See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Curtis - Wikipedia

Curtis

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Faltan ligazóns internas neste artigo.
Faltan ligazóns internas neste artigo. Por favor, wikifíqueo.


Curtis
Situación
Xentilicio 1: Curtiense
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Betanzos
Área: 116,6 km²
Entidades de poboación: 4 parroquias
Capital do concello: Teixeiro
Latitude e lonxitude: 43° 8' 20' ' N
8° 2' 9' ' O
Altitude máxima: m.
Altitude mínima: m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2007)
Poboación: 4.244 hab.
Densidade: 36,40 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: 98,24 %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: 88,38 %
Ás veces: 8,12 %
Nunca: 3,50 %
Política (2007)
Concelleiros 4: PPdeG 7 (1.846 votos - 59,72 %)
BNG 1 (404 votos - 13,07 %)
PSdeG-PSOE 3 (809 votos - 26,17 %)
Outros: - (- %)
Alcalde: Javier Francisco Caínzos Vázquez (PPdeG)
Eleccións municipais en: Curtis

{{{eleccións}}}

Censo electoral (2007)
Total electores: 4.299 - 100 %
Votantes: 3.119 - 72,55 %
Abstencións: 1.180 - 27,45 %
Votos en branco: 32 - 1,03 %
Votos nulos: 28 - 0,90 %
Orzamentos (2000)
Enderezos
Enderezo físico: Praza de España, nº1. Teixeiro
Teléfono: 981 789 003
Fax: 981 789 578
Código postal: 15.310
Correo electrónico: concellodecurtis@hotmail.com
concellodecurtis.org

Notas:
1 Véxase no Galizionario.
2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións municipais maio 2007.

Concello da Provincia da Coruña en Galicia. Pertence á Comarca de Betanzos.

Poboación no 2007: 4.244 habitantes segundo o INE (4.287 no 2006, 4.369 no 2005, 4.421 no 2004, 4.438 no 2003).

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Curtiense

Evolución da poboación de: Curtis - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 4.335  5.678  6.723  5.084  4.421
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)



Índice

[editar] Ríos

Río Mandeo: Cun curso de 53 km., percorre a maioría deles pola localidade. Nace no Alto das Pías (720 metros de altitude) ó lombo da Coba da Serpe e desemboca na ría de Betanzos. Teixeiro e Curtis, xunto con Sobrado forman a cunca lata deste río. A única especie de fauna que habita este río é a troita común. Río Mendo: Nace no Monte da Graña (580 metros de altitude) seguindo un amplo curso discorre cara a San Mamede (Cesuras) e Bandoxa (Oza dos Ríos) onde a 200 metros únese co Minator, o seu afluente. A partir de Souto (Coirós) vólvese máis sinuoso, e descende rápidamente, para discorrer paralelo ó Mandeo e desembocar coma este na ría de Betanzos. Ó igual que o resto dos ríos e regatos , a única especie acuícola é a troita común. Rio Deo: É un afluente do Mnadeo e cun curso de 16 km. nace nos montes da Carriceira (548 metros de altitude) e desemboca no Mandeo á altura da Castellana. Salvo no seu tramo final no que se une ó Mandeo, o Deo discorre por terrenos máis ou menos homoxéneos en altitude, producindo no seu curso abundantes brañas.

[editar] Flora e fauna

O tipo de solo que caracteriza a este concello é granitico nas súas dúas variantes: granitos de biotita e granitos de dúas micas. Cara ó oeste aparece unha reducida zona de esquistos e cara ó sur unha área de rochas básicas. Asi pois, podemos afirmar que neste concello coexiste diversidade de vexetación. As fragas contan con carballos, castiñeiros e bidueiros; cabe destacara existencia de acivros e sanguiños así como gramíneas e herbáceas. As brañas, na actualidade, aproveitsnse forestalmente introducindo eucalipto e piñeiro e, tamén para o aproveitamento gandeiro, sendo frecuentes os cabalos en liberdade. Referíndonos á fauna, esta atópase moi relacionada co tipo de clima e vexetación. Dentro da fauna cinexética destacan entre os mamíferos: o raposo, corzo, xabarín, coello e a lebre. Entre o tipo de aves podemos sinalar: a paspallás, a perdiz e o faisán. Como especies protexidas, citar a presencia do lobo.

[editar] Zonas verdes, roteiros e sendeirismo

Curtis, mantén un Patrimonio Natural de grande valor ecolóxico e paisaxístico, debendo estar a súa conservación na contemplación dunha estratexia de desenvolvemento integral vertebrada entorno a aXENDA lOCAL-21, proxecto de desenvolvemento económico e humano sostible impulsado pola O.N.U. e da que Curtis é pioneiro na provincia da Coruña.

[editar] roteiros

Curtis conta con 10 roteiros de carácter local-2 (SL), ofrecendo cada un deles non so un atractivo paisaxistico senón que discorren por núcleos rurais onde se poden observar a arquitectura tradicional. Trátanse duns percorridos onde o rustico acada unha grande relevancia e, para non perder a sensación de unidade, é moi recomendable culminar todo o camiño sunha soa vez. A primavera e o outono son os mellores momentos para atravesar cada un deles xa que a diversidade de colores e olores que sorprenderán os camiñantes, como se pode observar na Guía de Recursos Naturais publicada polo Concello no ano 2001. Tres roteiros cumpren os requisitos para ser homologadospola Federación Galega de Montañismo.

[editar] Arquitectura relixiosa

O Concello de Curtis conta con catro parroquias:

[editar] Santa Maria de Lourdes

Atópase aquí a Igrexa de Nosa Señora de Lurdes de recente construccion.

[editar] Santa María de Fisteus

Nesta parroquia hai tres igrexas, a de Santa María de Fisteus que data do século XIII, a de San Roque de Xabriño construída no século XVIII en sillería de cachotería e a da Illana de recente construcción.

[editar] Santa Eulalia

Duas igrexas importantes ten esta parroquia. Unha é a de Nosa Señora dos Remedios (Teixeiro), orixinalmente do século X, foi construída probablemente para sacralizar un lugar de ritos célticos, conta cun carballo de mais de 200 anos e unha fonte próxima. A igrexa orixinal sufriu numerosas remodelacions nos séculos XVII, XVIII, XIX e XX. A outra igrexa é a de Santaia, un templo primitivo construído no século X por Plasencio, avó do célebre San Pedro de Mezonzo. O templo está vencellado a este personaxe fundamental na Historia de Galicia, porque naceu no lugar de Chacente (lugar pertencente á parroquia de Santaia) no ano 930.

[editar] Santa María de Foxado

A igrexa principal de Foxado data do século XVIII. É de tipoloxía barroca. A súa fachada é de sillería de granito destaca a torre do seu campanario rematada en espadaña.

[editar] Lugares de Curtis

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Curtis vexa: Lugares de Curtis.

[editar] Casas rectorais

  • A casa rectoral da Nosa Señora de Lourdes, é unha edificación modernista de principios do século XX, está situada no centro do núcleo urbán de Curtis con galería e balcón de madeira.
  • A casa rectoral de Nosa Señora dos Remedios, foi recentemente restaurada e está situada fronte á igrexa, ás aforas do núcleo urbán.
  • A casa rectoral de Santaia, anterior ó século XVIII, tamén foi recentemente restaurada pola asociación de veciños pero sempre respetando a súa estructura orixinal.
  • A casa rectoral de A Illana é do século XX e é, claramente, un edificio representativo da arquitectura rural.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Curtis

Curtis (Santaia) | Fisteus (Santa María) | Foxado (Santa María) | Santa María de Lurdes (Santa María)

[editar] Personaxes de sona

[editar] Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia




Galicia en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel, especialmente se vives neste sitio, e contribúe a que a Galipedia ofreza a mellor información posíbel sobre o noso país. Pódeche resultar útil ver outros artigos sobre Galicia ou consultar o nomenclátor oficial.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -