Uganda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Republic of Uganda República de Uganda |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Uganda é un país africano, limitado a norte polo Sudán, ao leste por Quenia, a sur pola Tanzania e por Ruanda e a oeste pola República Democrática do Congo. Capital: Kampala.
Índice |
[editar] Historia
Os primeiros habitantes coñecidos foron poboacións cazadoras colleitadoras. Hai 1500 ou 2000 anos comezaron a se asentar no territorio da actual Uganda poboacións de lingua bantú que viñan probablemente do centro e o oeste do continente e que se asentaron preferentemente no sur. O Imperio de Kitara do século XIV e XV representa a máis antiga forma de organización formal, seguida polo reino de Bunyoro-Kitara, e máis tarde o de Buganda e Ankole.
Poboación nilótica, como os luo e ateker entraron na área desde o norte, probablmente arredor do 120 d.C. Asentáronse sobre todo no norte e leste. Esta área foi, en 1888, concedida á Compañía Británica da África Oriental e, en 1894, o reino do Buganda tornouse un protectorado do Reino Unido.
Despois de varias manobras por parte dos britanicos, realizaronse eleccións a 1 de marzo de 1961 e Benedicto Kiwanuka tornouse “Ministro-Xefe” de Uganda, ainda como unha commonwealth e tornouse independente o 9 de outubro de 1962. Nos anos seguintes, verificouse unha loita política entre os apoiantes dun estado centralizado, en vez da federación vixente baseada nos reinos. Como resultado, en Febreiro de 1966, o entón Primeiro Ministro Milton Obote suspendeu a constitución, asumiu todos os poderes e despois o de Presidente e Vice-Presidente. En Setembro de 1967, unha nova constitución proclamou Uganda como unha república, deu ao presidente poderes adicionais e aboliu os reinos tradicionais.
En 1971, Idí Amín tomou o poder nun golpe de estado e dirixiu o país como un ditador durante case unha década, expulsou os residentes de orixe indio e promoveu o asasinato dun número estimado en cerca de 300 000 cidadáns. O seu rexime terminou coa invasón dun exército de rebeldes, apoiados pola Tanzania no 1979.
Despois deste contra-golpe, o Frente Nacional de Liberación de Uganda formou un goberno interino, con Yusuf Lule como presidente, que adoptou un sistema ministerial de administración e criou un órgao cuasi-parlamentario, a Comisión Consultiva Nacional (NCC), mas este órgao e o gabinete de Lule tiñan visións políticas diferentes e, en Xuño de 1979, o NCC substituiu a Lule por Godfrey Binaisa. A disputa continuou sobre os poderes do presidente interino, Binaisa foi afastado en Maio de 1980 e o Uganda pasou a ser gobernado por unha comissón militar dirixida por Paulo Muwanga. En Decembro de 1980, foron realizadas eleccións, que levaron de novo á presidencia a Obote que, era vice-presidente de Muwanga. No período que se seguiu, as forzas de seguridade estableceron un dos piores records de direitos humanos do mundo. Nos seus esforzos para terminar cunha rebelión liderada por Yoweri Museveni e o seu Exército de Resistencia Nacional (“National Resistance Army” ou NRA), eles praticamente destruiron unha parte substancial do país, especialmente na área de Luwero, a norte de Kampala.
O 27 de xullo de 1985, unha brigada do exército, composta por “Acholi” (unha das etnias do Uganda) e comandada polo Tenente-Xeneral Basilio Olara Okello, tomou Kampala e proclamou novamente un goberno militar. Obote exilouse na Zambia e o novo rexime, dirixido polo anterior comandante das forzas de defensa, o Xeneral Tito Okello (que non era parente de Olara-Okello), iniciou negociacións con Museveni, prometendo mellorar o respeito dos direitos humanos, acabar cos conflitos entre tribos e organizar eleccións libres e xustas. Mentres tanto, as masacres continuaron unha vez que Okello tentaba destruir o NRA e seus apoiantes.
A pesar de negociacións en Nairobi, baixo a mediación do Presidente queniano Daniel Arap Moi, e de teren chegado a un acordo de cesar-fogo, o NRA continuou a loitar e, en Xaneiro do 1986, capturou Kampala, forzando ás forzas de Okello a fuxiren para o Sudán e colocando a Museveni como presidente. Este acabou cos abusos aos dereitos humanos, iniciou unha política de liberalización e de liberdade de prensa e estableceu acordos co Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial e con vários países.
Museveni foi democraticamente eleito en 1996, cando concorreu contra Paul Ssemoxere, líder do Partido Democrático, tendo gaño o 75% dos votos.
[editar] Política
[editar] Demografia
Uganda ten preto de 24 millóns de habitantes, vivendo principalmente á beira dos Grandes Lagos Africanos que este país partilla. Tén listadas 39 linguas africanas, dos grupos bantu e nilóticas, entre as cais, a mais falada (por cerca de 16% da poboación, de acordo co Ethnologue – Languages of Uganda) é a lingua “ganda” ou luGanda, relativa ao principal grupo étnico deste país, os buGanda. Outras linguas faladas pelos residentes no Uganda són o ingles (lingua oficial), o kiSwahili e linguas indias.
[editar] Economía
- Ver artigo principal: Economía de Uganda.
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |