See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Guam - Wikipedia

Guam

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Territory of Guam

Guåhån
Territorio de Guam'

Bandeira de Guam Escudo de Guam
Bandeira Escudo
Himno nacional: Fanoghe Chamorro
 
 
Capital
 • Poboación
Agaña
1.100 (2003)
Cidade máis poboada Dededo
Linguas oficiais Inglés, chamorro e xaponés
Forma de goberno Territorio de Estados Unidos
George W. Bush

Félix Pérez Camacho

Dependencia
Dos Estados Unidos

10 de agosto de 1944

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 196º
549 km2
Despreciable
0 km km
126 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade

171.019 (2006 est.)
312 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
IDH n/d
Moeda Dólar estadounidense ($, USD)
Xentilicio n/d
Fuso horario UTC 10
Dominio de Internet .gu
Prefixo telefónico +1-671
Prefixo radiofónico non ten
Código ISO 316 / GUM / GU
Tódolos países do mundo

O Territorio de Guam (Guåhån en chamorro, chamado así mesmo Guaján en español e coñecido tamén en inglés como Commonwealth of Guam), é unha illa no Pacífico occidental, pertencente a Estados Unidos como territorio non incorporado. Trátase da máis grande e meridional das Illas Marianas. A capital é Agaña.

Índice

[editar] Historia

O 6 de marzo de 1521, Magalláns descubriu a illa, tomando posesión dela e das illas veciñas (Illas Marianas) en nome do rei de España. Ata 1898 o nome oficial da illa era Guaján (acorde coa pronuncia que representa a actual grafía en chamorro).

A consecuencia da derrota de España na Guerra Hispano-Estadounidense, foi cedida a Estados Unidos en 1898 (desde esa época comezouse a usar o nome abreviado "Guam") a diferenza do resto das Illas Marianas, que foron conservadas por España (e vendidas ao ano seguinte a Alemaña). Capturada por Xapón en 1941, foi recuperada polos estadounidenses tras unha batalla que durou do 21 de xullo ao 10 de agosto de 1944.

En 1950 concedeuse á illa un réxime de autonomía interna, á vez que os habitantes de Guam obtiñan a cidadanía estadounidense.

Cunha situación estratéxica no Pacífico, as instalacións do exército son unhas das máis importantes de todo o océano. Tras o peche das bases en Filipinas, tanto a Armada como a Forza Aérea foron trasladadas a esta illa.

Ver tamén
Artigo principal: Toma de Guam.

[editar] Goberno e política

Félix Pérez Camacho está á cabeza do executivo da illa. Guam é un Territorio de Estados Unidos desde 1898. Os habitantes da illa escollen ás súas autoridades locais e non teñen dereito a votar polas federais.

[editar] Organización político-administrativa

Existen dezanove pobos na Illa de Guam e numerosas bases militares estadounidenses.

[editar] Xeografía

Mapa de Guam
Mapa de Guam

Sitúase a tres cuartos do camiño entre Hawaii e Filipinas. O porto máis importante é o de San Luís de Apra na costa occidental da illa. A illa é de orixe volcánico, e está rodeada de arrecifes coralinos.

[editar] Clima

Ten clima tropical, cunha estación seca de xaneiro a xuño. As temperaturas de Guam están ao redor de 21°C durante case todo o ano, e cada ano caen de media 2.180 mm de choiva.

[editar] Economía

Depende do orzamento militar así como do turismo. Esta última industria creceu espectacularmente nos últimos vinte anos, con máis dun millón de visitantes ao ano, principalmente xaponeses. Case todos os bens industriais e de materias primas son importados.

[editar] Demografía

Étnicamente a illa está ocupada maioritariamente por chamorros (47%) e filipinos (25%), sendo os brancos un 10% e o resto xaponeses, chineses e coreanos.

A pesar de que unha gran poboación de Guam posúe apelido español, o idioma de igual orixe é falado só por uns 7269 habitantes desta área insular que depende dos EEUU. A taxa de fecundidade é de 4 fillos por muller e a relixión maioritaria é a católica.



Divisións políticas dos Estados Unidos
Estados Alabama | Alasca | Arizona | Arcansas | California | Carolina do Norte | Carolina do Sur | Colorado | Connecticut | Dacota do Norte | Dacota do Sur | Delaware | Florida | Hawai | Idaho | Illinois | Indiana | Iowa | Kansas | Kentucky | Luisiana | Maine | Maryland | Massachusetts | Michigan | Minnesota | Mississippi | Misuri | Montana | Nebrasca | Nevada | Nova Hampshire | Nova Jersey | Nova York | Novo México | Ohio | Oklahoma | Oregon | Pennsylvania | Rhode Island | Tennessee | Texas | Utah | Vermont | Virxinia | Virxinia Occidental | Washington | Wisconsin | Wyoming | Xeorxia
Distrito Federal Distrito de Columbia
Áreas insulares Illa Baker | Guam | Illa Howland | Illa Jarvis | Johnston Atoll | Kingman Reef | Illas Marianas do Norte | Atol de Midway | Illa Navassa | Atol Palmyra | Porto Rico | Samoa Americana | Illas Virxes Americanas | Illa Wake


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -