See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ordes - Wikipedia

Ordes

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ordes
Situación
Xentilicio 1: Ordense
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Ordes
Área: 157,3 km²
Entidades de poboación: 13 parroquias
Capital do concello: Ordes
Latitude e lonxitude: 43° 04' 36 N - 8° 24' 26 W
Altitude máxima: 471 m.
Altitude mínima: m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2007)
Poboación: 12.359 hab.
Densidade: 78,57 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: 97,53 %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: 80,71 %
Ás veces: 13,92 %
Nunca: 5,37 %
Política (2007)
Concelleiros 4: PPdeG 4 (1.693 votos - 19,82 %)
BNG 3 (1.535 votos - 17,97 %)
PSdeG-PSOE 4 (1.639 votos - 19,18 %)
Outros: UXO 4, NA 1, TEGA 1 (UXO: 2.039 votos - 23,86%; NA: 809 votos - 9,47%; TEGA: 530 votos - 6,20 %)
Alcalde: Manuel Regos Boquete (UXO)
Eleccións municipais en: Ordes

Eleccións municipais en Ordes

Censo electoral (2007)
Total electores: 12.177 - 100 %
Votantes: 8.618 - 70,77 %
Abstencións: 3.559 - 29,23 %
Votos en branco: 104 - 1,21 %
Votos nulos: 74 - 0,86 %
Orzamentos (2000)
Enderezos
Enderezo físico: R/ Alfonso Senra, 108
Teléfono: 981 680 002
Fax: 981 682 221
Código postal: 15.680
Correo electrónico: administracion@concellodeordes.com
www.concellodeordes.com

Notas:
1 Véxase no Galizionario.
2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións municipais maio 2007.

Ordes é un concello da Provincia da Coruña en Galicia. Pertence á Comarca de Ordes.

Poboación no 2007: 12.359 habitantes segundo o INE (12.294 no 2006, 12.272 no 2005, 12.287 no 2004, 12.266 en 2003).

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Ordense

Evolución da poboación de: Ordes - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 7.260  8.205  10.450  11.076  12.287
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Estes datos varían con respecto a información da web oficial do concello.

Índice

[editar] Xeografía

Ordes atópase nunha chaira a medio camiño entre Compostela e A Coruña. A altura sobre o nivel do mar oscila entre os 461 m. nos montes do sul e os 450 m. no norte e neste sentido flúen os cursos de auga, que desembocan case todos no río Tambre. O máis importante é o río Lengüelle, que baixa polo oeste marcando o límite co concello de Tordoia. Os regatos da parroquia de Ardemil desembocan no río Barcés. O terreno está formado por unha unidade xeolóxica de esquistos denominada Esquistos de Ordes.

O concello ocupa 157 km² e un terzo da poboación reside na capital, Ordes. Está atravesado pola N-550, a AP-9 e polo ferrocarril entre A Coruña e Compostela.

As precipitacións son abondosas e superan os 1.500 mm anuais. A temperatura media é de 13°C, se ben xea todo o ano excepto no verán. Boa parte do territorio está ocupado por lameiros e bosques de eucaliptos.

[editar] Historia

Da época castrexa destacan o castro de Cerdón e o de Ferreiros. Durante a Idade Media fixo parte do condado de Trastámara, e posteriormente dividiuse entre a xurisdición de Folgoso, do conde de Altamira, o couto de Faramilláns e as xurisdicións de Gorgullos e Montaos. Montaos foi doado por Afonso VII á catedral de Santiago de Compostela en 1124. En 1544 Filipe II, de camiño a Compostela, pernoctou en Calle, na parroquia de Poulo, feito do que deixa constancia unha inscrición no lintel da porta. O xeneral Porlier tamén pernoctou en Ordes e aquí foi feito prisioneiro. Durante a guerra civil de 1833 producíronse enfrentamentos entre liberais e absolutistas e en 1846 pasou Solís coas tropas do Exército Libertador de Galicia.

[editar] Economía

Durante a década de 1960 produciuse unha emigración cara as cidades máis próximas e cara Europa, que freou na década de 1970. Na actualidade, un cuarto da poboación dedícase ao sector primario (gando bovino para leite). Como industrias destacan o sector téxtil e a construción. O sector terciario concéntrase na capital do concello e destacan empresas de comercio ao por maior.

[editar] Lugares de Ordes

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ordes vexa: Lugares de Ordes.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Ordes

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ordes

Ardemil (San Pedro) | Barbeiros (Santa María) | Beán (Santa María) | Buscás (San Paio) | Leira (Santa María) | Lesta (Santo André) | Mercurín (San Clemente) | Ordes (Santa María) | Parada (Santa Mariña) | Pereira (Santaia) | Poulo (San Xulián) | Santa Cruz de Montaos (Santa Cruz) | Vilamaior (Santiago)

[editar] Personaxes de sona

[editar] Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia


Galicia en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel, especialmente se vives neste sitio, e contribúe a que a Galipedia ofreza a mellor información posíbel sobre o noso país. Pódeche resultar útil ver outros artigos sobre Galicia ou consultar o nomenclátor oficial.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -