See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xogos Olímpicos de 1936 - Wikipedia

Xogos Olímpicos de 1936

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xogos da XI Olimpíada
Imaxe:1936 cartaz Olimpíadas.jpg
Berlín 1936
Estados Participantes 49
Atletas 3963
Eventos 129 en 19 deportes
Cerimonia de apertura 1 de agosto
Cerimonia de clausura 16 de agosto
Apertura oficial Adolf Hitler
Xuramento do atleta Rudolph Ismayr
Entrada do Facho Olímpico Fritz Schilgen
Local Estadio Olímpico

Os Xogos Olímpicos de 1936 foron realizados en Berlín, en Alemaña, entre o 1 e o 16 de agosto, coa participación de 4066 atletas, sendo 328 mulleres, representando 49 países, en 22 modalidades deportivas, tornándose até entón os máis grandiosos, ben realizados, ricos e politicamente explotados Xogos Olímpicos até entón.

Abertos con grande pompa no espectacular e moderno Estadio Olímpico de Berlín por Adolf Hitler, o Führer do III Reich alemán, os Xogos se propoñían, subliminarmente, demostrar na práctica as teorías de superioridade racial aria pregoada polo líder nazi e os seus seguidores, que non escatimaron tempo, adestramento e recursos para producir o mellor equipo olímpico nacional montado para disputar este evento. Infelizmente para o Führer, un pequeno grupo de atletas, os negros norteamericanos, demostraría a falacia das teorías hitlerianas, conquistando a maioría das medallas do atletismo, a modalidade máis importante dos Xogos, liderados polo fabuloso Jesse Owens, un neto de ex-escravos, que gañou catro medallas de ouro nos 100m, 200m, relevo 4x100 e salto de lonxitude, en pleno estadio de Berlín cheo de arios loiros e estupefactos, no máis emblemático episodio da historia dos Xogos Olímpicos.

España boicoteou estes Xogos coa súa non participación. Organizou como alternativa a Olimpíada Popular en Barcelona. Suspendeuse por comezar a Guerra Civil o día antes da inaguración destes xogos. Algúns atletas, tanto españois como estranxeiros, permaneceron na cidade para loitar contra o levantamento militar.

Índice

[editar] Política e deporte

Véxase o artigo principal Historia política dos Xogos Olímpicos de 1936.

Os Xogos prepararon un palco para a estética nazi e foron utilizados como vehículo de propaganda polo réxime nazi, como nunca antes acontecera.

[editar] Curiosidades

  • En Berlín introduciuse o relevo que transportou a Chama Olímpica de Olimpia, en Grecia, até o estadio olímpico de Berlín, na sede dos Xogos, por máis de tres mil atletas a través de Europa.
Entrada do Estadio Olímpico de Berlín, 1936 foto: Josef Jindřich Šechtl
Entrada do Estadio Olímpico de Berlín, 1936
foto: Josef Jindřich Šechtl
  • Alén da mellor tecnoloxía e confort existentes na época, providenciados polo goberno nazi para demostrar a superioridade da eficiencia xermana, un fato que marcaría as comunicacións do século XX aconteceu por primeira vez en Berlín: espalladas por cinemas e teatros da cidade e con imaxes proxectadas por circuíto interno en enormes panos brancos rectangulares pendurados, espectadores privilexiados asistiron á transmisión da apertura e dalgunhas probas dos Xogos a través da recén inventada televisión.
  • Reza a lenda que, insatisfeito co suceso de Jesse Owens diante dos seus ollos, Hitler retirouse furioso do estadio após a vitoria de Owens no salto de lonxitude, cando el quebrou o récord mundial derrotando ó campión alemán, Lutz Long. O feito verdadeiro é que Hitler non se atopaba no estadio nese día.
Jesse Owens nos Xogos de Berlín 1936
Jesse Owens nos Xogos de Berlín 1936
  • Long, alemán, branco, loiro e de ollos azuis e Owens, negro norteamericano e descendente de escravos, tornáronse bos amigos e conversaban durante todas as probas diante das autoridades nazis; Long chegou a orientar e encoraxar Owens, cando este case erra na tentativa de se clasificar nas eliminatorias do salto de lonxitude. O alemán morreu en combate loitando coas tropas da Wehrmacht en Sicilia, en 1943, e polo seu espírito deportivo foi condecorado postumamente polo COI coa medalla Pierre de Coubertin.
  • Berlín asistiu á última presentación pública dun dos maiores heroes olímpicos, o grego Spiridon Louis, campión do maratón nos I Xogos, en Atenas, corenta anos antes. Xa vello, Louis entregou en cerimonia a Adolf Hitler un ramo de olivo collido nas montañas sagradas de Olimpia, inxenuamente, en nome da paz entre os pobos.
  • A pesares de que á fin dos Xogos lideraron o cadro de medallas con 33 de ouro, un pouco por riba dos Estados Unidos e ben abaixo das súas expectativas, os alemán tiveron que engulir algunhas derrotas nos deportes colectivos para os que se prepararan durante para vencer. A India tornouse tricampioa de Hóquei sobre herba, Italia gañou o torneo de fútbol e Hungría consagrouse como bicampioa de waterpolo. Ademais a prensa internacional escolleu como musa dos Xogos á xudea holandesa Hendrika Mastenbroek, de dezasete anos, campeioa olímpica de natación nos 100m, 400m e relevo 4x100. Anos despois, Rea, o alcume polo que era coñecida, integraría a resistencia subterránea neerlandesa contra a ocupación nazi do seu país.
  • O goberno nazi non escatimou recursos para prodcir o máis impresionante documental realizado sobre as Olimpíadas, Os Deuses dos Estadios (Olympia) , dirixido pola cineasta Leni Riefenstahl, famosa no cinema alemán daqueles tempos e protexida do ditador, e feito máis para valorizar as ideas nazis que a competición deportiva en si, que mostra nun branco e negro contrastado, ó gusto de Hitler.
  • No maratón, venceu o coreano Sohn Kee-chung correndo coas cores xaponesas baixo o nome de Kitei Son, por estar o seu país ocupado por Xapón, un dos aliados da Alemaña nazi, dende 1910. Ídolo na súa Corea natal e fervoroso nacionalista, Sohn, obrigado a competir polos dominadores, pasou todo o tempo explicando pacientemente ós xornalistas que o seu país era unha nación independente ocupada por Xapón, sen medo a represalias, pois os xaponeses estaban máis interesados na súa vitria que na diplomacia. Sohn recebeu a súa medalla de ouro no podio olímpico ouvindo o himno nacional xaponés baixo a bandeira do sol nacente, ollando para o chan. Nos anos 80, o COI recoñeceu oficialmente a súa nacionalidade e devolveu a medalla adxudicada a Xapón. En 1988, ós 75 anos, Sohn Kee-chung, o Kitei Son de Berlín en 1936, un dos maiores heroes deportivos da historia, entraba no estadio olímpico de Seul cargando o facho olímpico, debaixo do choro do locutor oficial e da ovación emocionada do seu verdadeiro pobo, anfitrión daqueles Xogos.

[editar] Modalidades disputadas

Participantes
Participantes

[editar] Cadro de medallas

Cadro de Medallas
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Alemaña 33 26 30 89
2 Estados Unidos 24 20 12 56
3 Hungría 10 1 5 16
4 Italia 8 9 5 22
5 Finlandia 7 6 6 19
6 Francia 7 6 6 19
7 Suecia 6 5 9 20
8 Xapón 6 4 8 18
9 Países Baixos 6 4 7 17
10 Gran Bretaña 4 7 3 14

[editar] Véxase tamén


Xogos Olímpicos
Xogos Olímpicos de Verán: 1896 | 1900 | 1904 | 1906 | 1908 | 1912 | (1916) | 1920 | 1924 | 1928 | 1932 | 1936 | (1940) | (1944) | 1948 | 1952 | 1956 | 1960 | 1964 | 1968 | 1972 | 1976 | 1980 | 1984 | 1988 | 1992 | 1996 | 2000 | 2004 | 2008 | 2012 | 2016

Xogos Olímpicos de Inverno: 1924 | 1928 | 1932 | 1936 | (1940) | (1944) | 1948 | 1952 | 1956 | 1960 | 1964 | 1968 | 1972 | 1976 | 1980 | 1984 | 1988 | 1992 | 1994 | 1998 | 2002 | 2006 | 2010 | 2014 | 2018


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -