Landra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A landra ou belota é o froito característico das especies do xénero Quercus (fam. Fagaceae), como son o carballo e outras árbores semellantes como a aciñeira ou a sobreira. A landra ten forma oval, está cuberta por unha casca dura e unida á árbore pola parte posterior por unha especie de carapucho.
Hai dous tipos de landras nas aciñeiras: a landra agre (Quercus ilex subsp. ilex) e a landra doce (Quercus ilex subsp. ballota); ambas recóllense para penso dos cochos. Na Estremadura e en Andalucía os cochos pastan pola devesas aproveitando as landras caídas, mentres as cabras frecuentemente aganchan polas árbores buscándoas. Os vacceos e outros pobos do centro da Iberia prerromana obtiñan fariña panificábel delas. Os humanos só poden tomar cru certas variedades de landra doce da aciñeira mentres o resto das variedades poden tomarse torrado á brasa, o que elimina o exceso de taninos. Tamén se elabora un saboroso licor.