As Somozas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Somozas | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Somocense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia da Coruña |
Comarca: | Ferrol |
Área: | 70,9 km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2007) | |
Poboación: | 1.374 hab. |
Densidade: | 19,38 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | 98,40 % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | 93,95 % |
Ás veces: | 2,87 % |
Nunca: | 3,18 % |
Política (2007) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 8 (797 votos - 82,68 %) BNG 0 (54 votos - 5,60 %) PSdeG-PSOE 1 (102 votos - 10,58 %) Outros: - (- %) |
Alcalde: | Manuel Candocia Ramos (PPdeG) |
Eleccións municipais en: As Somozas {{{eleccións}}} |
|
Censo electoral (2007) | |
Total electores: | 1.403 - 100 % |
Votantes: | 976 - 69,57 % |
Abstencións: | 427 - 30,43 % |
Votos en branco: | 11 - 1,13 % |
Votos nulos: | 12 - 1,23 % |
Orzamentos (2000) | |
Enderezos | |
Enderezo físico: | Igrexa, 1 |
Teléfono: | 981 404 101 |
Fax: | 981 404 205 |
Código postal: | 15.568 |
Correo electrónico: | correo@assomozas.dicoruna.es |
www.assomozas.org | |
|
|
Notas: |
As Somozas é un concello da Provincia da Coruña en Galicia. Pertence á Comarca de Ferrol.
Poboación no 2007: 1.374 habitantes segundo o INE (1.392 no 2006, 1.411 no 2005, 1.403 no 2004, 1.407 en 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Somocense
Evolución da poboación de: As Somozas - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
3.801 | 3.934 | 3.962 | 2.004 | 1.403 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Índice |
[editar] Xeografía
Os 71,4 km² polos que se extende este concello son bastante accidentados, ainda que de altitude escasa: as maiores altitudes son as de Vilalbesa (583 m.), Pena dos Ladróns (620 m.), Naveira (523 m.), Lameira (518 m.) Barreiros (538 m.) e Cortello (484 m.), todas elas nas parroquias de As Somozas e Recemel. Atravésanno o río Mera e o río Grande de Xubia; o primeiro conforma o límite con Ortigueira e desemboca na ría de Ortigueira e o segundo nace na confluencia dos ríos Ferreiras e Grande.
[editar] Historia
O concello como tal naceu en 1836 cos primeiros concellos constitucionais e chamouse en principio Santiago Seré das Somozas, coincidindo co da súa parroquia máis grande. En 1845 incorporouse a parroquia de Recemel, que estaba no de Moeche. En 1895 Santiago Seré das Somozas dividiuse en Enchousas e Seixas.
A finais dos anos 1979 As Enchousas fíxose famosa polas loitas labregas contra os foros.
[editar] Economía
A economía é marcadamente agrícola, con explotación forestal do eucalipto, transformación da madeira en aserradeiros, gando vacuno e cultivos de autoconsumo ou, como moito, para os mercados e feiras de Moeche e As Pontes. Hai que mencionar o cultivo de kiwi e existencia dunha embotelladora de leite.
Case unha cuarta parte dos traballadores viaxen até As Pontes, pois están empregados por ENDESA ou as súas empresas auxiliares.
A poboación é moi dispersa e o lugar de maior tamaño, Igrexa, ronda os 100 habitantes.
[editar] Lugares das Somozas
Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Somozas vexa: Lugares das Somozas.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias das Somozas | |
---|---|
As Enchousas (San Pedro) | Recemel (Santa María) | Seixas (Santa María) | As Somozas (Santiago Seré) |
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||