xúpiter) proveñen do Pai dos Ceos indoeuropeo, o deus Dyau Pitar.
No panteón hindú, en épocas posteriores, Dyau Pitar foi substituído por Varuna, logo por Indra e despois por Vishnu. En lingua sánscrita diau significa «ceo» e pitri ou pitar «pai» (despois en grego diríase patér e en latín pater).
Os habitantes de Anxur, no Lacio (onde logo existiría a Antiga Roma), chamábanlle Anxurus. Outro dos seus sobrenomes locais era Feretrius.
[editar] Ligazóns externas
- Os mitos de Zeus e Ganímedes, e Zeus e Tántalo (inglés)
- Culto a Zeus (inglés)
- Os amores de Zeus (inglés)