See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Letonia - Latvija - Wikipedia

Letonia - Latvija

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Latvijas Republika
República de Letonia
Bandeira de Letonia - Latvija Escudo de Letonia - Latvija
Bandeira Escudo
Lema: Tēvzemei un brīvībai
(en letón "Patria e Liberdade")
Himno nacional: Dievs, Sveti Latviju!
 
 
Capital
 • Poboación
Riga
727.578 (2006)
Cidade máis poboada Riga
Linguas oficiais n/d
Forma de goberno Democracia parlamentaria
Presidente
Primeiro Ministro
Valdis Zatlers
Ivars Godmanis
Independencia

18 de novembro de 1918
11 de agosto de 1920
17 de xuño de 1940
Da Unión Soviética
4 de maio de 1990
21 de agosto de 1991
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 139º
64.589 km2
1,5%
n/d km
538 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 104º
2.307.000
36 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 85º
US$ 19.621 millóns
US$ 8.550 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 94º
US$ 35.684 millóns
US$ 15.549 (2006)
IDH (2007) 0,855 (45º) – Alto
Moeda lat (lat) (LVL)
Xentilicio Letón
Fuso horario EET (UTC+2)
Dominio de Internet .lv
Prefixo telefónico +371
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 428 / LVA / LV
Membro de: UE, OTAN, ONU, OSCE
Tódolos países do mundo

Letonia é un país do norte de Europa, limita ao norte con Estonia, ao leste con Rusia e con Bielorusia, ao sur coa Lituania, e ao oeste co Mar Báltico. Independizouse a primeira vez en 1918. Foi ocupado pola Unión Soviética en 1940 e ficou baixo dominio soviético ata 1991 cando novamente recuperou a súa independencia. O 1 de maio de 2004 pasou a integrarse á Unión Europea.

Índice

[editar] Historia

Artigo principal: Historia de Letonia.

O territorio hoxe coñecido como Letonia estivo habitado dende o 9000 a.C. Na primeira metade de 2000 a.C., as primitivas tribos bálticas chegaron ao territorio. Elas foron os ancestros do pobo letón.

Na Era Cristiá, o territorio hoxe coñecido como Letonia converteuse principalmente nunha encrucillada comercial. A famosa "rota dos Viquingos para a Grecia" mencionada en antigas crónicas partía da Escandinavia atravesando o territorio letón ao longo do río Daugava ata a antiga Rusia e o Imperio Bizantino.

Coñecida tamén como Livonia, a partir do século XIII a atual Letonia estivo baixo o dominio dos Cabaleiros Teutónicos. No século XVI converteuse en parte do reino de Polonia e Lituania. Nesta época, o luteranismo espallouse polo país. Nos séculos XVIII e XIX, Rusia fíxose co control de Letonia e as rexións veciñas. Coa devastación de Rusia pola Primeira Guerra Mundial, Letonia declarou a súa independencia o 18 de novembro de 1918.

En 1934 o país converteuse nunha república soviética, a República Socialista Soviética de Letonia, logo dun golpe de estado. O parlamento (Saiema) foi suspendido. O 17 de xuño de 1940 a Unión Soviética anexionou o país de acordo co pacto xermano-soviético (tamén coñecido como Pacto Ribbentrop-Molotov) de 1939.

Excepto por un curto período de ocupación alemá durante a Segunda Guerra Mundial, Letonia permaneceu como territorio soviético ata que as reformas da glasnost estimularon o movemento de independencia letona. O país converteuse novamente independente o 21 de agosto de 1991. Dende entón reforzou os seus lazos con Occidente e, o 1 de maio de 2004 entrou na Unión Europea e tamén na OTAN.

[editar] Política

Os 100 asentos do parlamento unicameral Letón, o Saeima, elíxense por voto directo, popular cada catro anos. O presidente elíxeo o Saeima nunha elección separada tamén cada catro anos. O presidente nomea un primeiro ministro que, xunto co seu gabinete, forma o poder executivo, o cal ten que recibir un voto de confianza do Saeima. O 20 de setembro do 2003, nun referendo nacional o 66.9% dos participantes votaron a favor da unión á Unión Europea. Letonia é membro da Unión Europea dende o 1 de maio do 2004 e da OTAN dende o 29 de marzo do mesmo ano.

[editar] Divisións administrativas

Letonia subdivídese en 26 condados (chamados rajoni en letón) e sete cidades cun estatus separado (lielpilsētas).

Mapa dos condados de Letonia.


[editar] Xeografía

Mapa das cidades de Letonia
Mapa das cidades de Letonia

Letonia limita ao norte con Estonia, ó leste con Rusia, ó sur con Bielorrusia e Lituania e ó oeste co mar Báltico. A xeografía de Letonia caracterízase pola suavidade das súas elevacións montañosas, a cantidade de bosques, lagos, regatos e ríos, que van parar ó mar Báltico e ó Golfo de Riga. A meirande parte das terras letonas son chás, e están cubertas por depósitos de terra e lama con grandes zonas ocupadas por bosques de coníferas, páramos e pantanos. A chaira de Zemgale, ó sur, ata ó límite con Lituania, contén as terras máis fértiles, polo que se lle considera o celeiro do país.

[editar] Economía

Ver artigo principal: Economía de Letonia.

A economía letona baséase principalmente na agricultura e na industria téxtil e sidometalúrxica. Actualmente, o turismo perfílase como unha importante fonte de ingresos grazas ao patrimonio histórico do país. A súa transición a unha economía de mercado está provocando certas perturbacións (10% de paro e déficit orzamentario) e sacrificios nas políticas sociais.

A moeda nacional é o lats letón (100 santami), que será sustituído polo Euro no 2011 cando Letonia se una á Eurozona xunto con Hungría, Polonia e Romanía.

A economia letona é unha das máis dinámicas dos novos socios da Unión Europea, cun incremento do 6.7% (dato revisado) no 2005 e agárdase un crecemento do 7% para o 2006.

[editar] Relixión

O cristianismo é a relixión principal no país, maioritariamente pertencentes á Igrexa Luterana con 450.000 fieis en 293 congregacións , á Igrexa Católica con 400.000 fieis en tres dioceses e á Igrexa Ortodoxa Letona (igrexa semiautónoma baixo a xurisdicción do Patriarcado de Moscova) maoritaria entre a minoría rusa. Da numerosa poboación de relixión xudía que había no país antes da Segunda Guerra Mundial tan só quedan 9.743. Outra relixión é a Dievturi (Os gardas de Deus), a cal ten a súa base histórica na era mitolóxica precristiá, pero que ten escasos membros, uns 600. A maioría da poboación non pertence a ningunha confesión relixiosa.

[editar] Demografía

Composición étnica de Letonia
letóns
  
58.9%
rusos
  
29.6%
bielorrusos
  
4.1%
ucraínos
  
2.7%
outros
  
4.7%


Letonia contaba cunha poboación de 2.306.306 habitantes en xullo do 2004, segundo estimacións do The World Factbook . A poboación de orixe letón representa pouco máis da metade dos habitantes do país e é minoría na súa capital Riga. Outros importantes comunidades son as de orixe rusa (28,8%), bielorruso, ucraíno, lituano e polaco. Co obxectivo de evitar tensións entre as diferentes nacionalidades, en 1998 os letóns votaron a favor de facilitar a obtención da nacionalidade. O crecemento da poboación é o máis baixo do mundo (-1,5% anual).

[editar] Cultura

Neno letón coa bandeira do país
Neno letón coa bandeira do país

País europeo do leste, Letonia é máis coñecida, no campo cultural, polos intérpretes e compositores de música erudita, como é o caso de Gidon Kremer e varios cantantes de ópera, para alén dos seus Coros, premiados internacionalmente. As Latvju Dainas, cancións populares, copiladas por Baróns e Smits xa no século XX, son tamén motivo de orgullo nacional.

A produción poética é extensa.

A epopeia "O Matador de Osos" (Lacplesis) de Andrejs Pumpurs é un símbolo nacional.

A cultura letona está moi marcada pola relación coa natureza. Marca diso mesmo é o feito de n dos seus eventos máis coñecidos, o Ligo (pronúnciese ligua), celebrándose na noite máis curta do ano, ó igual cá nosa noite de San Xoan. Celébrase de modo grupal, entre bailes e cancións, practicando algún deporte curioso (como guindar un facho a unha especie de caldeiro posto enriba dun mastro) ata o momento do solpor (no que os participantes entoan cancións tradicionais) e cando é o mencer, no que cantan o "Riita Saaule) ata que o sol está enteiro sobre o horizonte. O respecto polo ambiente é visíbel no cariño con que as cegoñas son tratadas neste país.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Referencias

[editar] Ligazóns externas

[editar] Goberno

[editar] Outros


Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -