Río Grande de Xuvia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Grande de Xuvia | |
---|---|
{{{lenda}}} |
|
Nacemento: | {{{nace}}} |
Altitude da fonte: | 460 metros |
Lonxitude: | 31 km |
Caudal medio: | 5,517 m³/s |
Conca: | {{{conca}}} |
País: | Galicia |
Desemboca: | Ría de Ferrol |
O Grande de Xuvia, ou simplemente Xuvia, é un río galego na provincia da Coruña, que forma a ría de Ferrol.
Índice |
[editar] Percorrido
Nace nos montes da Serra, a 460 metros de altura, cerca de Tafornelos, no concello de Somozas. Logo dun percurso total de 31 km, desemboca entre Xuvia, no concello de Narón e Santa María de Neda, no municipio homónimo, no fondo da ría de Ferrol.
[editar] Afluentes
Os seus afluentes principais son o río das Ferrerías, e pola esquerda o río Castro.
[editar] Caudal
O caudal medio do Grande de Xuvia, na foz, é de 5,517 m³/s.
[editar] Protección
As concas do Grande de Xuvia e maila do río Castro forman parte do Lugar de Interese Comunitario Grande - Xubia, cunha área protexida de 2.074 Ha., que está previsto aumentar até un total de 3.024 Ha.
[editar] Explotación
Sobre o Grande sitúase o encoro de Presa do Rei, entre os concellos de Narón e Neda, propiedade de Galicia Textil.
[editar] Breve historia do nome
O río Grande de Xuvia corresponde seguramente ao río Iubia, citado por Pomponio Mela, entre os que desaugan no golfo dos Ártabros.
Durante a Idade Media é citado como Iuvia, Xoyva, entre outras denominacións. A fins do século XVIII, Lucas Labrada denomínao río Xubia.