See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lei - Wikipedia

Lei

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Lei, no sentido xurídico, é unha regra da conduta humana que é imposta e administrada ós cidadáns polo Estado. En sentido estrito, é unha norma escrita que obriga a todos indistintamente, e a súa aplicación é tarefa do Estado, que a realiza mediante os seus diversos representantes, a comezar polo goberno, cos seus varios axentes. Nun Estado democrático de dereito, as leis son a base do Dereito.

Índice

[editar] Formas de interpretación das leis (escritas)

Para que se cumpra unha lei, fiscalizar o seu cumprimento ou punir o seu non-cumprimento, é preciso interpretar, entender, o que esta lei significa.

As formas de interpretación das leis son as seguintes (nota - unha forma de interpretación non exclúe a outra, e tamén non hai unha que sexa máis importante do que a outra):

  • Interpretación literal - busca o sentido preciso, literal, das palabras usadas no texto da lei. Non acepta limitacións ou extensións doutros sentidos que non aparezan de xeito literal no texto legal.
  • Interpretación histórica - busca o sentido que algunhas palabras tiñan cando se creou unha lei. Por exemplo: na frase "todos os homes son iguais perante a lei", a palabra homes non quer dicir que somente os cidadáns de sexo masculino sexan iguais perante a lei, pero si o sentido histórico da palabra home abranxe todas as persoas, independentes de xénero. Non se pode, nese caso, interpretarse literalmente.
  • Interpretación sistemática - analisa as leis de acordo co Dereito na súa totalidade (sistema xurídico), confrontandoas con outras normas, con princípios e con valores prestixiados polo Estado, no momento de aplicalas.
    Como exemplo, adoptado polo poder xudicial brasileiro: para determinar o se procede a redución da pena dun condenado, pódese considerar se o mesmo cooperou coa elucidación doutros crimes, se tivo bo comportamento na cadea, ou se traballou na prisión (son valores que non están expresos nas leis penais, pero que son considerados polos xuíces para aplicar un beneficio previsto nas leis penais brasileiras, neste caso).
  • Interpretación teleolóxica (ou finalística) - busca o fin social da lei, e é a máis incentivada no Dereito brasileiro, conforme o artigo 5º da Lei de Introdución ó Código Civil (LICC): "na aplicación da lei, o xuíz atenderá ós fins sociais a que ela se dirixe e ás exixencias do ben comun".

[editar] Princípio da publicidade da lei

"Ninguén pode escusarse de cumprir a lei, alegando que non a coñece". Caso ese principio non existise, as leis serían probablemente inoperantes, pois bastaria que os reos alegasen descoñecer unha lei para esquivarense de cumprila. Ese principio é, compreensivelmente, un precepto legal en todo o mundo civilizado. A ignorancia ou a má interpretación da lei non xustifica a falta do seu cumprimento nin isenta as persoas das sancións nelas estabelecidas.

[editar] Vixencia e revogación de unha lei

Unha lei debe ser aplicada ata que sexa revogada ou modificada por outra. A revogación pode ser total (abrogación: a lei anterior é totalmente substituída pola nova), ou parcial (derrogación: parte da anterior permanece en vigor).

En princípio, as leis comezan a vigorar para lexislar sobre casos futuros, e non pasados. Así, a aplicación das leis debe observar tres límites, que teñen como obxectivo aumentar a seguranza xurídica da sociedade:

  • acto xurídico perfecto - é o que xa produciu efeitos segundo a lei vixente ó tempo en que se efectuou. Por exemplo: un contrato que seguiu regras dunha lei xa revogada, pero que produciu todos os seus efectos para os contratantes e contratados cando a lei antiga estaba en vigor, non pode ser contestado baixo unha lei posterior.
  • dereitos adquiridos - son aqueles cuxos titulares adquiriron cando unha lei anterior vixía. Por exemplo: se unha lei deu exención de imposto a algúns contribuintes, e outra posterior revogou esta exención, aqueles contribuintes beneficiados non poden ser cobrados con referencia ó periodo en que a lei anterior estaba en vigor.
  • cousa xulgada (caso xulgado) - decisión xudicial baixo o cal non cabe máis recurso, en especial cando é unha decisión que garante un dereito a unha persoa ou unha colectividade.
    Todavía, cando se trata de unha decisión xudicial que aplica unha punición, en xeral nos países adoptase como regra que unha lei que reduza a pena de un crime beneficia o reo que estaba condemnado por unha lei anterior.

[editar] Xerarquía de leis

Nos Estados que adoptan constitucións escritas, as leis presentan unha xerarquía (unha ordn de importancia), na cal as de menor grao deben obedecer ás de maior grao. En grao superior a todas está a Constitución do país, a cal todas as outras leis deben seguir, para que non sexan consideradas inconstitucionais, e, así, deixen de ter eficacia.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -