See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Fondo Monetario Internacional - Wikipedia

Fondo Monetario Internacional

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Sede do FMI, Washington
Sede do FMI, Washington

O Fondo Monetario Internacional ( en inglés International Monetary Fund, que acostuma abreviarse como FMI en galego e como IMF en inglés) é, xunto con o Banco Mundial, unha das organizacións internacionais denominadas de Bretton Woods, así ditas pola sede da Conferencia que sancionou a súa creación. O Acordo Constitutivo adquiríu eficacia en 1945 e ambas organizacións naceron en maio de 1946. Actualmente os Estados membros son 184. O FMI configúrase como unha institución especializada das Nacións Unidas. A súa sede radica en Washington, E.U.A.

A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstimos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, considerado un dos pilares da globalización económica e dos promotores do denominado Consenso de Washington (Washington Consensus: conxunto de políticas de inspiración neoliberal que se levan a cabo, nomeadamente polos Estadous Unidos de América).

Índice

[editar] Fins estatutarios do FMI

No artigo 1º do Acordo Constitutivo están definidos os obxectivos do FMI:

  • Promover a cooperación monetaria internacional,
  • Facilitar a expansión do comercio internacional,
  • Promovere a estabilidade e a orde dos rendementos dos cambios, evitando devaliacións competitivas,
  • Dar confianza aos Estados membros facendo disponíbeis, con adecuadas garantías, os recursos do Fondo para afrontar dificultades da balanza dos pagamentos,
  • En relación con o fin anterior, abreviar a duración e reducir a medida dos equilibrios das balanzas dos pagamentos dos Estados membros.

[editar] Estrutura organizativa do FMI

Os órganos principais do FMI son o Consello de Gobernadores (Board of Governors) de composición plenaria; o Consello Executivo ), composto de 24 Directores Executivos (Executive Directors) e o Director Operativo (Managing Director).
O Consello de Gobernadore reúnese, por norma, una vez al año en las súas funcións son en boa medida delegadas ao Consello Executivo, que é permanente.
Dos membros do Consello Executivo 5 son permanente e pertencen aos 5 Estados que contribúen con a maior cota ao Fondo (Estados Unidos, Xapón, Alemaña, Franza e o Reino Unido), entanto os outros son eleitos polo Consello dos Gobernadores a partir dun sistema de reagrupamentos de países (non necesariamente sobre base rexional)
O Director Operativo é elixido polo Consello Executivo e o preside.

O FMI dispón dun capital posto a disposición dos seus membros e o voto dentro dos seus órganos é ponderado, en razón da cota devengada ao Fondo. Isto fai que, para tomar as decisións máis importantes, son precisas maiorías moi altas (os 2/3 ou os 3/4 dos votos); os Estados Unidos de América e o grupo dos principais países da Unión Europea posúen de feito o poder de veto.

[editar] Diferencias entre o FMI e o Banco Mundial

Ha certas confusións entre o FMI e o Banco Mundial. O FMI está encargado dos balances comerciais dos Estados membros con auditoría independente, ademais das funcións sinaladas arriba. O Banco Mundial, fai empréstimos a longo prazo, con propósitos xerais; como banco de investimento é un intermediario entre os soilicitadores (gobernos ou países) e os prestatarios (corporacións ou individuos). O FMI só realiza empréstimos cando os seus países membros necesitan estabilizar as súas economías ou as taxas de cambio con certa rapidez, e estes empréstimos han ser pagados nun prazo de 5 anos.

[editar] Directores Administrativos

No é unha regra oficial, mais os directores administrativos do FMI acostuman ser europeos, e o presidente do Banco Mundial, norteamericano.

  • Maio 1946 - maog 1951, Camille Gutt, Bélxica
  • Agosto 1951 - outubro 1956, Ivar Rooth, Suecia
  • Decembro 1956 - maio 1963, Per Jacobsson, Suecia
  • Setembro 1963 - Setembro 1973, Pierre-Paul Schweitzer, Franza
  • Setembro 1973 - Xuño 1978, Johannes Witteveen, Holanda
  • Xuño 1978 - xaneiro 1987, Jacques de Larosière, Franza
  • Xaneiro 1987 - febreiro 2000, Michel Camdessus, Franza
  • Maio 2000 - marzo 2004, Horst Köhler, Alemaña
  • Marzo 2004 - maio 2004, Anne Krueger, Estados Unidos (non foi titular)
  • Maio 2004 - Actual Rodrigo Rato, España

[editar] Véxase tamén

Organización das Nacións Unidas Conferencia de Bretton Woods


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -