Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xogos da XIX Olimpíada |
|
Cidade de México 1968 |
Estados Participantes |
112 |
Atletas |
5530 |
Eventos |
172 en 20 deportes |
Cerimonia de Apertura |
12 de outubro |
Cerimonia de Clausura |
27 de outubro |
Apertura oficial |
Gustavo Díaz Ordaz |
Xuramento do Atleta |
Pablo Garrido |
Entrada do Facho Olímpico |
Norma Enriqueta Basilio de Sotelo |
Local |
Estadio Olímpico Universitario |
Os Xogos Olímpicos de 1968 foron realizados en Cidade de México entre o 12 e o 27 de outubro de 1968. Por primeira vez os Xogos celebráronse en América Latina e a altitude de 2.300m por riba do nivel do mar da capital mexicana xenerou controversias sobre os danos que o aire menos denso podería causar no desempeño dos atletas. Realmente, a altitude prexudicou o desempeño dos atletas nas probas de resistencia e de longa distancia, como o ciclismo, a natación e o maratón, mais en compensación axudou a provocar un torrente de marcas mundiais e olímpicas nos eventos máis curtos e de esforzo mais rápido como as carreiras de menos de 800m, halterofilia, lanzamento de xabalina e outros.
O ano de 1968 foi un ano bastante confuso e violento, coa guerra de Vietnam, a Revolución Cultural na China, a invasión soviética de Checoslovaquia acabando coa chamada Primavera de Praga , revoltas estudantís, marchas polos dereitos civís e enfrontamentos raciais por todo o planeta. México tamén deu a súa contribución ó clima que marcaba esta época, cando tropas federais do goberno reprimiron sanguinariamente a centenares de estudantes durante manifestacións na Praza das Tres Culturas, dez días antes da cerimonia de apertura dos Xogos, no que ficou coñecido como o Masacre de Tlatelolco, manchando irremediablemente o espírito olímpico pregado polo COI e polo seu fundador, o Barón de Coubertin, provocando case o cancelamento do evento.
Por primeira vez o número de estados participantes pasaba de cen, nunha demostracióno de prestixio, interese e popularidade inegables conquistados polos Xogos Olímpicos, que atraíron o comparecemento de 112 países, nun total de 5.516 atletas, sendo 781 mulleres.
[editar] Curiosidades
- Na Cidade de México, todas as probas de atletismo, dos 1500m até o maratón foron gañadas por atletas de África, marcando a alborada do completo dominio que este continente tería no Atletismo de longa distancia a partires da década dos 70 até os días de hoxe.
- O home finalmente quebra a barreira dos 10 segundos para os 100m lisos com Jim Hines, dos Estados Unidos, que gaña a medalla de ouro coa espectacular marca de 9 segundos e 9 décimas.
- Atletas alemáns da parte oriental do país participan nos Xogos co seu propio equipo como Alemaña Oriental.
- A máis popular atleta en México foi a ximnasta tcheca Vera Caslavska. Após a invasión de Checoslovaquia polos tanques soviéticos dous meses antes dos Xogos, Caslavska desapareceu do seu país e se agochou nun lugar descoñecido por tres semanas, para reaparecer de repente na capital mexicana e gañar catro medallas de ouro e dúas de prata.
- Dúas novidades aconteceron en 1968: o atletismo, o remo, o piragüísmo, a natación e as competicións ecuestres foron cronometradas manual e eletronicamente, mais por primeira vez foron as marcacións eletrónicas as oficiais. Alén diso, estes Xogos viron ó atleta sueco do pentatlón moderno Gunnar Liljenwall ser o primeiro desclasificado polo exame anti-doping. O exame deu positivo por exceso de alcol.
- A imaxe destes Xogos que se tornaría un icone fotográfico dos anos 60 foi proporcionada polos dous atletas negros norteamericanos Tommie Smith e John Carlos, ouro e bronce nos 200m lisos, que após recibiren as súas medallas no podio, ergueron os seus brazos coas mans cubertas por luvas negras e puños pechados, en protesta pola segregación racial e apoio ós movementos negros no seu país, e baixaron a cabeza mentres o seu himno nacional resoaba no estadio. Despois do seu acto, transmitido en vivo pola televisión para o mundo enteiro, os dous foron expulsados da delegación americana e da Vila Olímpica.
- Este ano marca tamén a revolución no estilo do salto de altura. Dick Fosbury, un descoñecido universitario norteamericano, sorprende a todos ó gañar a medalla de ouro e quebrar a marca olímpica da proba saltando de costas á barra de altura e inventando o Salto Fosbury, - no que o atleta corre de frente cara a barra, xira no ar e pasa o listón de costas - que a partir daí sería copiado por todos os atletas especialistas nesta proba. Despois da Cidade do México, o tradicional salto de frente pasou a ser cousa do pasado.
- John Akhwari, de Tanzania, fica mundialmente famoso despois de completar o maratón no último lugar, coa perna vendada e o xeonllo dislocado. Preguntado despois polos xornalistas respondeu que continuara porque: "O meu país non me mandou ós Xogos Olímpicos para comezar o maratón, pero si para terminala".
[editar] Modalidades disputadas
[editar] Cadro de medallas
[editar] Artigos relacionados