See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Arxentina - Argentina - Wikipedia

Arxentina - Argentina

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

República Argentina
República Arxentina
Bandeira de Arxentina
Bandeira
Lema: "En unión e liberdade"
Himno nacional: Himno Nacional Argentino
 
 
Capital
 • Poboación
Buenos Aires
3.025.772 (Jun. 2006 est.)1
Cidade máis poboada Buenos Aires
Lingua oficial n/d
Forma de goberno Democracia Representativa, Republicana e Federal
Presidente
Vicepresidente
Néstor Kirchner
Daniel Scioli
Independencia
 • Primera Xunta
 • Declarada
de España
25 de maio de 1810
9 de xullo de 18163
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 8º
2.791.8104 km2
1,1%
9.665 km
4.989 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 31º
38.970.611 (2006 est.)1
14 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 31º
USD 212.702 mill.5
USD 5.458 (2006)5
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 19º
USD 621.070 mill.5
USD 15.937 (2006)5
IDH n/d
Moeda Peso ($, ARS)
Xentilicio arxentino, -na
Fuso horario UTC-3
Dominio de Internet .ar
Prefixo telefónico +54
Prefixo radiofónico AYA-AZZ, LOA-LWZ, L2A-L9Z
Código ISO 032 / ARG / AR
Membro de: ONU, OEA, CSN, Mercosur

1 Según datos do INDEC.
2 El guaraní é cooficial na provincia de Corrientes.
3 A Liga Federal proclamou a independencia o 29 de Xuño de 1815.
4 Corresponde á superficie continental americana que inclúe ás Illas Malvinas. Sumando á superficie continental antártica (Antártida Arxentina e as restantes illas das Illas do Atlántico Sur) de 969.464 km², a superficie total elevaríase aos 3.761.274 km² (segundo datos d Instituto Xeográfico Militar da República Arxentina).
5 Fonte: FMI.

Tódolos países do mundo

A República Arxentina é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola sua extensión, é o segundo estado de América do Sur e o oitavo en todo o mundo con 2.780.400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as Xeorxias do Sur, Sandwich do Sur e Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada por Arxentina Antártida Arxentina

O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sul con Chile e ao este con Uruguai e o oceano Atlántico.

Índice

[editar] Historia

A rexión noroeste da Arxentina formaba parte do imperio inca, chamado Tawantinsuyu, e as pampas eran dominadas por amerindios nómadas. En febreiro de 1516, o navegante español Juan Díaz de Solís pilotou a súa nave ao grande esteiro do Río da Prata e reclamou a rexión arredor no nome de España.

O territorio foi colonizado por España ao longo do século XVI e XVII; derivando o nome de Arxentina das planchas de prata (argentum en latín) que os primeiros colonos observaron en posesión dos indíxenas.

O país independizóuse de España en 1816, tralo cal producíronse desputas internas entre faccións federalistas ("federales") e centralistas ("unitarios") até a proclamación da constitución de 1853 aínda hoxe vixente coas modificacións realizadas en 1994.

A historia posterior foi marcada por conflitos internos entre conservadores-militares e liberales-civiles. Trala segunda guerra mundial, produciuse o trunfo do movimento popular peronista.

Até 1983 fóronse alternado no poder gobernos democráticos con xuntas militares cada vez máis sanguiñolentas, cuxa consecuencia máis directa, ademais das incontábeis perdas humanas, supuxeron a sangría económica do país. Desde entón producíronse eleccións democráticas que non permiron consolidar o progreso democrático do país e estiveron acompañadas de problemas económicos, que provocaron unha recesión sen precendentes a finais de 2001.

[editar] Goberno e Política

Desde a constitución de 1853 o sistema de goberno é representativo, republicano e federal. Politicamente, está dividida en provincias que gozan de autonomía. A constitución vixente na actualidade é a orixinal con algúns cambios realizados en 1994.

  • Lista de presidentes de Arxentina

[editar] Provincias de Arxentina

O territorio da república está dividido nunha Capital Federal e 23 provincias:


  • Chubut
  • Entre Ríos
  • Formosa
  • Jujuy
  • A Pampa
  • A Rioxa
  • Mendoza
  • Misiones
  • Neuquén
  • Río Negro
  • Salta
  • San Juan
  • San Luis
  • Santa Cruz
  • Santa Fe
  • Santiago del Estero
  • Tierra del Fuego
  • Tucumán

Algunhas das provincias máis importantes en canto á súa poboación e actividade económica son Santa Fe e Córdoba, situadas ao noroeste da Provincia de Buenos Aires.

[editar] Xeografía

Véxase: Xeografía de Arxentina.

Mapa de Arxentina
Mapa de Arxentina

A súa xeografía é moi variada, encontrándose maiormente chaturas (chairas) no leste, serranías no centro e montañas no oeste. Ao sur do país atópase a Patagonia, unha extensa meseta de orixe precámbrico, constantemente surcada por fortes ventos en dirección oeste-leste. O país encóntrase atravesado de sur a norte pola Cordilleira dos Andes, que marca o límite con Chile.

O pico más alto da Arxentina (e tamén de toda América) é o cerro Aconcagua, de 6950 metros. No centro do país atópase a chatura pampeana, unha das máis fértiles do mundo: a Pampa. Cara ao norte atopamos ao leste unha rexión de vexetación espesa e selvática e cara ao oeste unha rexión de meseta alta chamada o Altiplano.

[editar] Economía

Véxase: Economía de Arxentina.

[editar] Demografía

A poboación arxentina é na súa maior parte descendente de inmigrantes galegos e italianos, en menor medida tamén teñen presenza inmigrantes doutras zonas de España, xudeus, alemáns, así como tamén doutros países europeos que chegaron en ondas a fins do século XIX e inicios do XX. Hai ademais un importante continxente de inmigrantes do Medio Oriente, que se concentran nas grandes cidades. O 90% da súa poboación é de raza branca, cun 85% de descendentes de europeos (principalmente de italianos e españois). Arxentina ten relativamente poucos mestizos (persoas de orixe mixta europeo e indíxena).

Os indíxenas, cuxo número ronda actualmente os 400.000,[1] representa o 1% da total do pais.

Os mesmos conservan súas tradicións, concentrándose as súas poboacións nas provincias do norte, norleste e sur. O censo realizado en 2001 incluía unha pregunta relativa á pertenencia a pobos indíxenas co propósito de realizar con posterioridade unha enquisa complementaria para abordar en profundidade a cuestión indíxena.

Malia ser o español o único idioma oficial, estes grupos conservan os seus idiomas maternos.

A relixión oficial en Arxentina é a católica, aínda que a constitución consagra a liberdade de culto, existindo importantes comunidades xudía, islámica e protestante.

[editar] Cultura

  • Cine argentino
  • Lista de Argentinos Reconocidos
  • Música de Argentina
  • Tango


Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Aninovo Año Nuevo
marzo-abril Venres Santo Viernes Santo
2 de abril Día do Veterano de Guerra e dos Caídos na Guerra das Malvinas Día del Veterano de Guerra y de los Caídos en la Guerra de las Malvinas
8 de abril Epifanía Epifanía
1 de maio Día do Traballador Día del Trabajador
25 de maio Primeiro Governo Nacional Primer Gobierno Nacional
20 de xuño Día da Bandeira - Morte do xeneral Manuel Belgrano Día de la Bandera - Muerte del general Manuel Belgrano
9 de xullo Día da Independencia Día de la Independencia
17 de agosto Morte do xeneral José de San Martín Muerte del general José de San Martín
12 de outubro Día da Raza Día de la Raza
8 de decembro Inmaculada Concepción de María Inmaculada Concepción de María
25 de decembro Nadal Navidad

[editar] Véxase tamén


Países do mundo | América do Sur
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Surinam - Uruguai - Venezuela
Países con parte do seu territorio en América do Sur

Francia (Güiana francesa) | Reino Unido (Illas Malvinas)



Mercado Común do Cono Sur (Mercosur)
Arxentina | Brasil | Paraguai | Uruguai | Venezuela
Membros asociados
Bolivia | Chile | Colombia | Ecuador | México | Perú

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -