See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Torre de Hércules - Wikipedia

Torre de Hércules

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Torre de Hércules
Torre de Hércules
Torre de Hércules desde a Enseada do Orzán
Torre de Hércules desde a Enseada do Orzán

A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo.

Índice

[editar] Historia

Inscrición dedicatoria
Inscrición dedicatoria

A Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación a finais do século I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Unha inscrición aos pés da torre indica que foi erguida por Gaio Sevio Lupo, arquitecto de Aeminium (hoxe Coimbra). Paulo Orosio menciónaa no século V d.C. ("Secundus angulus circium intendit ubi Brigantia, Gallaeciae civitas sita, altissimam pharum e inter pauca memorandi operis as speculam Britanniae erigit"). A torre perdeu, posibelmente, o seu uso marítimo durante a Idade Media ao se converter en fortificación e caeu na ruína no medio das desputas entre o Conde de Traba e o Arcebispo Xelmírez pola súa propiedade que lle fan perder, entre outras cousas, o muro exterior. En 1537 reparáronse a porta e a escaleira de acceso e asignáronselle vixías; en 1553 o concello ditou normas contra a utilización das súas pedras para outras edificacións. En 1682 o Duque de Uceda, capitán xeral de Galiza, encargoulle a restauración do que se coñecía como "Castelo Vello" (o que parece indicar que se aproveitou militarmente) ao arquitecto coruñés Amaro Antune, quen construíu unha escaleira de madeira que atravesaba as bóvedas ata a parte superior, onde situou dúas pequenas torres para soportar os fanais. Estes pagáronnos os cónsules de Inglaterra, Holanda e Flandres a cambio da concesión do cobro dun imposto aos barcos que aportaban á cidade. Os fanais funcionaron deficientemente e en 1769 un raio acabou co último.

No reinado de Carlos IV realizouse unha reconstrución completa que durou entre xullo de 1788 e decembro de 1790, dirixida por Eustaquio Giannini no estilo neoclásico. A torre era, antes de acometer a reforma, un corpo prismático con base cadrada; no exterior presentaba un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e xanelas asimétricas que o percorrían ata o piso superior, e un mordente helicoidal que tamén chegaba ata o alto. No seu interior conservaba a vella estrutura romana, pero con escaleiras de madeira que pertencían á restauración do edificio, harmonizándoa na súa decoración cos marcos superiores de portas e xanelas. Dous anos despois de rematar as obras, Eustaquio Giannini presentou un proxecto para construír un acceso e unha plataforma arredor do faro, que só se remataron a mediados do século XIX.

Desde entón non se volveu a mudar a aparencia da torre e só se modificou a lanterna coa instalación dun fanal xiratorio e o acceso a este. No interior fixéronse falsos teitos e cubríronse as paredes de papel. En 1993 elimináronse todos os engadidos interiores.

[editar] Lendas

A Rosa dos Ventos de Correa Corredoira (1994) inclúe nos seus motivos por un lado os países celtas e por outro Tarsis, patria de orixe de Xerión
A Rosa dos Ventos de Correa Corredoira (1994) inclúe nos seus motivos por un lado os países celtas e por outro Tarsis, patria de orixe de Xerión
Estatua de Breogán de Xosé Cid (1994)
Estatua de Breogán de Xosé Cid (1994)
Escudo da Coruña, coa torre e a caveira de Xerión
Escudo da Coruña, coa torre e a caveira de Xerión
Alicerces romanos
Alicerces romanos
Escaleira de caracol que dá acceso á parte superior
Escaleira de caracol que dá acceso á parte superior

Hai varias lendas relacionadas coa súa construción. Unha delas, narrada na Crónica Xeral de Afonso X, conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente no lugar onde hoxe se sitúa esta que enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate e liberar ás xentes do lugar da súa tiranía. Sobre o lugar no que enterrou a cabeza ergueu unha torre e mandou logo poboar unha cidade. Crunna foi a primeira muller en se presentar e dela tomará nome a vila. No escudo da cidade aparece a torre e, por baixo dela, a caveira de Xerión.

A outra lenda foi tomada do Libro das invasións de Irlanda durante o Rexurdimento: nel cóntase que o rei Breogán de Hispania ergueu unha torre desde a que o seu fillo Ith albiscou Irlanda; morreu no intento de conquistar a illa pero o seu irmán, Mil, si tivo éxito.

[editar] Estrutura

A súa planta é cadrada (10 m. de lado), cunha altura total de 68 metros. Ten tres corpos, en primeiro un paralelepípedo recto de base cadrada de 11,60 metros de lado e 34,60 metros de altura. Sobre esta asenta outro intermedio máis pequeno de sección octogonal, cun terceiro corpo, paralelepípedo tamén octogonal, que soporta sobre este unha construción cilíndrica en vidro que protexe a lanterna do farol. Sóbese ao alto por medio de 242 chanzos e desde arriba tense unha panorámica aberta para o oceano Atlántico, praias urbanas da Coruña e a ría.

A estrutura orixinal era de planta cadrada cunha cúpula, na que se mantiña o lume, na parte superior e que posibelmente tiña un óculo para permitir a saída do fume. Á parte superior accedíase mediante unha rampla protexida cun segundo muro externo e que se apoiaba nos dous muros. Cada un dos andares estaba dividido por dúas paredes que se cortaban en forma de cruz en catro cuartos. As salas de cada piso comunicábanse entre si dúas a dúas por medio dunha porta e podíase acceder á rampla desde cada unha delas. Nos vans utilizouse aparello de perpiaños grandes (opus cuadratum), nas paredes cachotería en fileiras horizontais (opus vittatum) e para encher o interior do muro seixos e morteiro de cal e area (opus caementicium). Os muros teñen unha anchura de entre 1,50 e 1,60 m.

A Torre e o seu contorno foron escavados entre 1992 e 1994 e a entrada actual das visitas faise polos alicerces romanos.

A mención máis antiga da torre é de Paulo Orosio (comezos do século V), que a califica como "altísimo faro". Unha das representacións máis antigas coñecidas é a do Mapamundi do Beato de Burgo de Osma, do ano 1086.

[editar] Proposta para ser declarada Patrimonio Mundial

Co obxectivo de solicitar que a UNESCO a inclúa na lista de Patrimonio Mundial, o Ministerio de Cultura listouna como posíbel candidata en abril de 2007 e en outubro seleccionouna. A finais de ano está previsto que se presente o borrador da candidatura na UNESCO para que se recoñeza en xuño de 2009.


[editar] Caracteristicas

  Faro da Torre de Hércules
Código 03530 D-1704
Descrición Torre cuadrangular, Tope octogonal, Sillería
Altitude 49 m.
Características GpD (4) B 20 seg.
Período 0,3 + 3,0 + 0,3 + 3,0 + 0,3 + 3,0 + 0,3 + 9,8 = 20 seg.
Alcance 23 millas naúticas

[editar] Galería de imaxes

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -