Reino de Asturias
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Reino de Asturias foi a primeira entidade política cristiana que se establece na península Ibérica tra-lo colapso do Reino suevo-visigodo tra-la morte do rei Rodrigo na Batalla de Guadalete e despois à Invasión musulmana. O reino durou desde o ano 718 até 925 cando Fruela II se fixo co trono do Reino de León. Xa nos momentos iniciais do reino astur, o rei cántabro Afonso tivo que facer expedicións militares para ter o control dos restos da Gallaecia sueva en 739. Ainda así, houbo frecuentes rebelións dos galegos (759, 778, 885, 895); xa que logo, após a batalla de monte Cupeiro, na que o rei Silo derrotou unha rebelión de toda a Gallaecia, non voltou haber serios intentos independentistas. Máis tarde formaría parte integrante do Reino de León.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Orixe do reino de Asturias (en castelán)