See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Nova Celandia - New Zealand - Wikipedia

Nova Celandia - New Zealand

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

New Zealand
Aotearoa
Nova Celandia
Bandeira de Nova Celandia Escudo de Nova Celandia
Bandeira Escudo
Lema: non ten 1
Himno nacional: God Defend New Zealand (Deus defenda á Nova Celandia) 2
 
 
Capital
 • Poboación
Wellington
4.163.500 (2006)
Cidade máis poboada Auckland
Linguas oficiais inglés, maorí
Forma de goberno
Xefe de Estado
Gobernador Xeral
Primeira Ministra
Isabel II
Anand Satyanand
Helen Clark
Independencia
do Reino Unido
26 de setembro de 1907
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 73º
268.680 km2
2,1
non ten km
15.134 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 119º
4.072.000 (2004)
n/d
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 57º
US$ 101.582 millóns
US$ 24.805
IDH n/d
Moeda dólar neozelandés (NZD)
Xentilicio neozelandés, neozelandesa
Fuso horario PST (UTC+12) 3
Dominio de Internet .nz
Prefixo telefónico +64
Prefixo radiofónico ZKA-ZMZ
Código ISO 554 / NZL / NZ
Membro de: APEC, Commonwealth, OCDE, ONU

1 Antigamente era onward (inglés: para adiante)
2 God Save the Queen (Deus salve á raíña) tambén é oficial, pero é raramente empregado
3 Agás nas Illas Chatham, onde é tres cuartos de hora máis: UTC +12.45, UTC +13.45 no verán

Tódolos países do mundo

Nova Celandia é un país situado no Océano Pacífico sur, ó leste de Australia, composto por dúas illas principais e unha manchea de pequenas illas. A capital é Wellington. A poboación é de orixe europea e aborixes maorís, que denominan ao país Aotearoa.
De Nova Celandia dependen as Illas Cook e Niue e administra Tokelau e a Dependencia de Ross. Pola súa ubicación, pode considerarse que está na antípoda de Galiza.

Índice

[editar] Xeografía

Nova Celandia está relativamente illada xeograficamente, o seu veciño máis próximo, Australia, sitúase a 2.000 km ao noroeste. O clima é temperado e húmido, a temperatura promedio é de 12º C. O extremo norte ten un clima subtropical mentres que no sur o inverno é rigoroso. Nova Celandia está formada por dúas illas maiores, a Illa Norte (Te-Ika-a-Maui) en maorí e a Illa Sur (Te Wai Pounamu) e algunhas illas menores.

As illas principais atópanse entre as maiores do mundo e a suma da área total que ocupan é de 268.680 km2. De norte a sur este país esténdese por 2.000 km aproximadamente e está situado a 1.600 km ao sueste de Australia. A illa Norte atópase separada da Sur polo estreito de Cook e numerosos illotes.

Estas illas formaban parte do supercontinente de Gondwana fai uns 85 millóns de anos, época na cal pola deriva continental comezaron a separarse do bloque que conformaban con Australia.

A Illa Sur é a maior e atópase dividida de nordés a suroeste polos Alpes Meridionais (ou Alpes Neocelandeses), coa súa maior altura no Monte Cook de 3.754 metros. Hai 18 picos de máis de 3.000 metros nesta illa. A Illa Norte é menos montañosa, pero contén volcáns. O pico máis alto desta illa é o Monte Ruapehu de 2.797 metros, o cal é un volcán activo. Os Alpes Neocelandeses aínda están nun proceso de elevación posuíndo xeos eternos nos seus cumes e numerosos glaciares que desembocan en lagos pola vertente oriental ou en fiordos pola vertente occidental.

As outras illas teñen menos área e poboación. As máis importantes son:


Ademais de volcáns, na illa Norte hai abundantes, grutas, augas termais e géiseres, así como un gran lago (o Taupo) que ocupa a gran caldeira dun volcán extinto.

O clima é tépedo e húmido, cunha temperatura media de 12 ºC. O extremo norte ten un clima subtropical mentres que o inverno do sur adoita ser rigoroso. Wellington é coñecida polos seus días ventosos.


Entre as cidades principais atópanse:

  • Auckland
  • Wellington
  • Christchurch
  • Whangarei
  • Hamilton
  • Tauranga
  • Rotorua
  • Gisborne
  • Napier
  • Hastings
  • Nova Plymouth
  • Wanganui
  • Palmerston North
  • Nelson
  • Timaru
  • Dunedin
  • Invercargill.
Vista de Wellington
Vista de Wellington

[editar] Subdivisións

Ver artigo principal: [[Subdivisións de Nova Celandia]].

Está subdividida en 16 rexións:

  • Auckland
  • Bay of Plenty
  • Canterbury
  • Gisborne
  • Hawke's Bay
  • Manawatu-Wanganui
  • Marlborough
  • Nelson
  • Northland
  • Otago
  • Southland
  • Taranaki
  • Tasman
  • Waikato
  • Wellington
  • West Coast

[editar] Historia

O territorio de Nova Celandia é un dos últimos lugares en ser habitado. Probablemente os maoríes chegaron entre os anos 500 e 1300 adC, substituíndo aos nativos Moriori. Os primeiros europeos en chegar á rexión fixérono na probable viaxe de Juan Jufré e de Juan Fernández á Oceanía, ocasión na cal descubrirían Nova Celandia para España, a fins de 1576; este suceso baséase nun documento que se presentou a Felipe II e en vestixios arqueolóxicos (cascos estilo español) atopados en covas no extremo superior da Illa Norte. Pero máis famoso é a viaxe do neerlandés [[Abel Janszoon Tasman quen navegou polas costas da Illa Sur e Illa Norte en 1642. Os holandeses chamaron ás illas Staaten Land (Terra dos Estados) aínda a inicios do século XXI uns 100.000 neozelandeses teñen orixes neerlandeses; máis tarde recibiu o nome de Nova Celandia. En 1769 James Cook realizou varios recoñecementos destas illas. Isto encabezou expedicións de baleeiros europeos e o seu consecuente colonización.

Firma do tratado de Waitangi, 1840
Firma do tratado de Waitangi, 1840

Nova Celandia converteuse en colonia británica co Tratado de Waitangi de 1840, baixo promesas que non foron totalmente cumpridas. Ata o día de hoxe, este tratado está sendo discutido e permanece como a orixe de divisións e resentimentos para moitos, en 1861 o descubrimento de praceres auríferos en territorios que o tratado aceptaba como maoríes significou un novo ataque aos dereitos dos aboríxenes quen responderon cunha heroica resistencia chamada Guerra Maorí .

En 1893 Nova Celandia converteuse no primeiro país do mundo en outorgar o sufraxio feminino sen restricións, grazas ao movemento liderado por Kate Sheppard, aínda que ás mulleres só permitíaselles votar pero non presentarse a eleccións. As papeletas femininas de votación adoptáronse apenas semanas antes das eleccións xerais. Máis recentemente, desde 1919, as neocelandesas tiveron o dereito a ser elixidas para un cargo político. Actualmente a gobernadora xeral, a primeira ministra e a xefa estranxeira de Estado son mulleres.

Este país transformouse nun dominio independente o 26 de setembro de 1907 por unha proclamación real. A independencia foi cedida polo Parlamento do Reino Unido co Estatuto de Westminster en 1931 e foi adoptado polo Parlamento de Nova Celandia en 1947. Desde entón, é un estado independente que pertence á Mancomunidade Británica de Nacións ou Commonwealth.

[editar] Economía

Ver artigo principal: Economía de Nova Celandia.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Xeografía en progreso: Este artigo de xeografía é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.



Países do mundo | Oceanía
Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Nauru | Nova Celandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Quiribati | Timor Leste | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu
Países con parte do seu territorio en Oceanía

Estados Unidos | Chile | Indonesia

Países semiautónomos e estados libres asociados

Niue | Toquelau

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -