Ecoloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A ecoloxía é a ciencia que estuda as interrelacións entre os seres vivos e o seu contorno, tanto con outros seres vivos, como cos aspectos físicos (clima, etc, ademais de depender dos factores sociais e económicos). O termo foi introducido polo biólogo alemán Ernest Haeckel, a partir da palabra grega "oikos", que significa "casa", e "logos", que significa "estudo"..
Tamén se estudan as intervencións do ser humano sobre o espazo e a natureza. Para os ecólogos, o medio ambiente inclúe non só os fatores abióticos como o clima e a xeoloxía, mais tamén os seres vivos que habitan unha determinada comunidade ou biotopo.
O conxunto dos seres vivos e non-vivos que habitan un determinado espazo xeográfico chámase ecosistema. O conxunto dos ecosistemas da Terra é coñecido por biosfera.
O medio ambiente afecta aos seres vivos non só polo espazo necesario para a súa supervivencia e reprodución -- levando, por veces, ao territorialismo -- senón tamén para as súas funcións vitais, incluindo o seu comportamento (estudado pola etoloxía, que tamén analiza a evolución dos comportamentos), a través do metabolismo. Por esa razón, o medio ambiente -- a súa calidade -- determina o número de individuos e de especies que poden vivir no mesmo hábitat.
Por outro lado, os seres vivos tamén alteran permanentemente o medio ambiente en que viven. O exemplo máis dramático é a construción dos arrecifes de coral por minúsculos invertebrados, os pólipos coralinos.
As relacións entre os diversos seres vivos existentes nun ecosistema inclúen a competición polo espazo, polo alimento ou por parceiros para a reprodución, a predación duns organismos por outros, a simbiose entre diferentes especies que cooperan para a súa mutua supervivencia, o comensalismo, o parasitismo e outras (ver a páxina Relacións Ecolóxicas).
Da evolución destes conceptos e da verificación das alteracións de varios ecosistemas -- principalmente a súa degradación -- polo ser humano, levou ao concepto da 'Ecoloxía Humana que estuda as relacións entre o ser humano e a Biosfera, principalmente desde o punto de vista da manutención da súa saúde, non só física, mais tamén social.
Por outro lado, apareceron tamén os conceptos de Conservación e do Conservacionismo que se impuxeron na actuación dos gobernos, quer a través das accións de regulamentación do uso do ambiente natural e das as súas especies, quer a través de varias organizacións ambientalistas que promoven a diseminación do coñecimento sobre estas interacións entre o ser humano e a Biosfera.
[editar] Conceptos ecolóxicos importantes
- comunidade
- ecosistema
- medio ambiente
- nicho ecolóxico
- poboación
- Relacións ecolóxicas
[editar] Véxase tamén
[editar] Asociacións de defensa ecolóxica
- ADEGA
- Adena / WWF
- Federación Ecoloxista Galega
- Greenpeace
- Verdegaia