América Latina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Países e dependencias | |||
América Latina ou Latinoamérica, entidade territorial e sociocultural diferente a Hispanoamérica e Iberoamérica, constituída polo conxunto de países de América que foron antigas colonias de países europeos onde se fala as linguas romances, é dicir derivadas do Latín, correspondentes ás actuales España, Portugal e Francia. O xentilicio que normalmente se emprega é latinoamericano.
O termo Latinoamérica foi introducido por primeira vez polo Imperio Francés de Napoleón III, durante a súa invasión de México, como forma de incluír a Francia entre os países con influencia en América e casi exclusivamente coa fin de excluir ós anglosaxóns.
Nestes países obsérvanse moitas similitudes debido á súa longa historia en común por ser territorios coloniais de España e Portugal e, en menor medida, de Francia. Entre eles observanse tamén variacións lingüísticas, étnicas, sociais, políticas, económicas e climáticas.
Este termo adoita aplicarse erroneamente a países non latinos de América Central (Belice), América do Sur (coma Surinam e Güiana), e o Caribe (decenas de illas de fala inglesa e holandesa, coma por exemplo Xamaica) polo feito de que o seu territorio non está localizado en América do Norte.
[editar] Economía
Os países agrupanse en diferentes bloques comerciais:
- México forma parte do Tratado de Libre Comercio de América do Norte (en inglés, NAFTA) cós Estados Unidos e Canadá.
- Arxentina, Brasil, Paraguai, Uruguai e Venezuela forman parte dol Mercado Común do Sur con Chile, Bolivia, Perú e Colombia coma membros asociados.
- Bolivia, Colombia, Ecuador e Perú forman parte da Comunidade Andina de Nacións.
- Chile, Perú e México forman parte da APEC (Cooperación Económica Asia-Pacífico).
- México, Colombia e Venezuela formaban o Grupo dos 3 (G-3), ata o retiro de Venezuela do grupo o 22 de maio de 2006.
- Guatemala, Honduras e O Salvador forman o Triángulo do Norte Centroamericano.
- Cuba, Bolivia e Venezuela forman parte da ALBA.
[editar] Cultura
A cultura de América Latina ten coma principal característica ser a fusión de tres culturas bastante distintas entre sí:
- A cultura aborixe ou indíxena
- A cultura europea, en catro ramas principais: a española, a portuguesa, a francesa e a inglesa.
- A cultura africana.
[editar] Idiomas
Como o seu nome indica, os idiomas oficiales dos países de América Latina (español, francés e portugués) son todos Linguas romances. Así e todo, dentro destes territorios existen unha multitude doutras linguas orixinarias dos países latinoamericanos. Algunhas destas outras linguas son: