Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xogos da VII Olimpíada |
|
Antuerpen 1920 |
Estados Participantes |
29 |
Atletas |
2626 |
Eventos |
154 en 22 deportes |
Cerimonia de Apertura |
20 de abril |
Cerimonia de Clausura |
12 de setembro |
Apertura oficial |
Rei Alberte I de Bélxica |
Xuramento do Atleta |
Victor Boin |
Local |
Olympisch Stadion |
Os Xogos Olímpicos de 1920 foron realizados en Antuerpen, en Bélxica, nunha homenaxe do COI ó sofremento inflinxido ó pobo belga durante a I Guerra Mundial, que inclusive impediu a realización dos Xogos de 1916, anteriormente marcados para Berlín. Atletas de 29 países, nun total de 2.561 homes e 65 mulleres participaron de 24 deportes nun total de 154 modalidades. Abertos polo Rei Alberte o 20 de abril, duraron até o 12 de setembro.
Os Xogos de Antuerpen foron notables polo feito de ser izada por primeira vez a bandeira olímpica (branca con cinco aneis no centro representando os cinco continentes), ter habido unha pioneira solta de pombas simbolizando a paz e terse realizado o Xuramento dos Atletas, lido polo esgrimista e xogador de waterpolo Victor Boin.
[editar] Curiosidades
- O italiano Nedo Nadi realizou un feito nunca máis igualado nos Xogos ó conquistar cinco medallas de ouro entre as seis modalidades de Esgrima.
- A nadadora norteamericana Ethelda Bleibtrey gañou tres medallas de ouro nas tres probas da natación feminina, quebrando o récord mundial en todas elas.
- O tirador sueco Oscar Swahn, medallista de ouro en Londres doce anos antes, gañou unha medalña de prata por equipos no Tiro ós 72 anos e tornouse no atleta máis vello en gañar unha medalla olímpica en todos os tempos.
- Estes Xogos viron a aparición daquel que sería un dos maiores atletas de todos os tempos, o corredor finlandés Paavo Nurmi.
[editar] Modalidades disputadas
[editar] Cadro de Medallas