Xurxo I de Grecia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xurxo I foi rei dos helenos desde 1863 a 1913. Fillo de Cristian IX de Dinamarca e da princesa Luísa de Hesse-Kassel, naceu o 24 de decembro de 1845 en Copenhaguen. Os seus pais déronlle o nome de Wilhelm, pero ao ser elixido para ocupar o trono de Grecia tomou o nome de Xurxo I dos helenos. Casou en San Petersburgo en 1867 coa gran duquesa Olga Constantinovna de Rusia. Deste matrimonio naceron:
- Constantino I de Grecia
- O príncipe Andreas de Grecia e Dinamarca, pai do duque Filipe de Edimburgo, marido da raíña Isabel II de Inglaterra
Morreu asasinado en Salónica o 18 de marzo de 1913. Está enterrado no palacio de Tatoi.