Pobo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pobo refírese a un grupo de seres humanos unidos por un factor común, tal como a nacionalidade, cor da pel, relixión, país, etc. Os membros dun determinado "pobo", (como, por exemplo, o pobo galego, ou o pobo árabe) partillan valores, crenzas e hábitos en común.
Outra acepción, agora política, da palabra Pobo úsase para significar a aquela gran parte da poboación dunha nación que non ten posición de poder político. Nesta acepción contraponse á palabra elite .
Debido á natureza subxectiva deste concepto, é moitas veces utilizado como factor ou base para argumentos de índole xenófoba ou racista.