Xogos Olímpicos de 1896
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xogos da I Olimpíada | |
---|---|
Atenas 1896 | |
Estados Participantes | 14 |
Atletas | 241 |
Eventos | 43 en 9 deportes |
Cerimonia de apertura | 6 de abril |
Cerimonia de clausura | 15 de abril |
Apertura oficial | Rei Xurxo I de Grecia |
Local | Estadio Panathinaikos |
Os I Xogos Olímpicos da Era Moderna foron realizados en Atenas, Grecia, berce dos xogos da antigüidade, entre os días 6 e 15 de abril de 1896, coa participación de 241 atletas, todos homes, representando catorce países, grazas ao empeño visionario do francés Pierre de Frédy, o Barón de Coubertin, idealizador do renacemento dos xogos existentes na Grecia antiga, mentor do movemento olímpico e fundador do Comité Olímpico Internacional.
Sen ningunha experiencia na organización de semellante evento, os organizadores dos primeiros xogos case arruinan a propia competición, por mor da diversidade de datas, pois os gregos utilizaban entón o antigo calendario xuliano paralelo ó convencional usado pola civilización occidental, facendo que existise unha diferencia de doce días entre ambos, o que atrapallou a inauguración dos Xogos e a chegada dos atletas dos diversos puntos do planeta.
A cerimonia de inauguración acabou acontecendo nun domingo de Pascua, co discurso de apertura proferido diante de cen mil espectadores polo propio Xurxo I, de Grecia, após a inauguración dunha estatua – que existe todavía hoxe – na entrada do estadio Panathinaikos, principal palco das competicións e unha marabilla arquitectónica toda de mármore, en homenaxe ó rico financista ateniense Georgius Averoff, responsable da restauración e modernización do estadio e financiador da organización do evento, o que impediu o seu cancelamento antes mesmo de iniciado, debido ás penosas condicións do erario real grego.
Os países representados polos seus atletas en Atenas e que se converteron nos pioneiros na participación dos Xogos Olímpicos foron: Alemaña (dezanove atletas), Australia (1), Austria (3), Chile (1), Dinamarca (3), Exipto (1), Estados Unidos(14), Francia (13), Hungría (7), Italia (1), Reino Unido (10), Suecia (1), Suíza (3) e a anfitrioa Grecia con 168 atletas. (*)
As nove modalidades deportivas disputadas foron: atletismo, ciclismo, esgrima, ximnasia, halterofilia, loita, natación, tenis e tiro.
Obs.: Dous dos atletas que son actualmente contados como gregos, representaban a entón á cidade autónoma de Esmirna. Alén diso, non se sabe a identidade de 68 dos atletas gregos, debido ó feito de seren moitos cidadáns que participaron en eventos sen haber un cadastro adecuado. Alén destos estados, Bélxica e Rusia tamén estiveron representadas nas cerimonias dos Xogos de 1896 mais os seus atletas nunca chegaron a competir.
Índice |
[editar] Curiosidades
- Foi executado por primeira vez o himno composto por Spyros Samaras, con letra do poeta grego Kostis Palamas, que se tornaría oficial dos Xogos Olímpicos en 1958.
- A primeira medalla olímpica dos Xogos da Era Moderna gañouna James Connolly (EUA) na competición de triple salto.
- Nesta edición, os vencedores de cada un dos eventos recibiron un diploma, unha medalla de prata e unha coroa de ramos de oliveira. Os segundos clasificados foron recompensados cun diploma, unha medalha de bronce e unha coroa de loureiro. As medallas foron deseñadas polo escultor francés Jules Chaplain e os diplomas polo pintor grego Nikolaos Gyzis. Todos os atletas participantes recibiron adicionalmente unha medalla conmemorativa deseñada polo artista grego Nikephoros Lytra.
- Non se realizaron cerimonias separadas para a atribución de medallas, sendo estas entregadas ós atletas polo rei Xurxo I de Grecia durante a cerimonia de clausura.
- Nos Xogos de 1896 non había aínda o concepto actual de equipos nacionais, polo que en varias disciplinas competiron equipos compostos por atletas de diferentes países, onde se destaca a vitoria na competición de tenis (pares) pola dupla John Boland (GBR)/Friedrich Traun (XER).
- En 1896 Grecia empregaba aínda o calendario xuliano, polo que, na data local, a apertura dos Xogos realizouse o 25 de marzo e a clausura o 3 de abril.
[[Imaxe:Spiridon_louis.jpg|thumb|100px|right|Spiridon Louis, o primeiro campión olímpico do maratón
- O ex-pastor de ovellas e carteiro grego Spiridon Louis é o máis famoso personaxe histórico destes Xogos, converténdose nunm heroe nacional do pobo helénico ó vencer o primeiro maratón disputado na historia, proba extenuante de corenta quilómetros de distancia, incluída nos Xogos por un de seus realizadores, Michel Breát, a fin de homenaxear a lendaria carreira do soldado ateniense Pheidippides, que no 490 a.C. tería corrido dende as chairas de Maratón até Atenas para anunciar ó pobo grego a vitoria na batalla contra os persas.
- Edwin Flack, o único representante de Australia na competición, conseguiu realizar un feito curioso, pois alén de vencer os 800m e os 1500m lisos en Atletismo, aínda conquistou un terceiro lugar en tenis en duplas.
- Non había piscina para a disputa da natación nestes primeiros Xogos, e as probas da modalidade disputáronse en mar aberto, nas augas salgadas e xeadas da baía de Zea, xunto ó porto do Pireu.
[editar] Modalidades disputadas
[[Imaxe:100m Athens 1896.jpg|thumb|150px|left|Disputa dos 100m lisos de atletismo en Atenas]]
[editar] Cadro de medallas
Abaixo, o Cadro de medallas oficial dos Xogos Olímpicos de 1896, por estados, dacordo co COI (Comité Olímpico Internacional). Nótese que o uso de medallas de ouro, prata e bronce polo COI, existe só para facilitar a tabulación de medallas e igualalas ás dos Xogos Olímpicos posteriores, pois na época, as medallas de ouro ainda non eran otogardas ós vencedores e os terceiros nin medalla recibían.
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 11 | 7 | 2 | 20 |
2 | Grecia | 10 | 17 | 19 | 46 |
3 | Alemaña | 6 | 5 | 2 | 13 |
4 | Francia | 5 | 4 | 2 | 11 |
5 | Reino Unido | 2 | 3 | 2 | 7 |
6 | Hungría | 2 | 1 | 3 | 6 |
7 | Austria | 2 | 1 | 2 | 5 |
8 | Australia | 2 | 0 | 0 | 2 |
9 | Dinamarca | 1 | 2 | 3 | 6 |
10 | Suíza | 1 | 2 | 0 | 3 |
Obs: equipos mixtos formados por atletas de varios países xuntos, o que estaba permitido na época, gañaron unha medalla de ouro, unha de prata e unha de bronce no tenis.
[editar] Véxase tamén