See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Castro de Baroña - Wikipedia

Castro de Baroña

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Galicia en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel, especialmente se vives neste sitio, e contribúe a que a Galipedia ofreza a mellor información posíbel sobre o noso país. Pódeche resultar útil ver outros artigos sobre Galicia ou consultar o nomenclátor oficial.
Castro de Baroña

Parroquia:

Baroña

Concello: Porto do Son

Provincia:

A Coruña

Comunidade Autónoma:

Galicia

Cronoloxía
Datas de ocupación: (séc. I a.C. - século I d.C.
Data da descuberta:  ?
Períodos de escavación: 1933
1969-1970
1980-1984
1985
Estado actual: escavado, visita libre
Extensión estimada: 2,26 ha.
Véxase tamén: Castros de Galicia

Índice

[editar] Situación

O Castro de Baroña está situado na parroquia de Baroña no concello de Porto do Son, provincia da Coruña. O asentamento está construído nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos I a.C. e I d.C..

[editar] Descrición

Castro de Baroña
Castro de Baroña
Castro de Baroña
Castro de Baroña
Castro de Baroña
Castro de Baroña
Castro de Baroña desde o interior
Castro de Baroña desde o interior

Posuía dúas murallas ao seu redor e consérvanse 20 vivendas circulares ou alongadas.

No istmo que une o poboado ao castro escavouse un foxo de catro metros de ancho e tres de fondo que constitúe a primeira liña de defensa. A continuación hai unha muralla consistente en dous muros de cachotería case paralelos cun recheo de area e pedras. Pénsase que orinariamente constinuaba até conectar coa muralla do poboado, creando un espazo probabelmente non ocupado con vivendas.

A muralla principal, ben conservada, conta con dous panos. Un deles, á dereita, consiste en tres muros de cachotería que soben graduados e o da esquerda é semellante ao do istmo. Á dereita da abertura de entrada houbo un cubo defensivo e os muros estréitanse, polo que se supón que se fechaba cunha porta que non deixaría pasar os carros. Posibelmente, a muralla arrodeaba o castro case completamente.

A entrada ao interior consiste nunha rampa. A zona habitada estrutúrase en catro áreas. Na primeira, á esquerda hai unha construción na que había un banco corrido ou, segundo outra interpretación, un simple alicerce. Nela atáronse unha lareira, un furado para un poste e varios tixolos de barro. Puido ser unha forxa. Frente á porta da muralla hai outras construcións ovais con vestíbulo e outra que tamén puido ter sido outra forxa.

O sector seguinte está separado por un muro, que talvez servía para conter a terra, e pásase a el subindo unhas escaleiras, as mellor conservadas dos castros galegos. Distínguense un "barrio" de casas que delimita unha "praza" protexida do vento.

Un sendeiro leva ao sector máis alto do poboado, no que tamén hai construcións.

O poboado debeu de ser autosuficiente. Dentro do castro non hai auga, nen mananciais nen alxibes, polo que debeu ser preciso ila procurar no exterior. Pénsase que a alimentación tiña como principal fonte o mar: lapas, mexillóns, caramuxos e peixes; tamén se consumían bóvidos, cabras e ovellas e landras.

Hai restos de metalurxia (fornos), traballo da pedra e de tecido (fusaiolas).

[editar] Excavacións arqueolóxicas

O Castro de Baroña foi escavado por primeira vez en 1933 por Sebastián González-García. As seguintes campañas arqueolóxicas foron as de J. M. Luengo (1969-1970), Francisco Calo Lourido e Teresa Soeiro (1980 a 1984), Francisco Calo en 1985 e Ánxel Concheiro en 1984, que o consolidou.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -