See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Árbore - Wikipedia

Árbore

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Traballo en progreso: Este artigo de Botánica é, polo de agora, só un bosquexo e cumpriría amplialo até convertilo nun verdadeiramente enciclopédico. Traballa nel, ou noutros artigos de Botánica, e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.


Árbores: Oliveiras en Calabria (Italia). 7 de outubro de 2004.
Árbores: Oliveiras en Calabria (Italia). 7 de outubro de 2004.
Árbores:Salgueiro.
Árbores:Salgueiro.
Árbores: Sequoias. 2004.
Árbores: Sequoias. 2004.
Árbores: Plataneiro. Fotografado en Mandaio (Oza, Betanzos).2005
Árbores: Plataneiro. Fotografado en Mandaio (Oza, Betanzos).2005

Unha árbore é un tipo de vexetal perenne, de tronco leñoso, que se ramifica a certa altura do chan. Son árbores, por exemplo, a cerdeira, a maceira, a abelaira, o piñeiro, etc.

Certas especies de árbores poden superar os 100 metros de altura, e chegar a vivir durante miles de anos. As grandes árbores, coma as sequoias xigantes de California, poden pesar máis de 6.000 toneladas, o que as converte no ente vivo máis pesado que existiu sobre o planeta [Cómpre referencia].

As árbores son compoñentes importantes do medio natural así como útiles para os seres humanos como fornecedores de material de construción, transporte e mobiliario; alimento e recursos medicinais; leña para calefacción, etc. Tamén xogan un importante papel na cultura, considérense as árbores de Nadal, a árbore da sabedoría, a árbore xaponesa do amor (o xinkgo), etc.

Índice

[editar] Clasificación

Os tres grupos principais de árbores son:

  1. As frondosas.
  2. As coníferas.
  3. As palmeiras.

[editar] Morfoloxía

Raíces
Raíces

[editar] Simboloxía na iconografía relixiosa

É o eixo entre os mundos inferior, terrestre e celeste. Coincide coa cruz da Redención. Na iconografía cristiá, a cruz está representada moitas veces como árbore da vida.

Esta árbore da vida xorde por primera vez na arte dos pobos orientais; é o hom a árbore central colocada entre dous animais ou dous seres fabulosos; é un tema mesopotámico que pasou a Extremo Oriente e Occidente por medio dos persas, árabes e bizantinos. Para as teogonías orientais o hom ten un sentido cósmico, está situado no centro do Universo e móvese coa idea do Deus creador. No paraíso, a árbore da vida estaba oculta.

Na arte románica encóntrase ás veces con algunhas variacións. O hom, ó pasar á simboloxía cristiá, representa a Xesucristo.

No claustro da igrexa de Santa María la Real de Nieva na provincia de Segovia (España), nalgúns capiteis pódese observar a representación do hom oriental como símbolo da árbore da vida:

  • Árbore co león e o boi alados (que representan a Marcos e Lucas) que están defendendo o hom.
  • Un piñeiro, e ós seus lados uns cans con rostro humano cubertos por carapucha. Son os cans dominicanos como defensores do hom.
  • Notro capitel, os animais son dous bufos, símbolo da sabedoría e a noite, tamén defendendo o hom.

Pero non só no cristianismo achamos o culto ás árbores. Así, por exemplo:

  • Os druídas veneraban os carballos.
  • A deusa grega Dafne por escapar do amor de Apolo, converteuse en loureiro (hoxe símbolo da vitoria igual que na antiga Grecia).
  • Os hindús veneran a figueira de Bengala.
  • Odín logrou a sabedoría bebendo da auga que había entre as raíces dunha árbore.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Marisa Castro, Luís Freire e Antonio Prunell (1990 (2ª edición)), Guía das árbores de Galicia, Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-406-5.
  • Marisa Castro, Antonio Prunell e Jaime B. Blanco-Dios (2007), Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia, Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-645-7.
  • Henrique Niño Ricoi, Calros Silvar (2006 (3º edición)), Guía das árbores de Galicia, A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96526-70-4.
  • Varios autores (2006), Árbores de Galiza, Vigo: Promocións Culturais Galegas / A Nosa Terra. ISBN 84-8341-043-5.

[editar] Outros artigos

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -