See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
A Coruña - Wikipedia

A Coruña

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Coruña
Situación
Xentilicio 1: Coruñés
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Coruña
Área: 37,6 km²
Entidades de poboación: 5 parroquias
Capital do concello: A Coruña
Latitude e lonxitude: 43° 22' 16' ' N
8° 23' 44' ' O
Altitude máxima: - m.
Altitude mínima: 0 m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2007)
Poboación: 244.388 hab.
Densidade: 6.499,68 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: 79,97 %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: 7,72 %
Ás veces: 64,33 %
Nunca: 27,96 %
Política (2007)
Concelleiros 4: PPdeG 10 (37.085 votos - 31,46 %)
BNG 6 (24.355 votos - 20,66 %)
PSdeG-PSOE 11 (41.285 votos - 35,02 %)
Outros: 0- (11.460 votos - 9,73 %)
Alcalde: Francisco Javier Losada de Azpiazu (PSdeG-PSOE)
Eleccións municipais en: A Coruña

Eleccións municipais na Coruña

Censo electoral (2007)
Total electores: 220.265 - 100 %
Votantes: 118.647 - 53,87 %
Abstencións: 101.618 - 46,13 %
Votos en branco: 3.707 - 3,12 %
Votos nulos: 755 - 0,64 %
Orzamentos (179,5 millóns € 2005)
Enderezos
Enderezo físico: Palacio Municipal, Praza de María Pita, 1
Teléfono: 981 184 200
Fax: 981 184 249
Código postal: 15.001
Correo electrónico:
www.coruna.es

Notas:
1 Véxase no Galizionario.
2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións municipais maio 2007.

A Coruña (xentilicio: Coruñés) é unha cidade situada no noroeste de Galicia e bañada polo Océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia galega da Coruña e a principal cidade da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

É sede do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, e capital da III Rexión Militar Española.

O seu emprazamento é privilexiado, xa que se ergue sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da cidade espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, polo que presenta dúas fachadas marítimas distintas: A Portuaria (cara a Ría da Coruña, de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara a Ensenada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas.

Unha das características máis notables que identifican á Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Índice

[editar] Demografía

A poboación da cidade é de 244.388 habitantes no 2007 (243.320 habitantes no 2006, 243.349 no 2005 e 242.846 en 2004), ós que se lle aplica o xentilicio de coruñeses (s., coruñés). No ano 2006 había un total de 8.100 estranxeiros. Os 244.388 habitantes do concello coruñés repártense no 2007 en 8 diseminados e 39 núcleos poboacionais, entre os cales se atopa o núcleo urbano, que con 223.302 habitantes constitúe o maior núcleo de poboación de Galicia segundo o INE. A poboación da súa área metropolitana alcanza os 403.007 habitantes (INE 2007), extendéndose por oito concellos colindantes: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

Evolución demográfica
Evolución demográfica

Tamén é salientable que fóra da área metropolitana, pero a corta distancia e conectado á rede de Autoestradas, atópanse importantes e densas áreas industriais como Carballo (30.000 habitantes), e a área de Ferrol (210.000 habitantes), un dos centros pesqueiros de Galicia. Isto enmarca á Coruña no contexto dunha Conurbación Noroeste de Galicia de 650.000 habitantes. Están a executarse proxectos que reforzan esta visión, como os Portos Exteriores de A Coruña e Ferrol, que están a convertir a costa noroeste galega nun centro integrado loxístico estratéxico do noroeste peninsular. Segundo o INE:

Evolución da poboación de: A Coruña desde

1900 ata 2007

1900

1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2007

44.057

49.290 63.610 71.511 98.534 127.518 173.661 189.548 231.821 246.531 236.782 244.388

O ritmo de crecemento poboacional observado dende comezos de século tende a descer, debido fundamentalmente a dous factores:

Descentralización residencial: estase a producir un continuo desprazamento das áreas de residencia cara os concellos da área metropolitana, onde viven preto de 100.000 habitantes, motivado pola falta de solo e de vivenda que causa unha grande actividade especulativa. Unha situación como esta non favorece o establecemento de novas familias ou a emancipación dos mozos. Tamén a orientación da demanda cara as vivendas unifamiliares, baleira amplas zonas da cidade, especialmente o centro histórico -chamado Cidade Vella-, onde a poboación residente non chega ós 20.000 habitantes.

Crecemento vexetativo negativo: na Coruña morren máis persoas das que nacen. A poboación perde habitantes dende 1987; o número de defuncións superaba en 1991 nun 20% ao de nacementos.

A pesar destes datos, a poboación semella volver a medrar. Isto é debido á inmigración, se ben esta inmigración era nos anos oitenta e noventa do século XX de emigrantes retornados, profesionais e retirados, poboación madura polo tanto. A comezos deste século, a maior aporte son xente nova de Sudamérica sobre todo, sendo menor o aporte dende Extremo Oriente, África Subsahariana e Europa oriental.

[editar] Topónimo

No estado español e na Unión Europea a única denominación oficial é A Coruña, independentemente da lingua empregada. Porén, hai quen emprega La Coruña en castelán. Outras versións tradicionais son Corunna en inglés, La Corogne en francés e Corunha en portugués. En latín Brigantium e Crunia como cidades historico romanas en galego antigo A Cruña o simplemente Cruña.

O 21 de decembro de 1989 o Tribunal Constitucional ditaminou que a aprobación da alteración ou cambio de nome dos concellos é a típica competencia de execución en materia de réxime local que, conforme co marco constitucional de distribución de competencias, os Estatutos de Galicia e de Cataluña atribúen ás súas respectivas Comunidades Autónomas. O 2 de novembro de 2004 o Concello da Coruña aprobou a cooficialidade da forma La Coruña amparándose na Lei de grandes cidades. No outono de 2005 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou nulos estes acordos do concello sobre toponimia[1].

[editar] Historia

Artigo principal: Historia da Coruña
Torre de Hércules, faro da época prerromana, aínda en servicio
Torre de Hércules, faro da época prerromana, aínda en servicio
O Almirante Drake saqueou a ciudade no 1589
O Almirante Drake saqueou a ciudade no 1589
Praza de María Pita
Praza de María Pita

A cidade estendeuse a partir da construción na restinga formada entre a illa onde hoxe se asenta a Torre de Hércules e o continente. A parte máis antiga, coñecida popularmente como Cidade Vella, Cidade Alta ou a Cidade, está edificada sobre un castro. "O Centro" era A Pescadaría, e nela asentábase o gremio dos mareantes.

Asúmese que A Coruña pode ser a poboación que Ptolomeo menciona no século II d.C. como Brigantium; estaría habitada polos Ártabros. Os romanos asentáranse nela nos séculos II e I a.C. e esta vila comezou a medrar, en particular durante os séculos I e II d.C. (cando se constrúe a Torre de Hércules), para decaer a partir do século IV d.C. e especialmente coas incursións normandas, que parece que fixeron fuxir a poboación cara ao interior da ría do Burgo.

A poboación recibe na alta idade media o nome de Faro (non confundir con Burgo de Faro, que foi a poboación que no século XII chegou a ter certa importancia coa encomenda templaria e comprende a extensión entre O Burgo e O Temple, cara ao concello de Culleredo tras a Ponte da Pasaxe.

En 1208, Afonso IX refunda Crunia como porto de reguengo (iuxta Turrim de Faro in loco qui dicitur Crunia) e a vila enceta un grande desenvolvemento mercante e pesqueiro. A cidade medra e esténdese polo tómbolo da península. Os Reis Católicos instalan nesta cidade a Real Audiencia do Reino de Galicia, abandonando Compostela, para evitar así a intromisión arcebispal. A Coruña será tamén a sede do Capitán Xeral. A Xunta do Reino de Galicia consegue entre 1522 e 1529 que Carlos I lle conceda a Casa da Especiaría, o que lle permite distribuír en Europa as especias. Autorízase o comercio coas Indias entre 1529 e 1575.

A partir de 1764, coa instalación dos Reais Correos Marítimos a América, A Coruña adquire o pulo portuario e comercial definitivo. Créanse o Consulado do Mar e reconstrúese a Torre de Hércules. En 1804 creouse a Fábrica Nacional de Cigarros, berce do movemento obreiro e durante o século XIX fóronse instalando lentamente outras industrias (vidro, fundición, tecidos, gas, mistos, etc., aínda que foi o comercio marítimo e a emigración o que atraeu os investimentos cataláns, maragatos, belgas, franceses ou ingleses. O Banco de La Coruña fundouse en 1857 e a Caja de Ahorros en 1876. Tamén influíu no desenvolvemento económico a nova división provincial de 1832, que reduciu o número de provincias de 7 a 4 e aumentou a actividade burocrática administrativa. Como consecuencia, A Coruña converteuse na capital rexional de facto.

Nesta cidade reuniu Carlos I as Cortes que o coroarían emperador; do seu porto partiu en 1554 Filipe II para casar con María Tudor e en 1588 a Armada Invencíbel. Francis Drake cercouna en 1589 pero foi rexeitado e naceu entón o mito de María Pita cando esta muller colleu a arma do seu home morto e continuou disparando. En 1809, durante a Guerra da independencia española, as tropas francesas acosaron ás inglesas que fuxían e o xeneral inglés Sir John Moore morreu na Batalla de Elviña. En 1815, o mariscal Porlier pronunciouse contra Fernando VII e marchou co exército sobre Santiago; preso, foi enforcado no Campo da Leña. En todos os levantamentos do século XIX, A Coruña aliñouse do lado liberal. A Coruña xogou tamén un papel vital no Rexurdimento e nela se fundaron a Real Academia Galega en 1906 e as Irmandades da Fala en 1916.

A comezos do século XX, A Coruña contaba cuns 45.000 habitantes, que se multiplicaron até máis de 133.000 despois da Guerra civil española. A partir da década de 1960, recobrou a iniciativa empresarial que perdera desde comezos de século da man do grande promotor da cidade, Barrié de la Maza (Banco Pastor, Fenosa, Aluminios de Galicia, Genosa, Emesa, etc.); obtivéronse tamén a refinaría de petróleo e algúns dos primeiros Polos de Desarrollo.

Desde 1983 ata 2006 foi alcalde Francisco Vázquez Vázquez, que acometeu unha renovación da súa fisionomía e a conversión nunha cidade de servizos, pero tamén contou con críticas pola súa falta de respecto á lingua galega e pola súa actuación urbanística. O 20 de xaneiro de 2006 o Consello de Ministros nomeou a Paco Vázquez embaixador no Vaticano, co cal tivo que deixar o seu posto de alcalde. Dende o momento da súa renuncia, o alcalde da Coruña é Javier Losada.

[editar] Economía

Vista parcial do Porto de A Coruña
Vista parcial do Porto de A Coruña
Torre de control do Porto de A Coruña
Torre de control do Porto de A Coruña

Porto pesqueiro e de pasaxeiros importante. Industrias téxtiles, conserveiras e da construción. Turismo. Regatas en verán. Congresos internacionais. Refinería de petróleo. Aeroporto de Alvedro.

O termo municipal da Coruña é o pulmón dos sectores comercial e de servizos de toda a área metropolitana.

Estes dous sectores representan máis das tres cuartas partes da totalidade da actividade económica do termo municipal. Os sectores de industria e de construción incrementaron a súa participación económica na cidade nos últimos anos; non obstante a súa localización xeográfica radica principalmente nos municipios situados na área metropolitana.

Según o informe Ardán, elaborado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, A Coruña é actualmente a comarca máis próspera de Galicia, e un dos seus motores económicos. O seu PIB empresarial é de 3.486 millóns de euros, representando máis do 33% del total de Galicia no ano 2007. A cidade conta cun orzamento consolidado de máis de 212 millons de euros anuais, a repartir entre os gastos do Concello e as súas dúas principais empresas, a Compañía de Aguas da Coruña (que dá servicio a gran parte da provincia) e a Compañía de Tranvías da Coruña, que ten a concesión dos autobuses urbáns e do tranvía da cidade. O Porto de A Coruña é o principal de Europa[Cómpre referencia] en canto a pesca fresca desembarcada. Conta cun sector acondicionado para desembarcar graneis sólidos (carbón, coke) e contedores. É un dos motores económicos da cidade, con seis quilómetros de peiraos e preto de un millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre. No ano 2007 movéronse 13.842.964 toneladas de mercadorías no porto[2], o que supón un incremento total do 3,68% respecto o 2006, o que o converte no gran porto de mercadorías de Galicia e un de referencia no norte da península Ibérica, seguido de preto por Ferrol-San Cibrao (10.228.000 toneladas). Este tráfico está dividido en:

  • Graneis Líquidos, con 8.310.850 Toneladas. Destaca o crecemento en Petróleo Crudo, e o descenso en Gasolinas, meirande a forza da divisa Europea que dificulta as exportacións no sector.
  • Graneis Sólidos, con 4.412.945 Kg. e centrado no Trigo, o Millo e o Carbón, con tendenza descendente.
  • Mercadorías Xerais, con 1.389.169 Toneladas, protagonizadas pola Palanquilla, Alambrón e Ferros.
  • Tráfico de Contedores, no que o Porto da Coruña inaugurou recentemente unha nova liña co X-Pres Container, a sumar á existente tradicionalmente con OPDR. O notable incremento nas Mercadorías Xerais está a diversifica-lo traballo portuario, e xenera máis opcións de crecemento.
  • Pesca Fresca, con 31.094.395 Kg. O Porto da Coruña é un dos principais de Europa en canto a pesca fresca desembarcada, e o primeiro da península Ibérica[Cómpre referencia].
  • Tráfico de Cruceiros, con 50.000 pasaxeiros no 2007 nuns 60 cruceiros.
Vista das obras do Porto Exterior de A Coruña, en Punta Langosteira
Vista das obras do Porto Exterior de A Coruña, en Punta Langosteira

Recentemente comezou a construción do Porto Exterior de A Coruña no concello limítrofe de Arteixo, que ampliará enormemente as instalacións portuarias e as desprazará fóra da cidade. Xunto co Porto Exterior de Ferrol vai constituír unha das zonas industriais marítimas e loxísticas máis importantes da Unión Europea[Cómpre referencia].

Nos seus límites locais, a cidade conta con dous polígonos industriis: A Grela, o primeiro parque industrial en extensión de Galicia, e o de POCOMACO, que dá servizo a unhas 400 empresas. Na área metropolitana está situado o Polígono de Sabón, que alberga a sede central da multinacional Inditex e a central térmica de Sabón, entre outras industrias.

A cidade é o meirande centro financeiro e de negocios de Galicia. Sede das entidades financeeiras Banco Pastor e Caixa Galicia. Na cidade atópanse sedes de algunhas empresas importantes como a cervexeira Estrella Galicia, a empresa de telecomunicacións R, o diario La Voz de Galicia, a promotora inmobiliaria Martinsa Fadesa, a refinería de Repsol-YPF, a pranta de aluminios de Alcoa ou a fábrica de armas de General Dynamics (antiga Santa Bárbara). A cidade conta con dous pazos de Congresos, e outras institucións relacionadas como o Club Financeiro da Coruña. Recentemente finalizou construción do Recinto Ferial da Coruña, chamado Expocoruña.

[editar] Comunicacións

Situación da cidade en España.
Situación da cidade en España.

Por vía terrestre, a rede de autoestradas e autovías norte-sur comunícana co resto de España e Portugal, mentres que un conxunto de vías rápidas, que circunvala o perímetro da cidade e o seu primeiro anel industrial, culmina a comunicación por estrada.

Os aproximadamente 600.000 habitantes e as industrias que están dentro da zona de influencia das catro rías (A Coruña, Sada-Betanzos, Ares e Ferrol) comunícanse por estrada nun tempo de 30 minutos.

A vía marítima está fortemente consolidada nesta metrópole. Recentemente, acometeuse a modernización portuaria e, na actualidade, lévase a cabo a apertura dun porto exterior no oeste da cidade, en Punta Langosteira, para aumentar a súa capacidade.

Segundo previsións oficiais, todo isto estará apoiado dentro duns anos por axeitadas conexións internas e externas; as internas, na cidade e na súa área de influencia, facilitarán a mobilidade cun sistema intermodal de comunicación (vías rápidas -inclúe a terceira circunvalación-, autobuses, metro lixeiro e tren de proximidades), e as externas conformarán un sistema viario de autoestradas e autovías, ferroviario -tradicional e de alta velocidade- e conexións aéreas e marítimas tanto nacionais como internacionais.

[editar] Estradas

Entrada á cidade
Entrada á cidade

A cidade está servida por dúas arterias principais de acceso:

  • Cara a/dende o centro da Península: autovía A-6 (A Coruña-Madrid) (594km), e antiga N-VI, paralela á autovía.

Outras vías son:

  • Nacional 634 Ribadeo-Ferrol, cara a/dende a cornixa cantábrica: Nacional 634 Ribadeo-Ferrol, con Bifurcacións cara á N-VI
  • Autoestrada A-55, cara á Arteixo, Carballo e Finisterre.

[editar] Ferrocarrís

A estación de San Cristovo, remodelada en 1991, concentra o tráfico ferroviario da cidade. Dende A Coruña parten tres liñas de longo percorrido: a Madrid con dous servizos diarios, a Barcelona cun servizo diario e máis outro os luns, mércores, venres e domingos e a Bilbao-Irún cun servizo diario. A estas liñas súmanselles os corredores rexionais de RENFE con Santiago de Compostela, Monforte, Ferrol e Vigo; o tráfico con esta última cidade sumou en 1999 a cantidade de 450.000 viaxeiros aproximadamente. Está previsto o tren de alta velocidade a Vigo-fronteira portuguesa e a Madrid, o que completará o servizo ferroviario da Coruña.

Existe asemade unha estación de mercadorías que serve ó porto, chamada estación de San Diego.

Está en proxecto unha estación internodal a modo de intercambiador, que concentre ós buses interurbanos e unha parada de metro lixeiro[3].

[editar] Comunicacións aéreas

Aeroporto de Alvedro
Aeroporto de Alvedro

A Coruña conta cun remodelado aeroporto (Aeroporto de Alvedro), situado a 10 km do centro da cidade, no concello de Culleredo. Alvedro está experimentando un destacable incremento no número de voos e viaxeiros nos últimos anos, como consecuencia da actualización das súas instalacións. Esta tasa de crecimiento mesmo chegou ó dobre da media nacional no ano 2007. Estadísticas parciais do ano 2008 indican que a tendencia continúa, esperándose obter uns 1,500,000 pasaxeiros ó final do ano de seguir ó ritmo actual.

O Aeroporto de Alvedro conecta a cidade herculina con varios destinos peninsulares, segúndo a época do ano. Conexiones estables son Madrid, Barcelona, Sevilla e Tenerife. Na época invernal existe conexión co aeroporto de Huesca (porta ós Pirineos). Tamén existen conexiones internacionáis cos aeroportos de Londres-Heathrow, París-Charles de Gaulle e Lisboa.

A proximidade do aeroporto de Lavacolla (30 minutos por autoestrada) permite que poida ser tamén empregado como plataforma complementaria das comunicacións aéreas da Coruña, e viceversa.

Actualmente estase a remodelar e amplia-lo Parking do aeroporto, e están en curso xestións para amplia-la pista que, con 1900 metros, é a segunda máis pequena dos aeroportos comerciais de España (trala de San Sebastián).

[editar] Autobuses e metro lixeiro

Tranvía no Paseo Marítimo de A Coruña
Tranvía no Paseo Marítimo de A Coruña

A recuperación do tranvía urbano circundando o extenso Paseo Maritimo da cidade, creou unha infraestrutura ferroviaria básica que planéase consolidar nunha rede de Metro Lixeiro[4] a medio plazo, con 3 liñas proxectadas: Monte Alto-Universidade, Los Rosales-Praza de Pontevedra, e outra circular con dúas ramificacións -a actual do tranvía coa súa extensión e a liña Los Rosales/centro intermodal. A estación de autobuses da Coruña dá servizo a preto de 25.000 pasaxeiros diarios. Unha media de 1.100 autocares operan cada día con destino a diferentes puntos de Europa, España e Galicia.

[editar] Sitios de interese

[editar] Paseo Marítimo

Ascensor esférico do Monte San Pedro
Ascensor esférico do Monte San Pedro

A Coruña conta co paseo marítimo urbán máis longo de Europa[5], con preto de 8 quilómetros contínuos ó borde do mar. O Paseo Marítimo pasa por moitos lugares de interese na cidade, podéndose percorrer a pé, automóbil, bicicleta ou tranvía.

A apertura do último tramo do Paseo Marítimo revelou unha cara descoñecida da cidade, que permite admirar camiñando a forza e inmensidade do Oceano Atlántico. Os seguintes tramos en construción e proxección transpasan xa os límites do concello de A Coruña, transformando zonas en espazos de esparcemento e ocio.

[editar] Zonas comerciais

A zona comercial tradicional da cidade fórmaa a rúa Real, situada no barrio da Pescadería. Esta rúa peonil segue a ser o principal eixo comercial e de lecer dos coruñeses. No seu entorno xurdiron novas arterias comerciais como as rúas Olmos, Galera, Barrera e Franxa (onde se sitúan as tascas e marisquerías máis típicas da cidade); a rúa Rego de Auga, coa sede do Teatro Rosalía, da Biblioteca da Deputación e do Centro Cultural Caixanova ou a praza do Humor, centro do tradicional "botellón" coruñés e dedicada aos principais humoristas e escritores galegos. A recente apertura do Centro de Ocio El Puerto, con múltiples tendas e multicinemas, é a última actuación de importancia na zona.

Por outra banda, na actualidade a actividade comercial da cidade non se limita só á zona centro. Pódese dicir que A Coruña é unha cidade policéntrica, xa que a actividade comercial se acha espallada polos distintos barrios herculinos. Outra zona de grande importancia comercial está situada nos arredores da Praza de Catro Camiños. As primeiras grandes superficies comerciais da cidade asentáronse neste barrio a principios dos anos 80.

A política de peonalización de diversas rúas da cidade deu un pulo definitivo a determinados barrios, xurdindo "subcentros" comerciais en zonas anteriormente máis abandonadas ou con menor vocación comercial. Nesta categoría podemos destacar: rúa Gaiteira (barrio da Gaiteira), rúa Ángel Senra (Os Mallos), Centro Comercial Elviña, etc.

A Coruña conta cunha rede de Mercados Municipais. A materia prima que surte estos Mercados é especialmente o Peixe e o Marisco, traído diariamente das subastas de Pescado Fresco que ten lugar nas Lonxas do Porto de A Coruña. No casco urbán atopamos 7 Mercados principais: San Agustín (Pescadería), Santa Lucía (Barrio da Falperra), Elviña (remodelado e convertido en centro comercial), Praza de Lugo (rehabilitado e convertido tamén en centro comercial), Mercado das Conchiñas, Mercado de Ramón Cabanillas, Mercado de Monte Alto, etc.

[editar] Teatros e Cines

  • Teatro Rosalía
  • Teatro Colón
  • Yelmo Cineplex Rosales
  • Fórum Metropolitano
  • CGAI (Centro galego de Arte e Imaxe)
  • Palacio da Ópera
  • Filmax A Coruña

Área metropolitana:

  • Cine Royalty (Sada), que pechou as suas portas no ano 2006.

[editar] Zonas de ocio

A zona de ocio nocturna por antonomasia na cidade é coñecida popularmente como "O Orzán", e sitúase á beira de dita praia. Nas rúas principais como Juan Canalejo, Sol e A Torre sitúanse a maioría de pubs e locais de ocio nocturno. Outras zonas de ocio, especialmente nas primeiras horas da noite, son Juan Flórez, Praza de España, Matogrande e a Cidade Vella (arredores da Praza de Azcárraga e rúa Santo Domingo).

Tralo peche das principais discotecas, os locáis 'after-hours' sitúanse na zona de Juan Flórez.

[editar] Monumentos

Torre de Hércules
Torre de Hércules
Obelisco Millenium, de cristal tallado
Obelisco Millenium, de cristal tallado

A Torre de Hércules trátase do faro en funcionamento máis antigo do mundo, que data do século II. Actualmente estase xestionando a súa declaración como Patrimonio Histórico da Humanidade[6].

A Coruña dispón de outros monumentos históricos famosos, como:

Asimesmo existen outros monumentos de arte contemporáneo, entre os que destacan:

[editar] Praias

Praia de Riazor nun soleado día de verán
Praia de Riazor nun soleado día de verán
Praia do Orzán, pola noite
Praia do Orzán, pola noite

As praias máis coñecidas da Coruña son a Praia de Riazor e a Praia do Orzán, pola situación en pleno centro da cidade. Ambas praias acadan ano tras ano a Bandeira Azul, o máximo distintivo otorgado pola Unión Europea para certificar a calidade da praia e as súas infraestruturas colindantes. Ademais das praias de Riazor e do Orzán, atopamos outras praias no casco urbano, a saber:

Área metropolitana:

[editar] Museos

Peixes no acuario da Coruña
Peixes no acuario da Coruña
Casa Do Home na Coruña, obra do arquitecto Arata Isozaki
Casa Do Home na Coruña, obra do arquitecto Arata Isozaki

Área metropolitana:

[editar] Salas de Exposicións

Palacio de Congresos da Coruña
Palacio de Congresos da Coruña
  • Kiosco Alfonso
  • Fundación Caixagalicia
  • Fundación Barrié da Maza
  • Forum Metropolitano
  • Palexco (Palacio de Exposicións e Congresos)
  • CGAI
  • Palacio de Congresos
  • Club Financiero
  • Galería Ana Vilaseco
  • Casa da Cultura Salvador de Madariaga
  • Fundación Luis Seoane
  • Galería de Papel
  • Galería Pardo Bazán
  • Atlántica
  • Arte e Imaxe
  • Coarte
  • Rincón Coruña Arte
  • A Tecedeira

Área metropolitana:

  • Casa Charry (Oleiros)
  • Casa da Cultura Pintor Lloréns (Sada)

[editar] Deporte

Estadio Municipal de Riazor, onde xoga o R.C.D. de A Coruña
Estadio Municipal de Riazor, onde xoga o R.C.D. de A Coruña

As institucións deportivas con máis tradición na cidade son:

[editar] Coruñeses de sona

Vexa o artigo principal en: Coruñeses de sona

[editar] Galería de imaxes

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes da Coruña

[editar] Lugares da Coruña

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de A Coruña vexa: Lugares da Coruña.

[editar] Parroquias

As cinco parroquias que compoñen o concello da Coruña.
As cinco parroquias que compoñen o concello da Coruña.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Coruña

A Coruña | Elviña (San Vicenzo) | Oza (Santa María) | San Cristovo das Viñas (San Cristovo) | Visma (San Pedro)

[editar] Concellos da provincia da Coruña

Galicia | Provincia da Coruña

Abegondo | Ames | Aranga | Ares | Arteixo | Arzúa | A Baña | Bergondo | Betanzos | Boimorto | Boiro | Boqueixón | Brión | Cabana de Bergantiños | Cabanas | Camariñas | Cambre | A Capela | Carballo | Cariño | Carnota | Carral | Cedeira | Cee | Cerceda | Cerdido | Cesuras | Coirós | Corcubión | Coristanco | A Coruña | Culleredo | Curtis | Dodro | Dumbría | Fene | Ferrol | Fisterra | Frades | Irixoa | A Laracha | Laxe | Lousame | Malpica de Bergantiños | Mañón | Mazaricos | Melide | Mesía | Miño | Moeche | Monfero | Mugardos | Muros | Muxía | Narón | Neda | Negreira | Noia | Oleiros | Ordes | Oroso | Ortigueira | Outes | Oza dos Ríos | Paderne | Padrón | O Pino | A Pobra do Caramiñal | Ponteceso | Pontedeume | As Pontes de García Rodríguez | Porto do Son | Rianxo | Ribeira | Rois | Sada | San Sadurniño | Santa Comba | Santiago de Compostela | Santiso | Sobrado | As Somozas | Teo | Toques | Tordoia | Touro | Trazo | Val do Dubra | Valdoviño | Vedra | Vilarmaior | Vilasantar | Vimianzo | Zas

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

  Referencias relacionadas con Galicia


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -