See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pedro de Mezonzo - Wikipedia

Pedro de Mezonzo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Bispo de Iria Flavia-Santiago de Compostela. Santo galego, líder espiritoal do país en momentos de gran tribulación.

Naceu cara o 930 en Curtis, fillo de Martiño Placencio, cabaleiro galego da familia que fundara o mosteiro de Santa Eulalia de Curtis e de Mustacia. Os seus irmáns foron Adelfio, tamén monxe, Vimara pai do bispo de Ourense do mesmo nome, Aragaonta e Mustacia.

Índice

[editar] Monxe

De cativo, da man da súa nai, estivo ao servizo da Infanta Dona Paterna, nai do bispo Sisnando como capelán. Ingresou despois no mosteiro de Santa María de Mezonzo. Mosteiro libros nimis abundanter onde adquiriu unha formación destacada tanto de autores clásicos como dos Pais da Igrexa e acadou sona de sabedoría intelectual e humana. Cando no 955 o mosteiro de Sobrado dos Monxes absorveu ao de Mezonzo, pasou ao primeiro no que desempeñou o cargo de notario.

[editar] Abade

Xa con sona de prudente, xusto e sabio no 965 é elixido abade. Tal foi o prestixio deste gran mosteiro que o bispo Sisnando e os seus irmáns Rodrigo e Elvira doáronlle todos os seus bens. O rei de León Ramiro III dooulle importantes regalías de xeito que se converteu nun dos centros relixiosos máis importantes da cristiandade hispana.

As terras de Sobrado sofriron o Horrorum normandorum, espanto da poboación polas sanguiñolentas incursións dos invasores vikingos. Isto obrigou a Pedro a manter a esperanza e a confianza nun pobo estarrecido e en continuo desacougo. Rosendo de Celanova e o conde Gonzalo puxeron en fuga a invasión, nun momento en que a monarquía leonesa non era quen de defender o país galego, abandoado a súa sorte fronte a ameaza normanda.

Tras esta treboada, Pedro esforzouse en reconstruír o asolado mosteiro de Santa Eulalia, a reorganizar as terras e xentes dependentes de Sobrado, a consolar aos afrixidos e a socorrer aos feridos e magoados.

Máis tarde pasou ao fronte do mosteiro de San Paio de Antealtares propiciado o seu goberno por San Rosendo, agora ao fronte da diócese de Iria Flavia-Santiago. Acompañou a este ao concilio que se celebrou en León para suprimir o bispado de Simancas.

Neste intervalo pasou a reinar en Galicia Bermudo II aupado pola nobreza galega e que arelaba gobernar tamén en terras leonesas. Pedro cando menos, non debeu amosar oposición ao monarca galego enfrontado a Ramiro III de León, pois tras facerse aquel con todo o reino de León, non sufriu menoscabo da súa autoridade eclesiástica, antes ben recibiu doazóns do Conde Tello Alvite no 985 coa benzón dos bispos San Viliulfo de Tui, Hermenexildo de Lugo, Armentario de Dumio, Gonzalo de Ourense e Paio de Iria Flavia-Santiago.

[editar] Bispo

Se cadra removido polo novo rei galego, Paio Rodríguez renuncia á Mitra. Todos os votos converxen en Pedro. Este asina un documento no 16 de novembro do ano 985 como bispo de Iria e da Sé Apostólica. Reafirmou Pedro este último título que tantos recelos inspirarían en Roma e que lle causarían,décadas despois, a Cresconio a pena de excomunión.

Nese ano, participa nas Cortes convocadas por Bermudo II para reafirmar o seu dominio pacífico sobre todo o reino de León. En xaneiro de 986, confirma un diploma do rei galego ao mosteiro de San Salvador de Celanova, e o 7 de febreiro, recibe daquel un privilexio para a súa Igrexa onde se lle doan terras de cabaleiros apreixados e martirizados por Almanzor tras a devastación da cidade de Simancas. Máis adiante, doaralle os dominios de Salvaterra no sul de Galicia, e Portomarín, no centro. Algúns destes bens concédenselle en usufructo incluso para o caso de que renuncie a mitra compostelana. Mostra clara do afecto e veneración que o rei profesaba polo carísmático e reverenciado bispo.

A nobreza galega que aupara a Bermudo non ficara satisfeita coas prebendas do novo status quo e empezaron a negociar alianzas co victorioso Almanzor, xa por temor, xa por arelar a protección e o impulso do dono de Hispania.

Os magnates Suero Gundemariz, Gonzalo Menéndez, Galindo e Osorio Díaz chegaron a sublevarse, pero Pedro mantívose fiel ao rei galego e non foi factor de división nin turbulencia. Neses momentos de anguria e incertidume, tanto o rei como o bispo favorecen aos anacoretas do monte Ilicino (o Pico Sacro) para que asistan as súas xentes coas oracións e pregarias. Por aquel entén tamén resolveu pacificamente certas disputas entre Sobrado e o bispado de Lugo. Asinou tamén concordias co mosteiro de Samos e restaurou os predios e edificacións do mosteiro de Santo Estevo de Boiro estragado polos normandos, anexionándoo ao de Antealtares. No mosteiro de San Martiño Pinario favoreceu os Oficios do Culto contruíndo para os monxes unha igrexa axeitada nun momento no que o devandito convento estaba fora dos muros da cidade e facía arriscado acudir á Catedral.

[editar] A destrucción de Almanzor

No 997, Almanzor emprendía outra das súas temibles e victoriosas campañas. A súa impoñente infantería embarcaba en Córdoba e entraba polo Douro para unirse á súa eficaz cabaleiría á que se agregaran condes galegos e leoneses que apostaban pola indiscutible superioridade do caudillo musulmán de España. Seguidamente, cruzaban o Miño e arrasaban as terras de Salvaterra, destruían a cidade de Tui, saqueaban o mosteiro de San Cosme e San Damián mentres os fuxitivos refuxiábanse nas montañas ou na illa de San Simón. Tras o asalto ao castelo de Ponte Sampaio que lle pechaba o paso, caían implacables sobre as terras de Santiago.

Pedro encargou a evacuación da cidade buscando salvar as reliquias do Apóstolo que levou consigo, así como as vidas da xente a quen non quixo expoñer nunha loita claramente inútil. A cidade, silenciosa e deserta, quedou abandoada ao caudillo islámico. Este encontrou axeonllado perante o sartego de Santiago a un monxe ancián que lle inspirou tal respeito que mandou que ninguén o incomodase, mentres, ordeaba a completa destrucción e incendio da cidade e as vilas e mosteiros dos arredores.

Durante oito días todo foi saqueo e destrucción. Acadado o obxectivo de deixar reducida a cinsas a capital espiritoal do occidente cristián, retornou con catro mil cativos. Como humillación final, fixo cargar nos hombreiros dalgúns deles as campás e as portas do santuario apostólico que se colocaron na magnífica mesquita de Córdoba.

Aplicouse Pedro, tras esta terrible enxurrada de destrucción, a unha intensa e rápida laboura de restauración das súas cidades, vilas e mosteiros, entre eles o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, así como a renovar o ánimo abatido e desconsolado dos seus fieis.

No 999 morría o rei galego Bermudo, deixando varios bastardos e un neno lexítimo, un pequeno de cinco anos. Co fin de evitar novas axitacións nos reinos cristiáns, o seu titor, o conde galego Menendo González, e o propio Pedro apresuráronse a facelo unxir en León. No mesmo momento da coroación, o rei neno Afonso V, da man do conde galego, asina un privilexio que confirma, como o primeiro entre os bispos dos seus reinos, Pedro de Mezonzo.

[editar] O home

Nos documentos da época, particularmente os rexios, aparecen testimuños do prestixio moral de Pedro a quen chaman amado de Deus, e titor no material e no espiritual da súa grei. A raíña Elvira, xa viuva, o denomina o seu pai e pontífice. Sobre a base destes documentos e outras tradicións, López Ferreiro descríbeo como pai dos probes, titor dos desvalidos, defensor dos febles contra as continuas demasías e atropelos dos poderosos; e todos os que el acodían obtiñan del benigna e paternal acollida. El, simplemente, autocalifacábase como pecador.

O papa Bieito XIV recolle a tradición que lle atribúe o celebre canticum do pobo cristián en momentos de tribulación e anguria, a Salve Regina , onde se implora á nai de Xesús como vida e dozura esperanza nosa, de ollos mirericordiosos. Recolle o papa o que se le nos Anais Benedictinos de Mabillón, ano 986: Petrus Episcopus, cognomento de Moson, qui ante episcopatum monasterii Sancti Petri de ante Altaria in eaden Urbe(Compostella) abbas extiterat. Hic piam antiphonam de Beata Virgine, nempe Salve Regina, compuesi dicetur.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -