Río Tambre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O río Tambre ten un percorrido de 125 km, e pertence á vertente atlántica. Nace na parroquia da Porta, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada do Engano. Percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame (1.531 quilómetros cadrados).
O río Tambre conta cunha rica fauna nos seus arredores. Na zona de Portomouro (onde se xuntan o Tambre e o Dubra) pódense atopar numerosos animais de todo tipo en estado salvaxe (garzas, parrulos, coruxas, lontras, etc.) Na auga abundan as troitas, os escalos e incluso anguías. Noutros tempos había lampreas e salmóns, pero desapareceron despois da construción de encoros entre Portomouro a a desembocadura.
O Dubra e o Barcala son os principais afluentes do río Tambre. No ano 2001 foi declarado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).
[editar] Entre Ponte Maceira, Portor, Negreira e Agrón, Ames
Á dereita Ponte Maceira, Portor, Negreira |
Á esquerda Agrón, Ames |
||
Vista de Agrón, Ames dende Ponte Maceira |
Vista de Agrón, Ames dende Ponte Maceira |