See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Reino de León - Wikipedia

Reino de León

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Armas do Reino de León
Armas do Reino de León

O Reino de León foi un dos reinos medievais da Península Ibérica, sucesor do antigo Reino de Asturias, que tivo un papel protagonista na Reconquista e formación dos sucesivos reinos cristiáns do occidente peninsular.

[editar] Séculos IX-X: Inicios

A cidade de León foi incorporada ao Reino de Asturias a mediados do século IX grazas a Ordoño I en 856, quen reconstrúe as murallas da cidade. León sería un punto estratéxico pola súa historia e porque era unha poboación ao sur da cordilleira cantábrica así como un centro neurálxico do territorio astur, cuxa capital atopouse nas guerras contra os romanos vinte quilómetros ao sur, na cidade de Lancia. O seu fillo, [[Afonso III regis Galleciae et Asturiae segundo os Annales Regni Francorum |Afonso III o Magno]] reincorporará o territorio leonés á coroa.

Tras a morte de Afonso III o Magno, o Reino de Asturias divídese e queda repartido entre os seus fillos:

Ao morrer García I en 914 sen descendentes, Ordoño II trasladouse a León onde foi aclamado rei, co que sería rei de León e de Galiza, e o que trasladaría definitivamente a capital da coroa desde Oviedo a León. Co que se creará un novo reino, o Reino de León, que aglutinará a Asturias, xa que Froila II permaneceu en Asturias, pero recoñecendo a primacía do reino leonés.

Coa formación do novo reino continuará a reconquista contra os musulmáns e ata a loita contra outros reinos cristiáns como o de Navarra.


Reinos cristiáns contra 925
Reinos cristiáns contra 925
  • Ramiro II foi o máis importante rei de León, vence a Abderramán III en Madrid, Simancas, Talavera e en Osma.
  • Bermudo III (ou Vermudo III). Rei de León do 1027 ó 1037, busca a alianza con Castela, cuxo conde García Sánchez estabelece o seu matrimonio coa irmá do rei, Dona Sancha. Ó ser asasinado o conde castelán en vésperas da voda pola familia rival (os Velas), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III que o cede ó seu fillo Fernando quen remata con casar con Dona Sancha. Fernando I convértese así no primeiro rei de Castela. O novo reino de Castela terá problemas con León por cuestións territoriais. Bermudo III é vencido na batalla de Tamarón, co que o reino de León pasa tamén a Fernando I. Así remata a dinastía asturiana e serán reis de sangue navarro os que reinen en Castela e León.

[editar] Véxase Tamén

[editar] Outros artigos


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -