Piragüismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O piragüismo é un deporte acuático que se practica sobre unha embarcación lixeira, normalmente de madeira, fibra de vidro ou plástico (normalmente Polietileno PE), e propulsada desde unha a catro persoas (pero non tres) por unha pala ou remo. As principais embarcacións utilizadas son o kayak propulsado por pala de 2 follas e a canoa propulsada por unha pala dunha folla.
Existen diferentes modalidades de piragüismo, dependendo do número de persoas que monten sobre a embarcación ou da superficie acuática sobre a que se desenvolva (mar, río, lago ou pista artificial) e o nº de persoas que vai na embarcación (en kayak: k1, k2 e k4)(en canoa: c1, c2 e c4). As modalidades de piragüismo de augas tranquilas e de augas bravas son as que actualmente mantéñense como deporte olímpico. Tamén hai kayak polo que é igual ao waterpolo pero en kayaks.