See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Maryland - Wikipedia

Maryland

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Maryland
State of Maryland
Bandeira de Maryland Selo de Maryland
Lema: Old Line State, Free State
Mapa dos EUA coa Maryland en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Annapolis
Maior cidade Baltimore
Gobernador Robert L. Ehrlich
Lingua oficial Ningunha. O inglés éo de feito
Área 32.160 km² (42º maior)
 - Terra 25.338 km²
 - Auga 6.968 km² (21%)
Poboación (2000)
 - Poboación 5.296.486 (19º máis populoso)
 - Densidade 165 /km² (30º máis denso)
Entrada na Unión
 - Data 28 de marzo de 1791
 - Orde
Xeografía
Fuso horario Atlántico: UTC-5/-4
Latitude 37°53'N - 39°43'N
Lonxitude 75°4'O - 79°33'O
Largo N-S 145 km
Ancho E-O 400 km
Altitude
 - Altitude media 105 m
 - Punto máis elevado 1.024 m
 - Punto menos elevado 0 m
Códigos e abreviacións
 - USPS MD
 - ISO 3166-2 US-MD
Ligazón externa
www.maryland.gov


Maryland é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Maryland recibiu o seu nome en homenaxe á Raiña Henrietta María de Francia, esposa do Rei Carlos I de Inglaterra. Maryland foi unha das Trece Colonias que se rebelaron contra o dominio británico na rexión. O cognome do estado é Old Line State, en homenaxe ás súas "tropas de liña" (troops of the line), que foron por varias veces eloxiadas por George Washington pola súa excelente actuación na Revolución Americana de 1776.

O actual himno dos Estados Unidos, The Star-Spangled Banner, escribiuno Francis Scott Key, un poeta que se inspirou ao ver as tropas americanas defendéndose con éxito dun ataque das tropas navais do Reino Unido (na época, a maior potencia militar do mundo) contra Baltimore, na Guerra de 1812.

Índice

[editar] Historia

[editar] Ata 1775

Nativos indíxenas algonquinos vivian na rexión hai aproximadamente dez mil anos atrás da chegada dos primeiros europeos á rexión que constitui actualmente o Estado de Maryland. O primeiro europeo a explorar a rexión foi o español Pedro Menéndez de Avilés, entón o gobernador da colonia española de Florida, tendo explorado o que actualmente a Baía de Chesapeake, actualmente parte de Maryland, en 1572. O primeiro posto comercial foi fundado en 1631, polo comerciante británico Willian Claiborne, da Virxinia.

En 1631, George Calvert, un nobre británico, pediu á coroa británica polo dereito de propriedade e goberno da rexión da rexión da Baía de Chesapeake. Calvert era un nobre católico, e quería unha colonia nas Américas onde británicos católicos, que eran altamente discriminados polos británicos en xeral (que son en a súa maioría protestantes), pudesen practicar a súa relixión. O seu pedido foi aceito polo Rei Carlos I de Inglaterra no ano seguinte. Porén, George Calvert morrería en abril do mesmo ano. Carlos I entón cedeu ao fillo de George Calvert, Cæcilius Calvert, a rexión, que foi nomeada de Maryland ("Terras de María"), en homenaxe á Raiña Henrietta María de Francia, esposa de Carlos I. Cæcilius tamén era un católico. Cæcilius enviou os primeiros colonos á colonia provincial de Maryland, que desembarcaron na rexión en 1634.

Cæcilius era un católico, mais era obrigado a obedecer aos costumes da Igrexa Anglicana de Inglaterra. Porén, el quería que católicos británicos tivesen un lugar onde pudesen desfrutar de liberdade relixiosa. Cæcilius fixo do seu irmán Leonard o gobernador da colonia. Ao mesmo tempo, incentivaba os colonos a suxeriren leis e auxiliar Leonard na administrazón da colonia. En 1649, a Asemblea Colonial aprovou unha lei garantindo a todos os cidadóns da provincia o dereito de liberdade relixiosa, atraíndo numerosos católicos doutras provincias americanas, en especial, da Virxinia.

Willian Claiborne e o seu asentamento comercial facían parte da colonia. Porén, Claiborne, un protestante, recusouse a recoñecer a autoridade dos Calvert sobre a rexión. En 1654, Claiborne liderou un grupo de protestantes que forzaron os Calvert a saíren do goberno. Claiborne controlou Maryland ata 1658, cando a coroa británica forzouno a ceder o goberno novamente para os Calvert. Cæcilius presionou a Asemblea Colonial a manter a lei que permitia a liberdade relixiosa na colonia, e foi atendido. Porén, grupos protestantes non aceitaban un líder católico. En 1689, novamente os Calvert perderon a pose da rexión, desta vez, para un grupo protestante chamado The Protestant Asociation, que exixiu ao goberno británico un novo gobernador, protestante, que foi enviado á rexión en 1691. Praticamente todas as igrexas católicas na provincia foron queimadas polos protestantes, desde a primeira revolución liderada por Claiborne.

Os Calvert gañaron novamente a pose da rexión en 1715. A rexión pasou a ser gobernada por Benedict Leonard Calvert, un protestante. Os católicos da provincia perderían o dereito a voto en 1718. Os Calvert continuarían a gobernar Maryland ata o inicio da Revolución Americana de 1776. A poboación da colonia inglesa pasou a crecer drasticamente despois da década de 1750, coa prosperidade da industria do tabaco.

[editar] 1775 - 1900

Maryland participou ativamente ao longo da Revolución Americana de 1776. Oficiais da colonia atenderon á todas as Conferencias Continentais. Na primeira delas, realizada en Filadelfia, os oficiais de Maryland suportaron ativamente un corte entre toda e calquer relación comercial cos británicos. Tropas de Maryland loitaron ativamente ao longo da guerra de independencia, e Baltimore desempeñou papel esencial ao longo da guerra, como un pólo industrial e fabricante de armas e suprimentos. Poucas batallas ocorreron no estado, mais a braveza dos soldados de Maryland ficeron con que George Washington eloxiase constantemente as tropas de Maryland que loitaron ao longo da guerra contra os británicos. Maryland ratificou a Constitución Americana en 28 de abril de 1788, tornandose así o oitavo Estado a entrar á Unión. En 1791, un pedazo retangular de terra ao sudeste do estado foi cedida ao goberno para a construción da nova e actual capital americana, Washington, DC.

Maryland foi atacada dúas veces por tropas británicas durante a Guerra de 1812. Na primeira, os británicos, en 1813, derrotaron unha forza americana no norte do estado, para posteriomente proseguiren en direción á capital Washington DC, onde as tropas británicas queimaron diversas estruturas gobernamentais americanas. Estas mesmas tropas británicas proseguiron en dirección á Baltimore. Esta foi cercada por terra e mar por forzas terrestres e navais británicas. Mais os americanos defenderon con suceso a cidade. Francis Scott Key, un poeta amador que testemuñara a defesa da cidade, inspirouse nas imaxes da batalla para escreber o actual hino americano, The Star-Spangled Banner.

Baltimore tornouse un dos maiores centros industriais do país durante as primeiras décadas do século XIX. A cidade tornouse o maior fabricante de navios durante a década de 1840 nos Estados Unidos, e tamén un grande fabricador de trens a vapor. Foi aqui onde a primeira locomotiva a vapor americana foi construída. Porén, a economía do Estado aínda dependia en parte da agricultura. Maryland suportaba a práctica do traballo escravo. En 1861, a Guerra Civil Americana tivo inicio. A poboación do Estado estaba dividida. Moitos querían a secesión do estado da Unión e a unión do estado co recén-formado Estados Confederados de América - de cuño escravista. Outros, pola súa vez, querían que o estado permanecese na Unión - os Estados do norte industrializado dos Estados Unidos, ou os Estados Unidos propriamente dito, que eran contra a escravidón.

A Unión non perdeu tempo esperando se Maryland continuaba na Unión ou pasaba para a Confederazón. Isto porque o estado de Virxinia foi un dos estados que secederon dos Estados Unidos. Caso Maryland secedese tamén, a capital americana, Washington DC, localizada entre Maryland e Virxinia, estaría completamente cercada pola Confederazón. Tropas da Unión invadiron Maryland logo no inicio da guerra, e o Estado participou ao longo da Guerra Civil Americana como un estado do norte. Varias persoas do estado loitaron do lado da Unión. Porén, moitos outros fuxiron do estado e xutaranse ás tropas da Confederazón. O Estado foi palco de numerosas batallas, tais como a Batalla de Antietam, onde morreron nun único día máis de 22 mil soldados (12 mil nortistas e 10 mil sulistas). En 1864, Maryland aprovou unha nova Constitución que abolia a escravitude e adoptaba penas severas aos cidadáns que suportaran a Confederazón.

[editar] 1900 - Tempos atuais

Maryland prosperou economicamente durante as primeiras décadas do século XX, especialmente nos anos da primeira guerra mundial. Baltimore, entón a maior fabricante de navios militares dos Estados Unidos, tornouse un grande centro portuario coa construción de diversas fábricas na cidade, ben como dunha base militar.

En 1919, o Congreso americano aprovou unha lei que proibia a produción, venda, compra e transporte de bebidas alcólicas. A maioría da poboación do estado era contra esta medida, e varios líderes políticos destacaranse como críticos e oponentes desta lei, considerando esta unha violación dos seus dereitos estatais. Como consequencia, o estado pasou a ser coñecido como The Free State ("O Estado Libre"), sendo que este cognome é usado aínda actualmente, como unha homenaxe ás tradicións de liberdade política e relixiosa do Estado.

A Gran Depresión afetou seriamente a economía do Estado. Varias empresas faliron, varias fábricas fecharon, e moitos traballadores tornaranse desempregados. Baltimore, unha cidade primariamente industrial, foi moito afetada pola Depresión. En 1933, máis de 40% da poboación da cidade estaba desempregada. Para minimizar os efeitos da Depresión, o Estado criou programas de axuda social e construiu numerosos abrigos para abrigar os varios sen-teto do Estado, sen abrigo porque non tiñan como arcar cos custos de aluguel.

A economía do estado recuperouse co inicio da segunda guerra mundial. Os anos da segunda guerra mundial foron anos de gran desenvolvemento industrial no estado, e o éxodo rural, isto é, migrazón da poboación rural para cidades, aumentou drasticamente. No final da guerra, Maryland tornarase un estado primariamente urbano e industrial. A industrialización e urbanización do Estado continuaron nas décadas despois do fín da guerra. O estado tamén pasou a receber grandes números de afro-americanos procedentes dos estados do Sur, que instalaranse primariamente en Baltimore. Como consequencia, moitas familias brancas mudaranse de Baltimore para suburbios próximos.

Ata 1954, as escolas de Maryland eran segregacionistas, con escolas para brancos e outras, xeralmente de menor calidade, para afro-americanos. Porén, neste ano, o Supremo Tribunal de Xustiza dos Estados Unidos xulgou que tal segregación era inconstitucional. Baltimore uniu o seu sistema escolar inmediatamente, mais en outras cidades, menos povoadas e de poboación primariamente branca, a desegregación demorou moito máis tempo para, ata tres décadas en algunhas pequenas cidades do interior.

Despois da década de 1960 en diante, moitas das industrias de manufaturazón moveranse para outros estados que dispuñan de mán-de-obra máis barata. A industria naval e ferroviaria do estado, anteriomente a maior fonte de renda de Maryland, practicamente desapareceu, despois do peche de numerosas fábricas e a mudanza de varias outras para outros estados do Sur. Atualmente, a industria de manufaturazón pouco contribúe á economía do Estado, dominada actualmente polo comercio e servizos.

En 1985, o goberno de Maryland comezou un programa de limpeza das augas da Baía de Chesapeake, á época altamente poluídas. Este programa posúe apoio dos Estados de Virxinia, Pensilvania e Delaware, ben como o Distrito de Columbia. Prevése que este programa estexa finalizado en torno de 2010.

[editar] Xeografía

Vista do Río Susquehanna.
Vista do Río Susquehanna.

Maryland está situado na Rexión Sur. Limita ao norte con Pensilvania, ao oeste con Virxinia Occidental, ao leste con Delaware e o Océano Atlántico e ao sur, separados a través do Río Potomac, con Virxinia. Próximo ao centro do estado, ás marxes do Río Potomac, localizase a capital americana, o Distrito de Columbia. A Baía Chesapeake, case divide o estado en dous. Contandose o Río Susquehanna, que desemboca na Baía, o estado efetivamente está dividido en dous.

A extensión do litoral de Maryland co Océano Atlántico é de 50 quilometros. Porén, contandose a Baía Chesapeake e illas dentro da baía, este número aumenta para 5,134 quilometros. A maior parte dos ríos do Estado desembocan na Baía Chesapeake. Non existen lagos naturais, aínda que existan lagos artificiais, criados por encoros co intoito de xerar electricidade. O maior deses lagos posúe 1,6 mil hectares. Cerca de 40% do estado é coberto por bosques.

Maryland está dividido en cinco distintas rexións xeográficas:

  • Os Planaltos do Apalaches, que estendense de Xeorxia ata Nova Iorque, ocupan o extremo occidente do Estado. É caracterizada polo seu terreno acidentado e montañoso. O ponto máis alto de Maryland, Backbone Mountain, cos seus 1 024 metros de altitude, localizase nesta rexión.
  • O Vale do Apalache, que estendese do Alabama ata a Nova Jersey, pasa por Maryland, estando localizado inmediatamente a leste dos Planaltos do Apalache. A sección do Vale do Apalache en Maryland é caracterizado pola súa largura. Esta sección separa a Pensilvania da Virxinia Occidental, e posúe apenas alguns quilometros de largura - apenas 2,9 na parte máis estreita. Caracterizado polo seu terreno montañoso, acidentado, e polas as súas florestas, que ocupan máis de 70% da rexión.
  • A Blue Ridge, que estendese da Xeorxia ata a Pensilvania, pasa por Maryland, estando localizado inmediatamente a leste do Vale do Apalache. A Blue Ridge posúe apenas alguns quilometros de largura. Caracterizado polas as súas altas montañas (a rexión posúe unha media de 600 metros de altitude) e pola névoa azul que por veces cobre a rexión.
  • O Piemonte, que estendese do Alabama ata a Nova Jersey, forma en Maryland unha faixa de 80 quilometros de largura, que estendese ata próximo da Baía de Chesapeake. O Piemonte efetivamente cerca ao norte e ao sur a Baía. Caracterizase polo seu solo extremamente fértil, onde a maior parte da agricultura do estado é practicada.
Mapa político de Maryland e os seus 23 condados.
Mapa político de Maryland e os seus 23 condados.
  • As Planicies do Atlántico, que ocupan aproximadamente 45% do estado, localizase no leste e no extremo sur de Maryland. Caracterizado pola súa baixa altitude e polos seus pantanos, localizados primariamente á leste da Baía.

[editar] Clima

Maryland posúe un clima temperado. Para un estado relativamente pequeno como Maryland, a temperatura e a precipitación media anual varían moito de rexión a rexión. Maryland, grazas á a súa proximidade co Océano Atlántico, posúe invernos relativamente amenos e veráns quentes. A temperatura media no inverno é de 1°C en Baltimore e de -3°C no extremo noroeste do estado, con mínimas entre -16°C e 10°C, e máximas entre -12°C e 17°C. No verán, a temperatura media é de 27°C en Baltimore e de 22°C no extremo noroeste, con mínimas de ata 13°C, e máximas de ata 38°C.

A temperatura máis baixa xa rexistrada en Maryland foi en Oakland, onde foi rexistrada unha mínima de -40°C en 13 de xaneiro de 1912. A temperatura máis alta xa rexistrada no Estado foi no Condado de Allegany, en 3 de xullo de 1898, e en Cumberland en 10 de xullo de 1936, onde foron rexistradas máximas de 43°C.

Maryland recebe en media preto de 109 centímetros de precipitación anual (choiva, granizo), e preto de 198 centímetros de neve por ano.

[editar] Política

Vista do Capitolio de Maryland, en Annapolis.
Vista do Capitolio de Maryland, en Annapolis.

A actual Constitución de Maryland fora adotado en 1867. Outras constitucións máis antigas foron adotadas en 1776, 1856 e 1864. Mudanzas á constitución estadual poden ser propostas polo Poder Lexislativo, e para seren aprobadas precisan de ao menos 60% dos votos de ambas as casas do Lexislativo, e entón seren aprobadas nunha votación pola poboación eleitoral do Estado.

O principal oficial do Poder executivo en Maryland é o gobernador. Este é eleito polos eleitores do Estado para mandatos de ata 4 anos de durazón, e pode ser reeleita cantas veces quiser. Outros tres oficiais tamén son eleitos pola poboación a mandados de 4 anos de durazón. O gobernador escolle un Secretario de Estado e a maioría dos oficiais dos diferentes consellos do país. Xa as casas do Poder Lexislativo escollen un tesoreiro para un mandato de 4 anos de durazón.

O Poder lexislativo do estado - oficialmente a Asemblea Xeral - está composto polo Senado e pola Casa dos Delegados. O Senado posúe un total de 47 membros, encanto que a Casa dos Delegados posúe un total de 141 membros. Maryland está dividido en 47 diferentes distritos eleitorais. Os eleitores de cada distrito elexe un senador e 3 delegados, que irán representar tal distrito no Senado ou na Casa dos Delegados. Tanto os senadores canto os delegados serven a mandatos de ata 4 anos de durazón.

O tribunal máis alto do Poder xudicial de Maryland é o Court of Appeal of Maryland, seguida polo Court of Special Appeals of Maryland e outros 24 tribunais de menor porte, de caráter rexional. Todos os xuíces son escollidos polo gobernador, para mandatos de ata un ano de durazón, cando entón son aprobados definitivamente polo Lexislativo unha votación, para mandatos de ata 10 ou 15 (no caso dos 24 tribunais menores) anos de durazón.

Maryland está dividido en 23 condados e nunha cidade independente, Baltimore. Máis da metade do orzamento do Estado vén de impostos estaduais. O resto vén de verbas recebidas do goberno nacional.

[editar] Demografía

Crecimento populacional de Maryland
Ano Habitantes
1790 319 728
1800 341 548
1810 380 546
1820 407 350
1830 447 040
1840 470 019
1850 583 034
1860 687 049
1870 780 894
1880 934 943
1890 1 042 390
Ano Habitantes
1900 1 188 044
1910 1 295 346
1920 1 449 661
1930 1 631 526
1940 1 821 244
1950 2 343 001
1960 3 100 689
1970 3 923 897
1980 4 216 941
1990 4 781 468
2000 5 286 486

O censo dos Estados Unidos do 2000, da Oficina do Censo dos Estados Unidos, estimou a poboación de Maryland en 5 296 486 habitantes, un crecimento de 11% sobre a poboación de 1990, de 4 781 468 habitantes. Unha estimativa realizada en 2004 estima a poboación do Estado en 5 558 058 habitantes. Cerca de 583 900 habitantes de Maryland naceron fora do país (10,6% da poboación do Estado), dos cais estimase que 56 mil (1% da poboación do estado) sexan estranxeiros ilegais. Entre 1990 e 2004, a poboación do Estado creceu en torno de 16%, un crecimento de 777 mil habitantes.

Cerca de 93% da poboación do Estado vive en nunha das 5 rexións metropolitanas do estado: Baltimore, Cumberland e Haxerstown, localizadas no Estado, e en áreas urbanas pertencentes ás rexións metropolitanas de Washington DC (Distrito de Columbia) e de Wilmington (Delaware). No total, máis de 95% da poboación do estado viven en cidades.

A maior parte da poboación de Maryland vive na rexión central do Estado, no corredor das rexións metropolitanas de Baltimore e de Washington. Ambas son moitas veces consideradas parte dunha única metrópole. O litoral oriental (da Baía de Chesapeake) de Maryland é menos povoado e de caráter máis rural, ben como son os condados do sur do estado. Os tres condados do extremo nordeste de Maryland son montañosos, e escasamente povoados.

Aínda que a proporción actual de afroamericanos non sexa tán alta canto foi durante o século XIX, nos anos que procederon a Guerra Civil Americana, Maryland aínda posúe a maior poboación afro-americana de calquer estado fora do extremo sur dos Estados Unidos.

Razas e etnias

A composición racial no estado é a seguinte:

As cinco maiores etnias do Estado son: alemáns (15,7% da poboación do estado), irlandeses (11,7%), ingleses (9%), italianos (6,8%) e poloneses (6,2%). Afro-americanos están concentrados primariamente en Baltimore e nos suburbios de Washington en Maryland. A maior parte do litoral oriental e do sur de Maryland é povoada por americanos de descendencia inglesa. A poboación occidental e septentrional do Estado son primariamente de descendencia alemá.


Relixión

Maryland foi fundada co propósito de fornecer tolerazón relixiosa á poboación británica católica. Mesmo así, posteriomente a coroa británica decidiría por reverter esta política e pasou a desencoraxar a práctica do catolicismo en Maryland. A pesar de seren o principal motivo da fundación do estado, a poboación católica nunca formou a maioría da poboación do estado desde que o estado pasou a ser explorado e colonizado polos europeos.

[editar] Economía

A economía de Maryland está concentrada primariamente e en grande parte no sector terciario. O produto interno bruto do estado foi de 212.000 millóns de dólares, en 2003. A renda per capita do estado foi de 37 446 dólares, o quinto maior do país. O centro economico, financeiro e industrial do Estado é Baltimore.

O sector primario representa o 1% do PIB de Maryland. A agricultura e a gandería responden por 0,86% do PIB do Estado, e empregan preto de 53 600 persoas. Maryland posúe preto de 12 mil facendas, e os principais produtos cultivados ou criados son galiñas, ovos, leite, millo e soia. A industria madeireira representa o 0.10% do PIB e emprega aproximadamente mil persoas. A pesca representa o 0,04% do PIB do Estado e emprega aproximadamente 400 persoas.

O sector secundario responde por 14% do PIB. A industria de manufaturazón responde por 8% do PIB e emprega aproximadamente 188 mil persoas. O valor total dos produtos manufaturados por ano é de 20.000 millóns de dólares. A industria de construción responde por 6% do PIB e emprega preto de 204 mil persoas. A minería representa o 1% do PIB do estado e emprega aproximadamente 1 200 persoas.

O sector terciario representa o 85% do PIB. Os servizos comunitarios e pesoais corresponden por 25% do PIB, e empregan a máis de 1,2 millón de persoas. As finanzas representan o 21% do PIB e emprega preto de 250 mil persoas. Maryland é un grande pólo financeiro. Os servizos gobernamentais representan o 17% do PIB do Estado e empregan máis de 516 mil persoas. O comercio por atacado e varexo representan o 15% do PIB do Estado e emprega máis de 636 mil persoas. Os transportes e telecomunicacións representan o 7% do PIB do Estado e empregan preto de 136 mil persoas.

[editar] Educación

Unha faculdade comunitaria en Maryland.
Unha faculdade comunitaria en Maryland.

Durante os anos en que Maryland era unha colonia do Reino Unido, apenas os fillos de familias ricas recebian educación da entón provincia colonial de Maryland, da Igrexa Católica ou de profesores privados, sendo que ambas as opcións estaban disponibeis somente aos que tiñan condicións de arcar cos custos de salario destes tutores relixiosos ou profesores privados. Foi somente en 1694 que a primeira escola pública foi fundada no estado. Esta escola tornouse unha faculdade en 1784.

En 1824, o goberno de Maryland aprovou unha lei que obrigaba a caisquer área urbana con máis de 250 habitantes a ter ao menos unha escola. O estado pasou a fornecer verbas ás cidades para que estas pudesen arcar cos custos de criación e manutención de sistemas de escolas públicas. En 1870, o estado instituiu o Consello Estadual de Educación, que dita regras e padrións que os sistemas de educación pública precisan seguir. Atualmente, como nos outros estados americanos, cada cidade - ou condado, no caso de áreas urbanas de menor porte - administra o seu proprio sistema escolar. Estas receben verbas vidas de impostos municipais e diretamente do goberno estadual.

As primeiras bibliotecas foron construídas en Maryland en 1699, cando un bispo católico mandou construir 30 bibliotecas relixiosas na provincia colonial de Maryland, e unha biblioteca central en Annapolis. En 1885, Enoch Pratt comezou a construción dun sistema de bibliotecas en Baltimore. El doou tais bibliotecas á cidade, coa condición que estivesen abertas para o público en xeral. Este sistema foi inaugurado no ano seguinte, sendo un dos primeiros sistemas de bibliotecas municipais públicas do país. Atualmente, a maioría das cidades do Estado posuen ao menos unha biblioteca.

Maryland posúe 25 universidades e faculdades. Delas, a máis recoñecida e renomeada é o Sistema de Universidades de Maryland, que administra un total de 14 campi diferentes.

[editar] Transportes e telecomunicacións

A Baía de Chesapeake foi desde os primórdios da colonización europea da rexión un obstáculo natural ao transporten na provincia colonial de Maryland. No inicio do século XIX, foron iniciados os primeiros servizos de balsas, barcos a vapor que viaxaban dunha marxe da Baía á outra, transportando carga e pasaxeiros. En 1829, o Canal Chesapeake-Delarare foi inaugurado, conectando o Río Delaware coa Baía de Chesapeake.

En 1828, foi inaugurada a Baltimore and Ohio Railroad, a primeira ferrovia do mundo a transportar carga e pasaxeiros nun único tren. O estado posúe máis de 48 mil quilometros de estradas. O Aeroporto Internacional de Baltimore é o principal aeroporto do estado.

San publicadas no Estado preto de 125 xornais, 15 deles son diarios. Máis de 450 periódicos e revistas tamén son impresas e publicados no estado. A primeira liña de telégrafo do mundo foi inaugurada no estado en 1844, entre Baltimore e Washington DC. Atualmente, o estado posúe 15 estacións de televisión e preto de 100 estacións de radio.


[editar] Ligazóns Externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



Divisións políticas dos Estados Unidos
Estados Alabama | Alasca | Arizona | Arcansas | California | Carolina do Norte | Carolina do Sur | Colorado | Connecticut | Dacota do Norte | Dacota do Sur | Delaware | Florida | Hawai | Idaho | Illinois | Indiana | Iowa | Kansas | Kentucky | Luisiana | Maine | Maryland | Massachusetts | Michigan | Minnesota | Mississippi | Misuri | Montana | Nebrasca | Nevada | Nova Hampshire | Nova Jersey | Nova York | Novo México | Ohio | Oklahoma | Oregon | Pennsylvania | Rhode Island | Tennessee | Texas | Utah | Vermont | Virxinia | Virxinia Occidental | Washington | Wisconsin | Wyoming | Xeorxia
Distrito Federal Distrito de Columbia
Áreas insulares Illa Baker | Guam | Illa Howland | Illa Jarvis | Johnston Atoll | Kingman Reef | Illas Marianas do Norte | Atol de Midway | Illa Navassa | Atol Palmyra | Porto Rico | Samoa Americana | Illas Virxes Americanas | Illa Wake



aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -