See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
H.C. Liceo - Wikipedia

H.C. Liceo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

o H.C. Liceo é un clube de hoquei a patíns de A Coruña. Unha icona dentro do hoquei galego, historicamente é o clube deportivo máis laureado de Galiza. As súas orixes debemos buscalas no ano 1972, data na que se funda o Clube Deportivo Liceo La Paz (cuxa matriz encontramos no colexio coruñés Liceo La Paz), por iniciativa dun grupo de catro persoas (entre as que sobrancea a figura de Augusto César Lendoiro). A honra de ser o seu primeiro presidente recaeu en Felipe Marcos Nieto. Na súa primeira temporada, a 1972/1973, consegue o Liceo facerse co campionato galego de Segunda División, o cal lle permite acceder á máxima categoría galega. Na seguinte campaña (1973/1974), conseguirían (lucindo xa as cores verde e branca actuais no seu iniforme) un novo ascenso, desta vez á diviíón de prata española. Nela militará ata a temporada 1978/1979, na cal conseguirá o ascenso á División de Honra (hoxe chamada O.K. Liga).

Na temporada 1980/1981 comezará a lenda liceísta, pois durante o transcurso da mesma o equipo coruñés conquistará unha Copa do Rei de hoquei e unha Copa CERS, ao cal foi unido o subcampionato na División de Honra. Precisamente conseguirá o título de Liga o Liceo no curso seguinte, o cal supuxo todo un fito, posto que se trataba do primeiro equipo non catalán que conseguía tal logro. A vitrina da escuadra coruñesa non fai máis que almacenar títulos, non só a nvel peninsular, senón tamén europeo. Na temporada 1986/1987 chegará á Coruña a primeira Copa de Europa de hoquei, acompañada na campaña pola Supercopa de Europa de hoquei e pola Copa Intercontinental de hoquei. Converteríase a escuadra herculina nunha das dominadoras (xunto con clubes como o Fútbol Club Barcelona, o Igualada ou o Porto) do hoquei europeo.

Porén, a partir da temporada 1998/1999 o equipo comezou un certo decaemento e entra nunha sequía de títulos, a cal romperá ao grande na temporada 2002/2003, na que conseguíu a Copa de Europa de hoquei na Coruña ante a súa afección. Aínda así, isto resultou un espellismo, posto que o Liceo pasou en branco as campañas 2004/2005 e 2005/2006.

[editar] Xogadores míticos

Algúns dos xogadores míticos do equipo coruñés son os seguintes: o arxentino Carlos Gil, Areces, Martinazzo, Willy Duarte, Canalda, Facundo Salinas ou Martín Payero.

[editar] Palmarés

  • 6 títulos de Liga
  • 9 Copas do Rei
  • 4 Copas de Europa
  • 2 Recopas de Europa
  • 2 Copas CERS
  • 5 Supercopas de Europa
  • 4 Copas Intercontinentais

[editar] Ligazóns externas

Páxina web do clube

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -