Cabana de Bergantiños
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cabana de Bergantiños | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Cabanés - Bergantiñán |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia da Coruña |
Comarca: | Bergantiños |
Área: | 100,3 km² |
Entidades de poboación: | 144 repartidas en 10 parroquias |
Capital do concello: | A Carballa (Cesullas) |
Latitude e lonxitude: | 43° 13' 9' ' N 8° 55' 48' ' W |
Altitude máxima: | 375 m. |
Altitude mínima: | nivel do mar m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2007) | |
Poboación: | 5.091 hab. |
Densidade: | 50,76 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | 99,65 % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | 97,63 % |
Ás veces: | 1,56 % |
Nunca: | 0,81 % |
Política (2007) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 8 (2.295 votos - 62,23 %) BNG 1 (313 votos - 8,49 %) PSdeG-PSOE 4 (1.045 votos - 28,34 %) Outros: - (- %) |
Alcalde: | José Muíño Domínguez (PPdeG) |
Eleccións municipais en: Cabana de Bergantiños |
|
Censo electoral (2007) | |
Total electores: | 5.773 - 100 % |
Votantes: | 3.703 - 64,14 % |
Abstencións: | 2.070 - 35,86 % |
Votos en branco: | 35 - 0,95 % |
Votos nulos: | 15 - 0,41 % |
Orzamentos (2000) | |
Enderezos | |
Enderezo físico: | A Carballa, s/n |
Teléfono: | 981 754 020 |
Fax: | 981 754 229 |
Código postal: | 15.115 |
Correo electrónico: | cabana@concello-cabana.es |
www.concello-cabana.com | |
|
|
Notas: |
Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña en Galicia. Pertence á Comarca de Bergantiños. Limita cos concellos de Coristanco , Laxe, Ponteceso e Zas.
Poboación no 2007: 5.091 habitantes segundo o INE (5.199 no 2006, 5.294 no 2005, 5.354 no 2004, 5.447 no 2003).
Evolución da poboación de: Cabana de Bergantiños - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
4.727 | 5.232 | 6.772 | 6.991 | 5.354 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Índice |
[editar] Xeografía
Cabana de Bergantiños localízase no extremo ocidental da provincia de A Coruña, na rexión española de Galiza, na Comarca de Bergantiños en plena Costa da Morte; o norte linda co río Anllóns que o separa do concello de Ponteceso, o leste linda co concello de Coristanco, o sur co concello de Vimianzo e Zas, e ó oeste co concello de Laxe, e ó estuario do río Anllóns que forma a fronte meridional da ría de Corme e Laxe.
[editar] Situacion xeográfica da capital
43° 13' 9' ' Norte
8° 55' 48' ' Oeste
[editar] Superficie
Cabana ten unha superficie de 99,8 km² repartidos en 10 parroquias.
[editar] Montes
- Borneiro 371 metros de altitude
- Lourido 312 metros de altitude
- O Castelo
- O Gontón
- Vilariño
[editar] Hidrografía
A ladeira oriental do concello encontrase percorrida por varios regatos que teñen os seus correspondentes nacementos nas ladeiras montañosas do concello. A rede fluvial da zona está formada por ríos que dirixindose cara o norte, verten o seu caudal no río Anllóns.
[editar] Ríos
O Río Anllóns que atravesa e limita polo norte no seu curso co concello de Ponteceso asta desembocar formando a enseada de A Insua que o separa da ría de Corme e Laxe por unha lingua de area, que sae desde O Couto (Ponteceso) chamada A Barra e polo illote de A Tiñosa que de marea valeira forma unha peninsula coa A Barra.
[editar] Regatos
- Río do Regenco
- Rego dos Muiños, chamado asi devido os numerosos muiños que había é que aínda se conservan pero nun estado lamentable.
[editar] Clima
O clima neste concello é suave con unha media de 14º C e unhas precipitacións de arrededor dos 1350 ml.
[editar] Flora
A vexetación cubre aproximadamente o 55% da superficie do concello destacando as repoblacións de pinos e eucaliptos que cambiarón a vexetación autoctona.
[editar] Historía
[editar] Antigüidade
[editar] Vestixios arqueolóxicos
O Dolmen de Dombate, símbolo da cultura megalitica galega, e o Castro de Borneiro ambolos dous na parroquia de Borneiro dan fé da poboación na antigüedade no municipio.
Ademais esistén uns oito recintos castreños.
A "Vía Per Loca Maritima" que cruzaría o río Anllóns por Ponteceso camiño de Corme e as minas de Corcoesto dán fé da presenza dos romanos. Tamén aparecen vestixios romanos nas igresias de Cundíns, Cesullas e Riobo.
[editar] Idade Media
[editar] Idade Moderna
Os pazos de Canduas, Corcoesto, Nantón, O Bosque(Cesullas), e as Torres da Penela son vestixios da Idade Moderna estos ultimos bastante abandoados.
O seculo XVIII correspondén os retablos das igresias de Nantón e Riobo igresia na que se achań os cadaleitos dos Condes da Penela.
[editar] Século XX e actualidade
[editar] Como chegar
[editar] Ruta A Coruña - Carballo - Buño - Ponteceso - Cabana.
Se vostede vén dende a capital da provincia de A Coruña, pode achegarse a Cabana de Bergantiños pola estrada comarcal 552 que vai ata Fisterra, pasando por Arteixo, Paisaco e A Laracha e o chegar a Carballo (capital da Comarca de Bergantiños) desviase pola estrada que vai a Malpica (vila mariñeira por escelencia) ata chegar a Buño (famosa pola sua artesanía alfareira) onde se desvía pola estrada que vai a Ponteceso (vila na que naceo o bardo Eduardo Pondal, escritor do Himno Galego), unha vez pasada a vila o cruzar a ponte entra vostede en Cabana de Bergantiños despois de facer 56 km. No traxecto de A Coruña - Carballo ten a alternativa de coller a autoestrada AG 55 que é de pago (2 euros e 5 centimos no ano 2007).
[editar] Ruta A Coruña - Carballo - Baio - Cabana.
Despois de chegar a Carballo pode continuar pola estrada 552 sen ningún desvío ata Baio(no concello de Zas) pasando por Coristanco (famosas son as súas patacas), Agualada, Nantón (xa en Cabana de Bergantiños) e Baio onde colle a estrada que vai ata Borneiro (famosa pola súa cidade celta e Dolmen de Dombate).
[editar] Ruta Santiago - Portomouro - Santa Comba - Zas - Baio - Cabana
Outra posibilidade é vir dende Santiago de Compostela. Debe coller a estrada comarcal 545 ata Portomouro, e unha vez alí tomar o desvío a Santa Comba, Zas e dirixirse a Baio e en Baio coller o desvío cara a Borneiro.
[editar] Lugares de interese
En Cabana de Bergantiños atópanse o Dolmen de Dombate e o A Cidade Celta os dous na parroquia de Borneiro.
Na parroquia de Cesullas atopase o lugar de San Fins famoso pola súa romaría.
Na parroquia de Anos atópanse as Torres do Allo.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Cabana de Bergantiños
[editar] Hidrografía
O concello de Cabana é bañado polo río Anllóns que o separa do concello de Ponteceso o cual recive auga dos rios polo marxen de Cabana, como són O río de Leas o río do Regenco e o río dos Muiños.
[editar] Lugares de Cabana de Bergantiños
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cabana de Bergantiños vexa: Lugares de Cabana de Bergantiños.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabana de Bergantiños | |
---|---|
Anos (Santo Estevo) | Borneiro (San Xoán) | Canduas (San Martiño) | Cesullas (Santo Estevo) | Corcoesto (San Pedro) | Cundíns (San Paio) | O Esto (San Xoán Bautista) | Nantón (San Pedro) | Riobó (San Martiño) | Silvarredonda (San Pedro) |
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||