Autoestrada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha autoestrada é unha vía de circulación de automóbiles e vehículos terrestres de carga; é rápida e segura e admite un volume de tráfico considerable, cunha serie de características que a diferencian dunha estrada normal. As primeiras vías construídas con esta configuración fixéronse en Alemaña durante os anos 30.
[editar] Características
Para poder ser cualificada como autoestrada, unha vía de circulación debe reunir as seguintes características:
- Dúas calzadas de circulación, unha para cada sentido, separadas entre si por unha franxa ancha de terreo ou por valas de protección.
- Polo menos dous carriles de circulación en cada calzada.
- Arcéns laterais en cada calzada, para que un vehículo poida deterse en caso de urxencia sen obstaculizar o tráfico.
- Curvas pouco pronunciadas para que os vehículos non teñan que minorar a marcha ao circular por elas.
- Ausencia de cruces a nivel, que se resolven mediante pasos superiores ou inferiores.
- Entradas e saídas con carriles, separados dos principais, de desaceleración e de aceleración para que os vehículos que saen ou entran na autoestrada cambien a súa velocidade fóra dela.
- As saídas e entradas están situadas case sempre no lado dereito no sentido da marcha, xa que o carril esquerdo é o de adelantamiento e, polo tanto, o máis rápido.
- O acceso aos inmobles colindantes coa autoestrada non se realiza directamente desde a mesma a menos que se utilicen entradas e saídas como as antes descritas. Nas zonas urbanas é habitual a existencia de rúas paralelas situadas a cada lado denominadas "vías de servizo" ou "colectoras" que permiten o acceso aos inmobles que limitan coa autoestrada sen perturbar o tránsito da mesma.
[editar] Véxase tamén
- Autovía
- Peaxe