See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Gandería - Wikipedia

Gandería

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Rabaño de ovellas.
Rabaño de ovellas.
Vacas de raza tudanca en Cantabria, España
Vacas de raza tudanca en Cantabria, España
Porcos autóctonos de Mallorca, España
Porcos autóctonos de Mallorca, España

A gandería é unha actividade económica, dedicada é a cría do gando, o conxunto de gando dunha explotación gandeira ou a propia explotación gandeira. O obxectivo é sacar proveito da cría e explotación de animais, xeralmente domésticos, para obter carne e outros produtos coma o leite, ovos, coiro ou la.

A gandería bovina, porcina, equina e caprina son as máis comúns, aínda que ultimamente a cría de animais alternativos parece aumentar.

A gandería está intimamente relacionada coa agricultura, e estas dúas actividades humanas dependen dun tipo especial de medio ambiente, que é o medio rural ou agroecosistema.

Índice

[editar] Historia da gandería

A gandería comezou no neolítico, cando o home iniciou a domesticación de animais herbívoros como vacas, ovellas, cabras e abandonou a caza e a recolección de froitos. Estes animais como o gando vacún serviron, ademais de proporcionar carne, como animais de carga de mercancías, tiro do arado, proporción de peles e máis tarde de leite e derivados. O esterco acumulado nos cortellos serviría para abono dos primeiros cultivos. Estes mesmos animais axudarían ao desmonte dos bosques e a creación de pastos. Nas rexións do hemisferio norte, os gandos trasladaríanse segundo as estacións desde as zonas frías ás amornadas no inverno, e desde as calorosas ás máis frescas no verán..

Afírmase que é anterior à agricultura, resultando da mellora dos cazadores-recolectores, que primeiro despois de aprender a cazar os animais vivos para matalos, déronse conta da posibilidade e utilidade da súa cría.

Nas primeiras estapas da gandaría, o home continuaba nómada, e na maioría das veces conducíia os seus rebaños domesticados sen procurar xa a caza senón novos pastos para alimentar o rebaño.

Aínda que non hai probas da práctica da agricultura antes do8000 a.C., os seus efectos foron drásticos sobre a gandaría, pois a agricultura fixou o home no lugar do plantío, co cal tiveron que inventarse novas solucións en sustitudión da gandaría nómada.


[editar] Clasificación da industria gandeira

A industria gandeira clasifica ao gando dsegundo o fin deste:

  • Gando de cría
  • Gando de engorde
  • Gando leiteiro

[editar] Formas de explotación

  • Gandería extensiva . É onde se utilizan grandes extensións de terreo, dedicado ao crecemento do gando. Mantéñense con arbustos e plantas que nacen e se desenvolven naturalmente. Este tipo de explotación leva á deforestación de bosques e á extinción de especies animais, ademais de pór en risco comunidades indíxenas que dependen dos recursos naturais.
  • Gandería intensiva. É un sistema de produción agrícola que fai un uso intensivo dos medios de produción . Por iso, pódese falar de agricultura intensiva, en man de obra, en insumos e en capitalización.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -