See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Porto do Son - Wikipedia

Porto do Son

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Porto do Son
Situación
Xentilicio 1: Sonense
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Noia
Área: 94,6 km²
Entidades de poboación: 10 parroquias
Capital do concello: Porto do Son
Latitude e lonxitude:
Altitude máxima: 650 m.
Altitude mínima: 0 m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2007)
Poboación: 9.899 hab.
Densidade: 104,64 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: 98,48 %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: 89,44 %
Ás veces: 8,37 %
Nunca: 2,19 %
Política (2007)
Concelleiros 4: PPdeG 6 (1.978 votos - 33,02 %)
BNG 4 (1.394 votos - 23,27 %)
PSdeG-PSOE 5 (1.594 votos - 26,61 %)
Outros: IXPDOS 1, A.V.S. 1 (IXPDOS: 409 votos - 6,83%; A.V.S.: 373 votos - 6,23 %)
Alcalde: Manuel Tomé Piñeiro (PPdeG)
Eleccións municipais en: Porto do Son

{{{eleccións}}}

Censo electoral (2007)
Total electores: 9.400 - 100 %
Votantes: 6.051 - 64,37 %
Abstencións: 3.349 - 35,63 %
Votos en branco: 88 - 1,45 %
Votos nulos: 61 - 1,01 %
Orzamentos (2000)
Enderezos
Enderezo físico: Rúa da Atalaia, s/n
Teléfono: 981 867 412
Fax: 981 767 358
Código postal: 15.970
Correo electrónico: concello@portodoson.net
www.portodoson.net

Notas:
1 Véxase no Galizionario.
2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións municipais maio 2007.

Concello da Provincia da Coruña en Galicia. A entidade de poboación capital é a vila homónima. Pertence á Comarca de Noia. En Porto do Son está o Castro de Baroña.

Poboación no 2007: 9.899 habitantes segundo o INE (10.025 no 2006, 9.990 no 2005, 10.039 no 2004, 10.134 en 2003).

Evolución da poboación de: Porto do Son - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 9.244  9.682  10.876  11.102  10.039
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

Porto do Son é un concello que ocupa o lado noroeste da Península do Barbanza. Isto supón que limite por todo o lado surleste con concellos da Comarca do Barbanza, de norte a sur: Boiro, Pobra do Caramiñal e Ribeira. Ó noreste limita cos concellos de Noia e Lousame.

A Península do Barbanza é unha terra moi accidentada, e nela Porto do Son non é unha excepción. O monte está en case todo o concello moi preto da costa, o que obriga á poboación a concentrarse en torno á liña costeira en case todo o territorio.

[editar] Demografía

Comparando a evolución demográfica desde 1900, a poboación de Porto do Son mantense estable ó contar nese ano con 9.244 habitantes e no 2005 con 9.990.

A poboación aumentou lixeiramente ata a metade de século, cando comeza a baixar lenta pero progresivamente, con pequenas variacións. Isto débese á baixa natalidade e a unha emigración que se leva a unha parte significativa da poboación ó exterior, o cal é constante na maioría dos concellos de Galicia.

[editar] Economía

No ano 2001, a taxa de actividade do concello de Porto do Son era do 45'2% e o paro de 9'1%. Por sectores, o sector terciario é o predominante, pois ocupa un 42'3% dos traballadores sonenses. O sector secundario, cunha ocupación predominante da construción, ocupa a un 33% dos traballadores. E o sector primario é o minoritario, ocupando a un 24% dos traballadores sonenses, a maioría en actividades pesqueiras.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Porto do Son

[editar] Lugares de Porto do Son

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Porto do Son vexa: Lugares de Porto do Son.

[editar] Parroquias

O territorio sonense está dividido en dez parroquias, a maior das cales é Nebra e a máis poboada, Noal, onde se atopa a capital do concello. Todas elas están bañadas polas augas da ría de Muros e Noia, excepto Ribasieira, que non da ó mar.

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son

Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Fins) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña)

[editar] Porto do Son na cultura popular

  • Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros. [1]
    • Aloque ou aloqueiro significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso.
    • Bucheiro pode significar barrigán, tripón; ou pescador de bucheiros, nome local dos muxos.

[editar] Personaxes de sona

  • David Vidal Tomé, adestrador de fútbol (n. 1950)

Manuel Mariño del Río, mestre e historiador

[editar] Notas

  1. ANÓNIMO (1968): Cantigas do viño. Ed. Castrelos, Vigo (Col. O Moucho 6).

[editar] Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -