See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Camerún - Cameroun - Wikipedia

Camerún - Cameroun

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

République du Cameroun
Republic of Cameroon
(Imaxe Ampliada) (Imaxe ampliada)
Lema: Paix, Travail, Patrie
Peace, Work, Fatherland
(Francés e Inglés:
Paz, Traballo, Pátria)
Imaxe:LocationCameroon.png
Linguas oficiais Inglés, e Francés
Capital Yaoundé
Maior cidade Douala
Presidente Paul Biya
Primeiro-ministro Peter Mafnay Musonxe
Área
- Total
- % auga
52º
475,440 km²
1.3%
Poboación


- Total (2003)
- Densidade

60º


15,746,179
34/km²

Independencia
- Data
da Francia
1 de xaneiro de 1960
Moeda Franco CFA (XAF)
Fuso horario UTC+1
Hino nacional Chant de Ralliement (Cántico de reunión)
TLD (Internet) .cm
Código telefónico 237

Camerún é un país africano, limitado a oeste e a norte pola Nixeria, a leste polo Chad e pola República Centroafricana, a sur polo Congo, polo Gabón e por Mbini (Guinea Ecuatorial) e a leste polo Golfo da Guinea, através do cal fai fronteira coa Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. Capital: Yaoundé.


Índice

[editar] Historia

Ver artigo principal: Historia do Camerún.

Os primeiros habitantes do que hoxe é Camerún foron os baka, un pobo pigmeo que logo da migración bantú quedou reducido aos lugares máis inaccesibles. Os portugueses chegaron á costa camerunesa a fins do século XV e comezos do XVI, a malaria non permitiu que estableceran asentamentos permanentes. Os primeiros asentamentos estables europeos datan de finais da década de 1870, cando o uso da quinina fixo posible combater a malaria. No inicio, os europeos estaban sobre todo interesados en comerciar, o que facian na zona costeira, e adquirir escravos. O comercio de escravos foi reprimido a mediados do século XIX, ainda no remate dese século instálaronse no Camerún misións cristás, as cais continuan a desempeñar un papel na vida do país.

O 5 de xullo do 1884 a totalidade do territorio camerunés e alguns territorios viciños tornaronse a colonia alemá de Kamerun, coa capital situada primeiramente en Buea e despois en Yaoundé. Despois do final da Primeira Guerra Mundial, o Reino Unido e a Francia dividiron esta colonia, cabendo á Francia a maior área, sendo as zonas máis distantes transferidas para o dominio doutras colonias francesas, e gobernando o restante a partir de Yaoundé.

O Camerún francés acadou a independencia no 1960 baixo a denominación de República do Camerún. Ao ano seguinte, a maioría musulmana do norte, que dominaba dous terzos do Camerún britanico, votou pola adhesón á Nixeria, en canto que no sur a maioría cristiá, votou de forma que o outro terzo do Camerún britanico se adherise á República do Camerún, formando a República Federal do Camerún.

[editar] Goberno e política

Ver artigo principal: Goberno e política de Camerún.
O presidente Paul Biya.
O presidente Paul Biya.

Goberna desde 1982 Paul Biya da Alianza Democrática Popular (APDC). A APDC tamén obtivo o control do Parlamento en 1992 e Bija foi reelixido ese ano e en 1997. O principal grupo de oposición, o Fronte Socialdemócrata, cuestionou o resultado deses comicios. En 1997, o seu candidato, John Ndi, rexeitou a vitoria de Bija.

[editar] Organización político-administrativa

Ver artigo principal: Organización territorial de Camerún.

O Camerún dividense en dez provincias, respectivamente:

Provincias

1 Adamaoua 2 Centro 3 Este 4 Extremo-Norte 5 Litoral 6 Norte 7 Norte-Oeste 8 Oeste 9 Sur 10 Sur-Oeste. ||

A maior parte desta provincias foron definidas na década de 1960. As provincias Centre e Sud surxe da ruptura da provincia Centre-Sud en 1983, no mesmo ano, Adamaoua e Extreme-Nord surxe debido á escisión da provincia Nord.

[editar] Xeografía

Ver artigo principal: Xeografía de Camerún.
Mapa de Camerún.
Mapa de Camerún.

Camerún atópase situado no golfo de Guinea.

Limita ao norte e ao oeste con Nixeria, ao sur con Gabón e Guinea Ecuatorial, ao leste coa República Centroafricana e Chad. Ao oeste limita co océano Atlántico.

No país distínguense varias rexións. Unha delas é a rexión litoral que vai desde a costa fronteiriza con Nixeria ata a fronteiriza con Guinea Ecuatorial. A cidade máis importante da costa de Camerún é Buea. Posteriormente a altura do país vaise elevando gradualmente: así, Douala atópase case ao nivel do mar, no estuario do río Wouri e Yaoundé atópase situada xa a uns 700 metros sobre o nivel do mar. Pasado Yaoundé atópase un macizo montañoso que separa esta zona do país da do norte. A cidade máis importante desta zona montañosa é Tibesti. O norte o territorio é máis chairo. As cidades máis importantes do norte de Camerún son Garoua e Maroua. No extremo norte do país atópase unha porción do lago Chad. No sur e o sueste o territorio convértese en selva, a cal vaise facendo máis espesa a medida que nos achegamos á fronteira co Congo. Na meseta oeste, na fronteira con Nixeria, atópase a zona anglófona do país, cuxa cidade máis importante é Bamenda.

[editar] Economía

Ver artigo principal: Economía de Camerún.

Ten reservas petroleiras que son explotadas moderadamente por empresas francesas e norteamericanas. Os principais produtos agrícolas son cacao, café e bananas pero a agricultura está moito máis diversificada ao momento de que o país se autoabastece de alimentos. Tamén hai explotación forestal.

A Unión Europea é o principal socio comercial de Camerún.De feito, o termo socio quizá non sexa o máis adecuado. En países como Camerún e Tanzania a explotación da xente autóctona e dos recursos naturais da súa terra por parte das multinacionais europeas ou americanas establecidas alí en forma de planta extractora de cru (por pór un exemplo) está cumpridamente documentada. Para máis información e crecemento persoal: O pesadelo de Darwin (película- documental de Hubert Sauper).

[editar] Demografía

Casas obús do norte de Camerún.
Casas obús do norte de Camerún.
Ver artigo principal: Demografía de Camerún.

Ao ano 2007, Camerún ten unha poboación de 18.000.000 habitantes. O 99% é negra e o restante 1% é branca (europeos ou descendentes). Os dous idiomas oficiais son o inglés e o francés. A esperanza de vida é de 52 anos. A media de fillos por muller é de 4,49. O 79% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 7% da poboación está infectada co virus de VIH (Sida) ou HIV (en ínguas).

[editar] Cultura e educación

Ver artigo principal: Cultura de Camerún.

En educación, existiron dous sistemas, un en inglés e o outro en francés logo da independencia. O sistema do Camerún do Leste foi baseado no modelo francés, Camerún do Oeste uso o modelo británico. Os dous sistemas foron combinados no ano 1976. As escolas cristiás e misioneiras foron unha parte importante do sistema educativo. Nas áreas meridionais do país case todos os nenos da idade de educación primaria asisten á escola. Con todo, no norte, sempre foi unha parte illada do Camerún, o absentismo escolar é alto. A maioría dos estudantes en Camerún non chega máis aló do nivel primario.

O país conta con tres universidades: Universidade de Yaoundé I, Universidade de Yaoundé II (con campus fóra da cidade), e a Universidade Católica para África Central (UCAC).

Feriados
Data Nome en galego Nome local Observacións


[editar] Deportes

  • Camerún - Cameroun nos Xogos Olímpicos
  • Selección de fútbol de Camerún - Cameroun

A mellor participación de Camerún nos Xogos Olímpicos foi en Atenas 2004. A Selección de fútbol gañou a medalla de ouro nas xustas.

Outros logros destacados da selección de fútbol de Camerún foi ser o primeiro equipo africano en chegar aos cuartos de final, na Copa Mundial de Fútbol de 1990. Desde ese entón o equipo ten o alcume de "Os Leóns Indomables".


[editar] Tópicos diversos

[editar] Links Externos

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Países do mundo | África
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia
Outros territorios

Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión



aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -