Johnston Atoll
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Johnston Atoll, en galego: Atol Johnston, é un atol de 2,8 km² no Océano Pacífico Norte a un terzo de distancia entre Hawai e as Illas Marshall. A illa de Johnston e a illa Sand son illas naturais, que creceron pola sedimentación do coral. A illa de Akau (norte) e a de Hikina (leste) son illas artificiais formadas pola sedimentación do coral.
Johnston é un territorio non incorporado dos Estados Unidos, o cal ten como poboación a 1.100 militares, administrado desde Washington, DC polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre do Departamento do Interior dos Estados Unidos, como parte do sistema do Refuxio Nacional de Vida Silvestre. A defensa do atol é controlada pola Armada dos Estados Unidos. As illas non son accesibles para o público.
O clima é tropical pero xeralmente seco. Ventos consistentes do nordés dan unha pequena variación na temperatura. Coa elevación máxima de 5 m en Summit Peak, as illas conteñen pouca vexetación nun terreo plano e non hai fontes de auga.
[editar] Historia
Descuberto polo británico Charles J. Johnston en 1807, o atol permanece desabitado ata 1858, cando é reivindicado por Hawai e polos Estados Unidos de América, interesados nos seus depósitos de guano. Coa anexión de Hawai polos Estados Unidos, en 1898, confírmase a soberanía norteamericana. Nesa época, a maior parte do guano xa fora removida. Durante a Segunda Guerra Mundial, o atol serve de base aérea e, en 1958, pasa a ser usado para probas nucleares. Máis tarde, os norteamericanos constrúen un depósito de armas químicas, para onde levan, en 1989, bombas contendo 400 toneladas de gas asfixiante. Presión de nacións de Oceanía levan os Estados Unidos a aceptar, en 1991, a visita de científicos para verificar as condicións de seguridade do atol. Segundo o goberno dos EE.UU., os depósitos foron destruídos en decembro de 2000 e o lugar deberá ser transformado nunha reserva ecolóxica.
En marzo de 2002, un estudo do Instituto de Enerxía e Investigación Ambiental, baseado en investigacións do Instituto Nacional do Cancro dos Estados Unidos, conclúe que as radiacións liberadas polas probas nucleares causaron 80 mil casos de cancro só no país. As investigacións incluíron as probas do atol de Johnston e constataron que aínda persoas a miles de quilómetros de distancia da localización da explosión poden ser afectadas.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
Divisións políticas dos Estados Unidos | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
|