Melilla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Capital | Melilla | ||
Linguas oficials | Castelán | ||
Superficie - Total - % de España |
Posto num. 19 12 Qm² n/d |
||
Poboación - Total (2005) - % de España - Densidade |
Posto núm. 19 65.488 0,2 % 5.311 hab./Qm² |
||
Xentilicio | melillense | ||
Estatuto de Autonomía | 14 de marzo de 1995 |
||
ISO 3166-2 | ES-ML | ||
Representación parlamentaria |
1 2 |
||
Presidente | Juan José Imbroda (PP) | ||
Cidade autónoma de Melilla |
Cidade autónoma española situada no continente africano, ao norte de Marrocos. Antiga Rusadir, nome dado polos fenicios.
Índice |
[editar] Xeografía
Melilla é cidade de soberanía española, xunto con Ceuta, do norte de África.
Ubicación: Aproximada 35º17' N.- 2º56'W.
Sitúase ao NE de Marrocos, que polo tanto queda ao sudoeste. O outro límite é o Mar Mediterráneo. A distancia sitúanse cara ó oeste, Ceuta e o estreito de Xibraltar. Está situado ata 30 metros sobre o nivel do mar.
A súa superficie é de 12,33 km² aproximadamente.
Vías de acceso:
Vía aérea: Voos desde Málaga, Almería e Madrid.
Vía Marítima: Ferris desde Málaga e Almería.
Clima:
De clima mediterráneo, cálido e húmido, con ventos de poente e levante, tamén ocasionalmente vento do Sahara.
Temperatura media anual 20º C
[editar] Poboación
A cidade conta cunha poboación de 68.789 (datos: 2002) habitantes, coa taxa de natalidade máis alta de España, fronte ao índice de mortalidade que se sitúa como o máis baixo de España. O 65% da poboación é orixinaria da Península, sendo os musulmáns, os máis de orixe marroquí, un 30%. Segue en importancia a comunidade xudía cuns 1000 habitantes, seguida da poboación de orixe india que non chega ao cento de persoas, xa que na última década descendeu estrepitosamente.
Densidade 5.181 hab./km² ( Datos do 2002)
Linguas: O castelán ou español é a lingua oficial. Fálase tamén rifeño, variante do berber no norte de Marrocos, e o árabe dialectal marroquí (Melilla en árabe dise Mlilia: مليلة e en rifeño Tamlil, que significa "a branca").
Xentilicio: Melillense
[editar] Goberno e administración
A Constitución española de 1978 recoñece a Ceuta e Melilla como cidades autónomas.
Melilla, xa que logo, é unha cidade autónoma de España segundo a lei orgánica 2/1995, de 13 de marzo, de Estatuto de Autonomía de Melilla.(BOE núm 62, de 14 de marzo de 1995)
Este estatuto específico, aínda que non lle recoñece capacidade lexislativa, si que lle permite propor nas Cortes as iniciativas lexislativas que considere oportunas.
A diferencia das Comunidades Autónomas, non ten unha asemblea lexislativa autónoma propia.
Juan José Imbroda Ortíz é o Presidente da Cidade Autónoma de Melilla.
[editar] Historia
Enclave de España no Norte de África desde 1497.
[editar] Cultura
Distínguese por ser unha das poucas poboacións onde conviven catro relixións: cristiá, musulmá, xudía e hindú.
Ligazóns externas:
Página Oficial de la Ciudad Autónoma de Melilla.