See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Exipto - مصر - Wikipedia

Exipto - مصر

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

جمهوريّة مصرالعربيّة
Jumhuriyat Misr al-Arabiyah
República Árabe do Exipto
Bandeira do Exipto
(Imaxe Ampliada)
Imaxe:LocationEgypt.png
Lingua oficial Árabe
Capital Cairo
Maior cidade Cairo
Presidente Hosni Mubarak
Primeiro-ministro Atef Ebeid
Área
- Total
- % auga
29º
1,001,450 km²
0.6%
Poboación


- Censo (1996)
- Estimativa (2001)
- Total (2002)
- Densidade

15º


59.312.914
66.562.000
70.712.345
71/km²

Independencia


- data

do Reino Unido


28 de Febreiro, 1922

Moeda libra exipcia(EGP)
Fuso horario UTC +2 (EET)
Hino nacional Bilady, Bilady, Bilady
TLD (Internet) .EG
Código telefónico 20


Pirámides. Francis Frith, 1859


Exipto é un estado situado no noreste de África e unha pequena parte no continente asiático, (a península do Sinaí). Limita ó norte co Mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur con Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, exceptuando o val do Nilo.

A capital é a cidade de Cairo, unha das máis populosas de África.

Índice

[editar] Historia

Ver artigo principal: Historia do Exipto.

[editar] Política

Ver artigo principal: Política do Exipto.

O Exipto é unha república unitaria e presidencialista cuxo presidente, como xefe de Estado e comandante supremo das forzas armadas do país, representa ao poder executivo elixido mediante plebiscito popular para un período de seis anos, podendo ser elixido unha única vez. Hosni Mubarak é presidente desde 14 de Outubro de 1981. O Exipto foi o primeiro país árabe en establecer a paz con Israel despois da asinatura dos acordos de Camp David.

Mapa de Exipto.
Mapa de Exipto.
  • Nome oficial: República Árabe de Exipto
  • Sistema legal: baseado na Constitución de 1971.
  • Lexislación nacional: sistema unicámaral (Majlis Ao-Shaab ou asemblea do pobo).
  • Sistema electoral: sufraxio universal directo.
  • Xefe do Estado: o presidente, nomeado por maioría de dous terzos da asemblea e elixido por referendo.
  • O goberno nacional: consello de ministros, presidido polo primeiro ministro.
  • Principais partidos políticos: o partido Nacional Demócrata, o partido Socialista Laboral, o partido Socialista Liberal, New Wafd, o partido Nacional Progresista Unionista.

Aínda que aparentemente o poder organízase baixo un sistema multipartidista, na práctica por máis de cincuenta anos o presidente elixiuse en eleccións cun só candidato. Exipto tamén celebra eleccións parlamentarias multipartidistas de xeito regular. En febreiro de 2005 o presidente Hosni Mubarak anunciou a reforma da lei para a elección presidencial, de maneira que nas eleccións de 2010 haberá varios candidatos, por primeira vez desde 1952 e limítase o mandato a sete anos con só dúas lexislaturas.

[editar] Subdivisións

Ver artigo principal: Subdivisións do Exipto.

Exipto está dividido en 27 gobernaciones ou provincias (muhafazah; en singular muhafazat).

En orde alfabética son:

Mapa das gobernaturas exipcias.
Mapa das gobernaturas exipcias.
Gobernación Capital Localización Gobernación Capital Localización
Alexandría (6) Alexandría Delta Luxor (13) Luxor Alto Exipto
Asiut (18) Asiut Alto Exipto Matrú (24) Marsá Matrú Oeste
Asuán (17) Asuán Alto Exipto Mar Vermello (2) Hurgada Mar Vermello
Behera (3) Damanhur Delta Menia (10) Menia Delta
Beni Suef (19) Beni Suef Alto Exipto Menufia (9) Shibin o-Kom Delta
Caliubia (12) Banha Baixo Exipto Novo Val (14) Jarga Oeste
Dakahlia (1) Mansura Baixo Exipto Porto Saíd (20) Porto Saíd Canle
Damieta (21) Damieta Delta Quina (25) Quina Alto Exipto
O Cairo (11) O Cairo Centro Sharkia (15) Zaqaziq Baixo Exipto
Fayún (4) Fayún Alto Egpto Sinaí do Norte (26) O Arish Sinaí
Gharbia (5) Tanta Baixo Exipto Sinaí do Sur (22) O-Tor Sinaí
Guiza (8) Giza Alto Exipto Suez (16) Suez Canle
Ismailia (7) Ismailia Canle Suhag (27) Suhag Alto Exipto
Kafr el Sheij (23) Kafr el Sheij Baixo Exipto

[editar] Xeografía

Ver artigo principal: Xeografía do Exipto.

O río pricipal é o Nilo, que atravesa o país correndo do sur ó norte, desmbocando na delta do Nilo sobre o Mar Mediterráneo. Un dos brazos do delta chega á milenaria cidade de Alexandría, fundada por Alexandre Magno.

Alén da capital, Cairo, as outras cidades importantes do Exipto son Alexandría, al-Mansurah, Asuán, Asyut, El-Mahalla El-Kubra, Gizé, Hurghada, Luxor, Kom Ombo, Port Safaga, Porto Said, Sharn el Sheikh, Shubra-El-Khema, Suez e Zagazig.

O Exipto inclui partes do deserto do Sahara e do deserto Libio, onde existen alguns oasis, como o oasis de Bahariya, o de Dakhleh, o de Farafra, o de Kharga e o de Siwa.

O Exipto fai fronteira coa Libia a oeste, o Sudán ao sur e Israel a nordés. O país controla o canle de Suez, que liga o Mediterráneo ao mar Vermello.

O papel importante que Exipto desempeña na xeopolítica vén da súa posición estratéxica como ponte terrestre entre a África e mais Asia e como ponto de pasaxe entre o Mediterráneo e o océano Índico.

[editar] Economía

Ver artigo principal: Economía do Exipto.

O Exipto ten un PIB de aproximadamente 200.000 millóns de dólares, segundo o método Paridade de Poder de Compra (PPP). A riqueza de Exipto, desde a máis remota antigüidade, baséase na agricultura, e os campos fertilizábanse co limo das crecidas anuais do Nilo. As reformas agrícolas de 1952 e 1961 e a construción da presa de Asuán, provocaron unha revolución agrícola que aumentou a produción, pero trouxo múltiples problemas: Ao abonarse con produtos químicos e non polas crecidas do río, estase afectando o equilibrio biolóxico da zona, producíndose unha salinización do chan e aparecendo novos parásitos. O cultivo de maior importancia é o algodón.

Exipto é predominantemente un país agrícola, pois ao redor de 40 por cento da forza laboral dedícanse aos cultivos agrícolas ou gandeiros. A economía de Exipto se socializoú tras a promulgación dunha serie de leis a comezos de 1961. O patrón de propiedade da terra foi moi alterado polo Decreto de Reforma Agraria de 1952, que limitaba as explotacións individuais a unhas 80 hectáreas, cifra revisada en 1961 a preto de 40 hectáreas, e revisada de novo a unhas 20 hectáreas en 1969.

As terras requisadas polo goberno distribuíronse entre os campesiños (fellahin), pero segue habendo grandes diferenzas económicas entre a clase media e os agricultores. Os programas gobernamentais ampliaron as zonas de cultivo mediante a rexeneración, o regadío (sobre todo desde a terminación da presa de Asuán, en 1970), e a utilización de tecnoloxía avanzada, como equipos mecanizados e fertilizante químicos.

O rendemento das terras agrícolas de Exipto están entre as máis altas do mundo. Exipto é un dos principais produtores mundiais de produtos básicos de algodón; a produción anual de fibra de algodón era dunhas 300.000 toneladas métricas, a principios de 1990. O clima cálido e a abundancia de auga permiten ata tres colleitas ao ano, dando abundantes colleitas agrícolas. Nos anos 1990 o valor estimado anual de produción en millóns de toneladas métricas, como arroz (3,9), tomates (4,7), trigo (4,6), millo (5,2), cana de azucre (3,1), patacas (1,8), e laranxas (1,7). Tamén se cultiva unha ampla variedade doutras froitas e hortalizas.

A principal industria gandeira de Exipto é a cría de animais de carga. O gando a principios do decenio de 1990 incluía uns 3 millóns de cabezas de gando vacún, 3 millóns de búfalos, 4,4 millóns de ovellas, 4,8 millóns de cabras, 1,6 millóns de asnos, e 40 millóns de aves de curral.

Exipto posúe importantes xacementos de petróleo e gas, pero a industria máis explotada é o turismo, xa que as pirámides e reliquias desta civilización milenaria atraen a moitas persoas todos os anos. É unha das economías máis estables da rexión, cun PIB por habitante de 4.274 dólares (datos de OMS para 2004).

Libra exipcia.
Libra exipcia.

A unidade monetaria é a libra exipcia, que se divide en 100 piastras; circula cos seguintes valores:

  • Billetes en libras: 100, 50, 20, 10, 5 e 1.
  • Billetes en piastras: 50, 25, 10 e 5.
  • Moedas en piastras: 10, 5, 1 e 1/2.

Cambio oficial:

  • 1 dólar estadounidense: 5,75 libras exipcias (2006).
  • 1 euro: 7,5 libras exipcias (2006).

Durante os últimos 40 anos, o goberno exipcio adoptou estratexias que van dunha economía de orde soviética a unha economía de mercado, con varias variantes entre ambas, predominando para rematar as tendencias socialistas moderadas intentado facer prosperar ao país. Hai un sector público forte cuxa ineficacia intenta combater o Goberno.

As industrias máis produtivas son téxtil, fertilizantes e produtos de caucho e cemento. Hai algo de industria pesada e varias plantas de ensamblaje de automóbiles.

Os socios comerciais principais do país son EE.UU e algúns dos países da Unión Europea (Alemaña, Francia, Italia e o Reino Unido). Os cambios radicais no anterior bloque soviético, que era o mercado principal de Exipto, tiveron un gran impacto na economía, aínda que despois o país converteuse no segundo país en recibir axuda de EE.UU., tras Israel; entre 1994 e o 2004 Exipto recibiu uns 2000 millóns de USD por ano de axuda de EE.UU Exipto tiña en 1990 serios desequilibrios económicos tanto internos como externos: unha estrutura industrial organizada por Nasser de titularidade pública, sobredimensionada, obsoleta e de moi baixa produtividade. Un sector agrario rígidamente controlado polo estado con prezos intervidos e deficitarios. Para rematar, un sector exterior deficitario e baseado nas exportacións de produtos enerxéticos, as remesas de emigrantes, os ingresos da canle de Suez e o turismo, todo iso sostivera o desenvolvemento na década de 1970, pero era sensible ao novo terrorismo dos integristas islámicos.

Así mesmo, o déficit público era practicamente insostible e xerador de inflación e o país apenas podía facer fronte á situación xurdida tras a explosión da crise da débeda nos anos oitenta, que tan seriamente afectou a case todos os países en vías de desenvolvemento.

En 1991, o goberno elaborou un programa e propuxo varias medidas:

  • Privatizar 314 empresas públicas.
  • Mellorar a agricultura, que xera ao redor do 20% de Produto Nacional Bruto, cun ambicioso proxecto: o Canle de Toshka, inaugurado en xaneiro de 1997, cuxa finalidade é facer un delta alternativo e paralelo ao val do Nilo que recuperará terras do deserto.
  • Crear proxectos industriais, mineiros e turísticos así como novos asentamentos en Toshka para reducir a densidade de poboación das ribeiras do Nilo.

[editar] Demografía

Ver artigo principal: Demografía do Exipto.

[editar] Cultura

Ver artigo principal: Cultura do Exipto.

Ver tamén os artigos sobre literatura exipcia e literatura copta.

Feriados
Data Nome en galego Nome local Observacións

[editar] Véxase tamén


Países do mundo | África
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia
Outros territorios

Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -